Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 noviembre, 2013

Seminarios sobre o sector forestal





Adjunto remitimos datos de varios Seminarios que se van a impartir en los próximos días.
Espero que sean de vuestro interés
La asistencia, es gratuita y abierta, si podéis enviar un correo confirmando la asistencia mejor (Nombre, apellidos y teléfono de contacto.
SEMINARIO 1
PRODUCIÓNS NON MADEIREIRAS DO MONTE
Aproveitamento sostible dos recursos naturais non madeireiros dos bosques.
Docente: Antonio Rigueiro Rodríguez.
Dr. Enxeñeiro de Montes.
Catedrático de Produción Vexetal da USC.
Director da Estación Científica de O Courel.
LUGAR DE CELEBRACIÓN DO SEMINARIO:
Casa Habanera. Concello de Guitiriz.
Venres 29 de Novembro de 2013 ás 18:30 h.
SEMINARIO  2.
CERTIFICACIÓN   FORESTAL
Presente e futuro da certificación forestal en Galicia.
Docente: Alberto Rojo Alboreca
Departamento de Enxeñaría Agroforestal
Coordinador da Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS)
Escola Politécnica Superior
Universidade de Santiago de Compostela.
LUGAR DE CELEBRACIÓN DO SEMINARIO:
Auditorio Municipal Alcántara. Mondoñedo.
Martes 3 de Decembro de 2013 ás 18:30 h.
SEMINARIO 3
O CASTIÑEIRO
Os soutos de castiñeiros: implantación, produtos, tratamentos culturais, doenzas.
Docente: Antonio Rigueiro Rodríguez.
Dr. Enxeñeiro de Montes.
Catedrático de Produción Vexetal da USC.
Director da Estación Científica de O Courel.
LUGAR DE CELEBRACIÓN DO SEMINARIO:
Concello de A Fonsagrada. Salón de actos.
Mércores 4 de decembro ás 18:30 h.
SEMINARIO 4
O CASTIÑEIRO
Os soutos de castiñeiros: implantación, produtos, tratamentos culturais, doenzas.
Docente: Antonio Rigueiro Rodríguez.
Dr. Enxeñeiro de Montes.
Catedrático de Produción Vexetal da USC.
Director da Estación Científica de O Courel.
LUGAR DE CELEBRACIÓN DO SEMINARIO:
Casa da Cultura. Concello de Becerreá.
Mércores 11 de decembro ás 18:30 h.
Os envío un díptico con la información de cada uno de ellos, a la espera de vuestra asistencia, un saludo.
Os envío unos carteles informativos por si queréis difundir.
MÁS INFORMACIÓN:
Tfno: 659 517 545
piforestal@deputacionlugo.org
Un saludo.

1 de decembro, domingo: MANIFESTACIÓNS DE NUNCA MÁIS EN TODA GALIZA CONTRA O ESQUECEMENTO E A IMPUNIDADE


POLAFÍA en Fingoi (Lugo)


-A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical
-O elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores, etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber


****

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega leva a Lugo a súa vixésimo sexta edición das Polafías, un proxecto da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, nesta ocasión co patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo e co títuloHistorias, rimas, cantos, contos… Será no Centro de convivencia de Fingoi, na Ronda de Fingoi, 72, con entrada pola rúa Aviación Española. A AELG conta coa colaboración inestimábel de:
Paco Martín (escritor), Toño Núñez (escritor e profesor), Dictino Rodríguez Lázare (exfutbolista), Isidoro Rodríguez (dinamizador da cultura popular), Marcelino Castro Pena (narrador), Ana Mª Gómez Pérez (narradora), Isidro Novo (recitador).
A música poñerana a Agrupación Xeada, Pepa Yáñez e Branca Villares, Grupo de Pandeiretas da Asociación Cultural Son de Cores (Becerreá) e Os Minhotos.
Celebraremos o 50 aniversario da publicación de Contos Populares da Provincia de Lugo, coa narración de varios contos a cargo de asistentes ao Obradoiro de narración oral que a Escola de Escritores-as da AELG está desenvolvendo na capital lucense.
Anexamos o cartel da actividade
---A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber. O que sucede nas polafías é gravado e logo difundido a través da web da Sección de Literatura de Tradición Oral na web da AELG: http://www.aelg.org/Polafias/MainPage.do
Unha grande aperta:
                        Antonio Reigosa
                         http://www.galiciaencantada.com
                         http://reigosa.blogaliza.org

II Festival deHumor




ADEGA convídate ao II Festival de humor “RIR, POR NON CHORAR” , o vindeiro venres, día 29, ás 20:30 horas do no Salón de actos da Deputación de Lugo.

Esta segunda edición enmárcase dentro do proxecto Cultura e Territorio de ADEGA, en colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, que, á súa vez, está dentro da Campaña "Ponte no medio. Móvete polo Territorio", a prol dunha ordenación territorial sustentable. A través deste festival queremos facer reflexionar o público asistente sobre a importancia da conservación do medio natural e do noso patrimonio histórico cultural, ligados fortemente á nosa identidade, ao noso patrimonio inmaterial e como non, ao noso humor.

Os artistas

Cándido Pazó e Quico Cadaval encargaranse de facernos "rir, por non chorar" a través da súa análise irónica de como se está a xestionar o territorio galego, nomeadamente, o medio natural. Ambos os dous son artistas, cunha longa traxectoria profesional, que están especializados en mirar a realidade galega cunha ollada crítica e ao mesmo tempo próxima e retranqueira.

Recolle previamente a túa entrada

Todas aquelas persoas que queiran formar parte do público do II Festival de Humor “Rir, por non chorar”, deberán recoller previamente os convites na Área de Cultura da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos) en horario de 9 a 15 horas; ou no local de ADEGA-Lugo, sito en Ronda Fontiñas, 180 Entrechán, en horario de 10 a 14 horas, e de 17 a 20 horas.  

As prazas son limitadas, polo que só se poderán recoller 2 convites por persoa.  

ORGANIZA: ADEGA, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.  
APOIA: Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. 

Descargas

Privatización

Quieren privatizar la planta numero 8 del CHUAC, la planta de cardiología de la Coruña, una de las mejores y más preparadas de toda Galicia. El dia 28 de Noviembre la enfermeras de dicha planta van a hacer huelga. Dicha privatización quieren que quede oculta.
Por favor, difundid este mensaje.
Gracias.

Acordos da Assembléia De Nunca Máis Lugo do dia 25 novembro, na Cova da Terra

Acordou-se ir á rolda de imprensa a celebrar no mércores dia 27, ás 11,30 na Galeria Sargadelos.
 Participaram na Rolda de imprensa: Antom castro e Adela Figueroa, acompanhados de representantes do resto da Plataforma.
Anunciar a manifestação do dia 1 de dezembro e repartir tarefas.
A megafonia in situ ( na praça de Armanya) a põe a CIGA.
Neto encarregara-se da pancarta, depois de saber se hai alguma a nível Nacional.
O coche diante da manifa  com alto-falantes o põe o Bloque ( Suso)
Perguntar á Plataforma Nacional, lemas e pancarta da manifa.
Quedamos na CIGA o mércores ás 8,30 para recolher os cartazes e fazer uma pegada.
Contara-se de acompanhamento com os gaiteiros.
Estaram também os Fuxan os Ventos.
Roman contatará com AXUNICA.
Vicente Quiroga com a Associação O Carballo, e com Comisions Obreiras, e também com os do 15 –M
Roman propõe contatar com os siareiros do Lugo e do Depor para fazer que durante o partido haja alguma manifestação de Nunca Mais.

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE TRES BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE “EDUCADOR/A MUSEOS”, “ARQUIVOS/BIBLIOTECA” E “INVESTIGACIÓN CERAMOLOXÍCA” PARA A REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTORICO 2013-2014.

Enlace web:

Convocatoria manifestación

Desde a Plataforma Nunca Máis decidiuse convocar unha manifestación expansiva para o dia 1 de decembro,ás 12 da mañá, nas principais cidades da Galiza:
Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Coruña, Santiago, Ferrol, e a Mariña Luguesa.
Convocamos ao pobo de Lugo para que asista á manifestación que terá lugar na nosa cidade. O itinerário está ainda por fixar, mas percorrerá o centro de Lugo.
http://www.youtube.com/watch?v=mCYLkL1wlPs

Presentación do libro "ALICORNIO. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega" de Rafael Quintía


A Asociación Galega de Custodia do Territorio e Charcas con Vida convocan unha xornada de voluntariado ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na Casa das Insuas

Reserva da Biosfera Terras do Miño
-----------------------------------------------
A Asociación Galega de Custodia do Territorio e Charcas con Vida convocan unha xornada de voluntariado ambiental para creación de charcas que se celebrará o día 30 de novembro na Casa das Insuas.
Durante esta xornada recuperaremos unha antiga canle de rega situada na cabeceira do Prado da Ponte, finca custodiada pola AGCT na que a entidade desenvolve diversas actividades de educación ambiental e conservación da natureza. Crearemos tamén unha nova charca para ofrecerlle á flora e á fauna da zona un novo hábitat, moi escaso e ameazado na zona.
As canles de rega e as charcas de prado foron unhas estruturas de grande utilidade durante o pasado, xa que se usaban para regar as fincas e para acumular auga para usar durante a época estival. Os animais tamén as usaban para desenvolver o seu ciclo vital, alimentarse, reproducirse, etc. É por iso que este proxecto vai ter unha grande influencia sobre a conservación da biodiversidade da zona.
Con este proxecto, tamén pretendemos implicar ao voluntariado nunha actividade de especial interese para a conservación dos invertebrados, anfibios… que viven nos sistemas acuáticos e recuperar os antigos usos tradicionais que se lle daba a auga na agricultura.
O voluntariado contará con seguro de accidentes, comida e ferramentas apropiada. Será necesario levar roupa de traballo e botas de auga.
Para inscribirte, envía un correo a custodiadoterritorio@gmail.com ou no 630-94.82.93 (Martiño).
Esta actuación enmárcase no proxecto Charcas con Vida, coordinado por ADEGA que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura Alimentación e Medio Ambiente. As actividades da Casa das Insuas son organizadas pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, realízanse coa colaboración co Concello de Rábade.
Unha aperta,

A Xunta Directiva da AGCT
Asociación Galega de Custodia do Territorio
custodiadoterritorio@gmail.com
www.custodiadoterritorio.org
www.casadasinsuas.org

26 noviembre, 2013

Acordos da Assembléia De Nunca Máis Lugo do dia 25 novembro, na Cova da Terra

Acordou-se ir á rolda de imprensa a celebrar no mércores dia 27, ás 11,30 na Galeria Sargadelos.
 Participaram na Rolda de imprensa: Antom castro e Adela Figueroa, acompanhados de representantes do resto da Plataforma.
Anunciar a manifestação do dia 1 de dezembro e repartir tarefas.
A megafonia in situ ( na praça de Armanya) a põe a CIGA.
Neto encarregara-se da pancarta, depois de saber se hai alguma a nível Nacional.
O coche diante da manifa  com alto-falantes o põe o Bloque ( Suso)
Perguntar á Plataforma Nacional, lemas e pancarta da manifa.
Quedamos na CIGA o mércores ás 8,30 para recolher os cartazes e fazer uma pegada.
Contara-se de acompanhamento com os gaiteiros.
Estaram também os Fuxan os Ventos.
Roman contatará com AXUNICA.
Vicente Quiroga com a Associação O Carballo, e com Comisions Obreiras, e também com os do 15 –M
Roman propõe contatar com os siareiros do Lugo e do Depor para fazer que durante o partido haja alguma manifestação de Nunca Mais.

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE TRES BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE “EDUCADOR/A MUSEOS”, “ARQUIVOS/BIBLIOTECA” E “INVESTIGACIÓN CERAMOLOXÍCA” PARA A REDE MUSEISTICA PROVINCIAL DE LUGO. ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO 2013-2014

A Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación
Provincial de Lugo, é o órgano da Administración Provincial que ten atribuídas as competencias en materia
cultural,turística, de patrimonio histórico-artístico, de normalización lingüística e do ensino.

Para impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos Bens Culturais e para contribuír á
promoción e á difusión do noso rico patrimonio cultural, a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura- convoca tres bolsas formativas –unha de “Educador/a de Museos”, outra de
“Arquivo/Biblioteca” e unha terceira de “Investigación Ceramolóxica”- da Rede Museística Provincial de Lugo, que posibiliten –na medida das posibilidades orzamentarias- o cumprimento das funcións estratéxicas para as que foron concibidas.

MÁIS INFORMACIÓN:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/7_9130_1.pdf#PAGE=2

19 noviembre, 2013

“CURIOSIDADES MICOLÓXICAS”

Informámoslles que o vindeiro xoves, 21 de novembro, ás 19:00 horas, terá lugar unha nova conferencia dentro da programación de actividades que se están a desenvolver no Centro de Interpretación Terras do Miño, no Paseo do Rato s/n.

Esta levará por título “CURIOSIDADES MICOLÓXICAS”, e será impartida por Don Julián Alonso Díaz, Licenciado en Veterinaria ,Doutor en Ciencias Biolóxicas e Presidente da “Sociedade Micolóxica Lucus” desde o ano 2001.

Nesta conferencia revísanse algúns dos aspectos máis abraiantes e fascinantes da ecoloxía e bioloxía dos fungos macromicetos (fungos que producen estruturas visibles que popularmente chamamos cogomelos). Cómo viven, de qué se alimentan, as incribles capacidades de desenvolvemento e tamaño que pode adquirir o seu corpo vexetativo (micelio), cómo se reproducen, as estratexias que utilizan para sobrevivir,  as sorprendentes asociacións que realizan con outros seres vivos como plantas e insectos e a extraordinaria importancia ecolóxica que teñen nos ecosistemas converténdoos en seres imprescindibles para a existencia da vida tal e como la coñecemos.

Sen outro particular, e á espera de que esta información sexa da súa interese, reciba un cordial saúdo.

 Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables

Deputación de Lugo

Ciclo de Conferencias Luis Asorey: “Especies e hábitats de interese para a conservación na reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”


O Ciclo Luis Asorey está dedicado á memoria deste doutor, prestixioso médico que desenvolveu a súa actividade profesional durante moitos anos na cidade de Lugo e que foi académico, secretario e vicepresidente da Real Academia Galega de Ciencias. Entre os vindeiros días 18 e 27 de novembro haberá sete conferencias a cargo doutros tantos expertos, todas elas ás 19:30 horas, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos

http://blog.deputacionlugo.org/ai1ec_event/ciclo-de-conferencias-luis-asorey-as-producions-non-madereiras-do-bosque-na-reserva-da-biosfera-dos-ancares-lucenses-e-montes-de-cervantes-navia-e-becerrea-2/?instance_id=290

Comentario dun socio ao último roteiro



Quen puidera estar con todos vós!. 
Vagar por eses camiños,carreiros e corredoiras. 
Chans cheos de seixos, cogumelos, castañas e alimachas subindo po lo mofo das penas.
Soutos de castiñeiros e carballeiras, en todo o seu esplendor , coas galas de outono. 
Fornos,fontes....vacas, totem sagrado, nalgún tempo.
E nas portas do Nadal, o Acivro, fermoso e xeneroso,  cos seus rebentos á espera de manter ,galos e pitas de monte.
Lume na lareira, magosto, familia....fume...crepitar de estelas.....vento...follas...estrume...berrar dos cochos...morte e vida.
Boa noite e saúdos.
Javier.

11 noviembre, 2013

Premios da Cultura Galega 2013

Na modalidade Premio Cultura Galega de Patrimonio Cultural
O galardón recaeu no Museo de Viladonga, parabéns ao noso  socio e Director do Museo D. Felipe Arias Vilas e demais traballadores/as  polo galardón.
O xacemento arqueolóxico, que destaca na paisaxe da Terra Chá lucense, é un verdadeiro modelo formal de castro característico do Noroeste. O Museo do Castro de Viladonga, ademais dos labores de conservación e exhibición, realiza un importante labor de difusión, con permanente actividade didáctica a través de visitas organizadas, actividades de dinamización e publicacións.

XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN


RESUMO ROTEIRO FONTES DE MASOUCOS E A SÚA CONTORNA, ASEMBLEA E MAGOSTO


Onte, sábado, día 9 de novembro comenzamos o roteiro desde o lado do Cádavo, camiñando en dirección ao Val do río Neira podendo contemplar, aínda que mal, por mor da néboa, as parroquias e lugares de: Esperela, Puñago, Corveira, Vilar, etc. Logo, fomos ascendendo ata o cumio da Vacariza por Pena Petada a unha altitude duns novecentos metros. Seguidamente puidemos contemplar xa lugares de Castro Verde; San Cosme de Barreiros, Vilacote, Masoucos, e se estivera un día claro poderiamos ver a cidade de Lugo. 

Fomos descendendo polo limite entre os concellos do Cádvo  e Castro Verde ata achegarmos á igrexa de Masoucos, antes pasamos ao pé das Fontes de Lamas, “Pollos”, pensamos que tería que ser Poios, pedra onde se pon algo, pode ser o pé para pasar un rego, ou pedra para pousar algunha cousa; sela, caldeiro…; por fermosos camiños de castiñeiros e carballos puidemos ver a abundancia de castañas que ten este lugar. 

Achegámonos, como diciamos, á igrexa de Masoucos, onde estivermos xa noutras ocasións, situada ao pé do castro, pensamos que é unha fermosa peza arquitectónica do noso rural, alguén comentou se sabíamos a procedencia da palabra Masoucos, eu comentei algo, mais aí vai a explicación que dá o investigador, D. Nicandro Ares na Revista Lvcensia, nº 18 di: “ Masoucos rima co pontevedrés Badoucos, co ourensán Roucos, co coruñés Moucos.. e cos lucenses Fixoucos e Penoucos poderíase comparar con mazuco, “pequenos batáns” con base en maza, matia, macia, masia.  Por outra parte Masoucos puido ser tamén massa,  “mansión, herdade dun mosteiro” co diminutivo – ucus.

Trascastro, xa que imos aludir despois a ela, é unha aldea ubicada trans castrum “detrás do castro”
Logo de facer unha foto, algúns subimos ao castro, baixando para o lugar do Barrial puidemos ver a fonte de Ribadaira e un forno en reconstrucción, parabéns aos veciños pola recuperación destes elementos patrimoniais, desde aquí como diciamos, camiño do Barrial puidemos ver a súa fonte e ao fondo de todo camiñando por un fermoso carreiro puidemos ver o fermoso enclave do muíño de Dourado, de volta pasamos por outro fermoso souto, subimos bordeando o castro para chegar a Trascastro, onde temos outra fermosa fonte, mais que se encontra nestes momentos con terra, agardamos que se poida recuperar. Desde Trascastro baixamos ao lugar do Albardeiro onde nos veu recoller o autobús.
Pola tarde tivemos a asamblea e magosto.

Ao non haber outra candidatura e para non disolver a asociación tivemos que continuar asumindo a Xunta Directiva as mesmas persoas coa incorporación dos vogais: Mª Ermitas Fernández e César Gómez.
Ao remate da Asemblea, algúns, participaron no magosto organizado polo concello.

Saúde, Terra e Lingua. 
Manolo

ENDEREZO AO ÁLBUM: 
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/RESUMOROTEIROFONTESDEMASOUCOSEASUACONTORNAASEMBLEAEMAGOSTO?authuser=0&feat=directlink