Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 febrero, 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

A Xunta Directiva da Asociación Amigos do Patrimonio, logo de ter feitas alegacións á delimitación do Camiño Primitivo e, de termos presentado Recurso de Alzada contra a delimitación oficial do Camiño Primitivo a Santiago, aprobada polo Decreto 267/2012, de 5 de decembro.

Convoca a socias e socios á Asemblea Extraordinaria, que figura na páxina 1, xa que segundo rezan os Estatutos da nosa Asociación;

No art. 5º, punto1, letra a, un dos fins da mesma é a <<Recuperación, conservación e difusión do patrimonio do Concello de Castroverde, incluído todo o relacionado co Camiño Primitivo de Santiago>>.

Polo que;
Detectadas irregularidades no expediente de delimitación, en especial as que atinxen á omisión da traza histórica nalgúns tramos do Camiño, tanto dentro do concello de Castroverde como noutros tramos do Itinerario a Compostela. Acordamos os asistentes, á reunión da Xunta Directiva que tivo lugar o día (22-02-2013), convocar esta Asemblea Extraordinaria que nos parece de suma importancia. Polo que pregamos a vosa asistencia.
Se non podes asistir á Asemblea delega o teu voto en quen ti consideres.

Un cordial sáudo.

Manuel Muñiz.
(Presidente)

Castro Verde –Lugo, a 25 de febreiro de 2013

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE 

               Convócanse ás socias e aos socios, á Asemblea Extraordinaria que terá lugar o vindeiro día 16   de MARZO, sábado, de 2013 ás 16:30 horas, e ás 17:00 horas en primeira e segunda convocatoria respectivamente,  na Casa do Concello Vello de Castroverde,  Travesía de Montecubeiro, nº 38  CP-27120-Castroverde.                  
Coa seguinte orde do día:           

Punto único
1.-  Accións xudiciais fronte ao acordo de aprobación da delimitación do Camiño Primitivo.

1.1.-  Interpor recurso contencioso administrativo fronte ao decreto 267/2012, de 5 de decembro, do consello da Xunta, polo que se aprobou a delimitación do Camiño de Santiago do Norte, ruta do interior, tamén coñecido como Camiño Primitivo ou de Ovedo.
1.2- Facultar ao presidente/a da Asociación, D. Manuel Muñiz Besteiro, para o outorgamento de poderes a favor dos profesionais que se estimen oportunos a fin de iniciar dita acción xudicial.

2.- Rogos e preguntas. 
                                                 
                                                        Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro                             
                                                                          Presidente     
                                            
 En Lugo - Castroverde, a  25 de febreiro de 2013

_____________________________________________________________________

DELEGACIÓN DE VOTO
ASEMBLEA  EXTRAORDINARIA DA  ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTRO VERDE  (16 -03-2013)
Eu,.................................................................................con D.N.I. .....................
DELEGO OU MEU VOTO EN:

D./ Dona: ........................................................................................

                Asdo.: ............................................................
En, ..............................a...............de..........................................de 2013


17 febrero, 2013

Roteiro polas Parroquias de: A Meda / teríase que escribir Ameda, (De Ameneta), Francelos (lugares de Vilafrío, O Pacio), Serés e Bolaño


Na beira do rego Anguieiro, afluente do Chamoso
Neste fermoso, sábado día 16 deste mes que corre, saímos pasadas as dez  da mañá do Alto do Cruceiro, mellor sería falar de Cruz. Situada entre a Meda e o lugar de Córneas, no lugar chamado o Cruceiro. Cruz de base cadrada de pouca altura, coas aristas redondeadas, sobre a que se asenta a cruz. Toda ela é de granito, esbelta e sinxela con dúas inscricións: Inscrición cara norte:  ALONSO MORÁN  ANO 1766, Inscrición sur: DE CORNIAS. Mágoa dos plásticos que disvirtúan o lugar. 

Comezamos a camiñata e a poucos metros uns fomos ao pé do Monte da Pedra Chantada e Monte da Espiñeira e outros polas Louseiras para chegarmos á capela de Santa María, Marina ou Mariña no lugar de Vilafrío, onde parece que houbo un mosteiro “monasterium Sancti Salvatoris  quod vulgo Villafrigidum nuncupatur” en palabras de D. Nicandro Ares Vázquez, in Lucensia, “Toponimia do Concello de Castroverde” páx. 46. Comentar que para chegar a Vilafrío temos que cruzar o río ou rego de Racamonde que é un dos afluentes do río Chamoso. En Vilafrío, salientar a pequena capela restaurada recentemente, lástima que a restauración non fose máis acorde co lugar. Moi preto da capela tamén é de salientar unha fermosa fonte, abandonada, que teriamos que recuperar algún día.


Desde Vilafrío ao Lugar do Pacio onde se conserva un pequeno souto que contrasta coa pradaría da súa contorna. Estes dous lugares salientan pola concentración das súas terras e a súa produción láctea. Do Pacio a Serés polo lugar do Marco da Portela, fondo da Serra de Monciro que, segundo o noso socio Fernando Castedo xa se cita no Catastro de Ensenada, marco que separa as parroquias de Serés e Francelos. Antes de chegar a Serés voltamos a pasar outro pequeno río ou rego do Anguieiro, outro dos afluentes do Chamoso. De Serés a Bolaño por entre Agra da Chousa e o Agro das Sete Fontes para chegar á Cova da Valiña ou Xibil, que algúns voltamos a visitar. 

Desde a cova baixamos á aldea de Bolaño para visitarmos, unha vez máis, o quiosco da música e As Lagas de enlagarar o liño que, por certo, alguén continúa a tirar o lixo nese fermoso e especial lugar, denunciamos desde aquí que se tomen medidas contra quen tira o lixo nese lugar que, por certo, xa hai uns anos limpamos membros da asociación xunto con veciños do lugar. Comentar que en Bolaño é onde está  o comenzo do río Chamoso. De Bolaño a Castro Verde e, aquí rematou a camiñata de hoxe. Onde reivindicamos que hai que ter máis precaución, mirar onde se deposita o lixo, os restos de plásticos e, ou  outros refugallos, xunto coas boas prácticas á hora de facer restauracións.


Os camiñantes diante do novo Albergue de Peregrinos de Castroverde
Pola tarde, logo de xantar, visita ao Albergue de Castro Verde onde puidemos comprobar o acolledor que é, ao mesmo tempo comprobar que chegan peregrinos, aínda que nesta época do ano non sexan moitos os que optan  por esta Rota ou Camiño. Reivindicamos desde aquí que se ten que recuperar a traza histórica do Camiño Primitivo.  É un despropósito que tiveramos que reinvindicar un camiño que vén dereito ao albergue, mesmo marcado por laxes que indican por onde tería que ser o acceso ao mesmo e, a día de hoxe estea en total abandono. (Ver foto). Aproveitamos desde aquí para pedir que se leve un libro onde se rexistren as visitas e incluso se fagan fotos de posibles visitantes, á parte dos peregrinos que pasen.


Agradecer desde aquí ao Xacobeo e Monse, "a alberguista", que nos facilitaron podermos ver o albergue.

Agradecemos tamén que nos acompañara no roteiro de hoxe, Álvaro Santos e súa dona Inés, comentar que, Álvaro preside a Asoc. Terras de Lugo, e é deputado provincial. Dicir que xa nos ten acompañado outras veces e agardando que non sexa a última. Grazas tamén polas regueifadas que nos cantou.

Saúde, Terra e Lingua.

Manolo


NOTA:

Irmandamento – Viaxe a Castro Verde do Alentejo Portugal. O vindeiro mes non teremos roteiro, xa que hai o encontro de Irmandamento para a fin de semana do día 23 de marzo. Daquela os que se queiran anotar teñen que comunícalo antes  de que remate febreiro. Irán ao  Irmandamento as primeiras persoas que se anonten por orde de inscrición.

 ver album:  

11 febrero, 2013

ENTROIDO / ENTRUDANÇAS 2013


Pablo Castedo da Asociación tocando a gaita, mentras ferve a queimada


Esta fin de semana, en realidade venres pola tarde e o sábado, unha pequena representación da asociación fomos ás Entrudanças de Entradas – Castro Verde. Todo un programa cultural que, non só se queda no que é o entroido, senón toda unha exhibición cultural desde os máis cativos, pasando por programas para mozos e mozas, coros de medianas idades ata de maiores.
Podedes comprobalo nos enlaces que van ao final.
A inauguración das Entrudanças consistiron nunha proxección  de imaxes “10 anos de Entrudanças en Entradas”, seguidamente uns cantos das Ceifeiras de Entradas, todo no Museo da Ruralidade. Lugar este dunha verdadeira recolla de todo o relacionado co mundo rural de Castro Verde e do Alentejo, mais non só do mundo do campo, senón da mina, e recollida da oralidade tradicional.

Logo diversas oficinas de bailes (talleres de bailes), a onde acoden persoas de diversos lugares de Portugal ( Lisboa, Porto, Tras Os Montes…), de España etc.
Arredor das 12:00 h.do venres, o noso socio e membro da xunta directiva, Pablo Castedo e mais eu fixemos unha queimada e, Pablo interpretou varias pezas musicais e leu o conxuro ou esconxuro da queimada. Acto que para varios dos asistentes, debía de ser novidoso e do que parece que gustaron.
Os bailes continuaron ata altas horas da mañá.
Ao día seguinte, sábado pola mañá, os máis cativos fixeron os traxes para disfrazarse pola tarde, mentras varios dos que participaban na festa, fomos visitar “A Herdade da Malhadinha”, unha Adega cun viñedo dunhas 27 hectáreas que exporta viño a varios lugares do mundo, á parte ten unnha pousada, comedor na propia adega, cabalos para pasear etc. A finca foi recuperada de diveras herdades abandonadas en parte.
Mentras continuaron as oficinas de bailes diversos tanto pola mañá como pola tarde. Despois do medio día, encontro na Praça de Zeca Afonso de cativos desde dous ou tres anos ata oito ou dez disfrazados de diversos paxaros abarrotaron toda a praza xunto coas familias.
Arredor das seis da tarde, Cante Alentejano con os Ganhoes no Museu da Ruralidade onde fixeron que participara o público. Logo de cear, perto das 10:00 h., Concerto do Coro Polifónico de Castro Verde na igrexa de Entradas, onde participaban algunhas das persoas que xa nos son coñecidas; Natercia, Antonio Sergio ( como director), entre outros e, que nos ofreceron algunhas das cancións, como puido ser a Rianxeira.
As Entrudanças continuaban, mais nós xa non participamos nelas o domingo.
Comentar que foi un programa cultural, como dicía arriba,” muito interesante” e digno de envexa sa.
Comentarvos que teñen unhas seiscentas persoas en divesos grupos musicais, corais…, habendo a crise que hai e os problemas que teñen coma nós ou máis, apenas teñen paro.

Saúde e sorte a estes irmaos portugueses.         
Manolo Muñiz

Referencias dos grupos que puidemos escoitar:
As ceifeiras de Entradas:
Os Ganhões de Castro Verde:
Coro Polifónico de Castro Verde:

 PARA ACCEDER AO ALBUM FOTOGRÄFICO:

05 febrero, 2013

ROTEIRO sábado 16 de febreiro de 2013



Plano do roteiro. Picar na imaxe para agrandar


A Cruz de Córneas
Cruz de Córneas - Vilafrío - Serés - Rebordaos e ou Bolaño - Castroverde.
Ás 9.30 h. En Castro Verde.
Ás 10:00 h.
Ás 14:00 h. Xantar nun restaurante da zona
Avisar antes do día 9 de febreiro por motivos de organización.
Percorrido aproximado de 10  quilómetros, dificultade baixa.
Pola tarde.
Visita ao albergue de peregrinos de Castro Verde.
Saúdos.
Manolo

O ENTROIDO 2013 NA REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Chegan os días de Entroido deste ano 2013, un período festivo cun calendario variable segundo a localidade, pero onde todo se revolve contra a orde establecida. Volven as máscaras e as representacións, os desfiles das comparsas, a troula e as risas. Son días de subversión e festa. ...........

Seguir lendo