Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

12 marzo, 2014

O músico Arturo Vaquero dará unha charla este xoves día 13, ás 19:00 horas, no salón de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravación do CD “Sons das Terras do Miño”

Estimados amig@s:

Onte día 10 de marzo, Sonsoles López Izquierdo e Uxío Otero presentaron os traballos realizados polos alumnos do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza co que colabora a Deputación
Os alumnos elaboraron durante o curso guías e documentos didácticos que servirán para divulgar a riqueza natural de Lugo.
O músico Arturo Vaquero dará unha charla este xoves días 13, ás 19:00 horas, no salón de Actos de San Marcos para explicar o proceso de gravación do CD “Sons das Terras do Miño”

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada do coordinador do Máster en Dirección de Actividades Educativas da Natureza da USC, Uxío Otero, presentou os traballos realizados polos alumnos deste curso. Trátase dunha guía sobre a historia da defensa do medioambiente no mundo, un CD con iniciativas didácticas baseadas nos recursos naturais da provincia e o CD “Sons das Terras do Miño”, que recolle o ambiente sonoro deste territorio Reserva da Biosfera.
López Izquierdo destacou o valor didáctico destes traballos e a implicación da Deputación na divulgación da riqueza natural da provincia entre as familias lucenses. A Deputada explicou que con estes traballos cúmprese un dobre obxectivo, “por unha banda os alumnos do máster realizan prácticas de gran importancia na súa formación e pola outra o material resultante serve para divulgar entre escolares e outros colectivos o patrimonio natural lucense.
O coordinador do Máster, Uxío Otero, explicou que a colaboración da Deputación é fundamental para a produción destes documentos docentes e destacou a importancia e proxección de futuro dos estudos de Dirección de Actividades Educativas na Natureza, únicos en España, centrados no medioambiente e na educación.

“Pegadas para a terra”
A guía da exposición “Pegadas para a Terra” foi realizada por unha alumna como traballo de fin de máster e recolle a información sobre esta mostra, que se pode visitar actualmente no Centro de Interpretación Terras do Miño. Nela, analízase a loita de diferentes colectivos e persoeiros en prol da defensa do medioambiente. Os alumnos abordaron nesta práctica a adaptación da información que se exhibe na exposición para o seu uso nas aulas a través da guía.

Traballos didácticos
Os traballos realizados polos alumnos do Máster nas súas tres edicións recompiláronse nun CD didáctico con información de aplicación práctica entre escolares e outros colectivos para a organización de actividades ó aire libre e centradas na natureza. O documento contén información sobre rutas de sendeirismo, o camiño primitivo ó seu paso por Lugo, os territorios reserva da biosfera e outros estudos sobre espazos de gran valor natural.
“Sons das Terras do Miño”
O CD musical “Sons das Terras do Miño” recupera os espazos sonoros da Reserva da Biosfera transformándoos en música electroacústica. Percorre as estacións do ano e a provincia lucense na busca dos sons máis representativos da natureza lucense. O seu realizador, o recoñecido músico lucense Arturo Vaquero, explicará o proceso de gravación o vindeiro xoves, día 13, ás 19:00 horas no Salón de Actos da Deputación.

Impulso ó medio natural
A Deputación de Lugo aposta polo medio natural como opción de futuro para a provincia, desenvolvendo numerosas iniciativas que potencian a actividade económica baseada nos recursos naturais propios. Entre as iniciativas impulsadas atópanse proxectos de formación para o emprendemento empresarial, a potenciación dos produtos autóctonos, e a divulgación de valores medioambientais e científicos, entre outros.

Reserva da Biosfera Terras do Miño
Deputación de Lugo

No hay comentarios: