Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

12 septiembre, 2013

Unha exposición amosará na Capela de Santa María réplicas de cerámica castrexa galega

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, e o coordinador da exposición, Mario Touceda, presentaron esta mostra itinerante que se poderá visitar ata o 29 deste mes

A exposición está baseada nunha escrupulosa investigación da Fundación Terra Termarum Castrolandín para reconstruir as pezas máis representativas dos castros de toda Galicia
A iniciativa inclúe outras actividades como charlas explicativas e un obradoiro de reconstrución de cerámica castrexa
FOTO Unha exposición amosará na Capela de Santa María réplicas de cerámica castrexa galega
A Capela de Santa María acollerá dende o próximo día 5 e ata o 29 de setembro, unha exposición sobre a cerámica castrexa en Galicia. Trátase dun importante traballo de investigación e recuperación realizado pola Fundación Terra Termarum Castrolandín e que achega a Lugo a Deputación.
A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou esta exposición que segundo explicou, amosa un total de 61 réplicas de pezas de 24 xacementos castrexos, 4 deles da provincia de Lugo. Ademais os visitantes poderán ver as reconstruccións nunca antes expostas do Castro de Viladonga. Regina Polín, destacou que se trata dunha importante oportunidade para coñecer a cerámica castrexa de toda Galicia, “as réplicas que fixeron os investigadores ofrecen unha perspectiva única para comprender a cerámica castrexa en Galicia ó tempo que e facilita considerablemente a comprensión”.
A Deputada explicou que a mostra inaugúrase mañá, ás 8 da tarde e compleméntase con outras actividades como charlas explicativas e un obradoiro de reconstrución de cerámica castrexa. As conferencias servirán de punto de comezo e remate da exposición. Así, a primeira delas será mañá tras a inauguración e versará sobre o traballo da Fundación Terra Termarum Castrolandín. A de peche, será o día 27, tamén ás 8 da tarde e ofrecerá unha perspectiva ampla sobre traballos arqueolóxicos nos castros da provincia de Lugo.
O sábado 14, os especialistas da Fundación Castrolandín explicarán as técnicas que empregaron nas súas investigacións para reconstruír as pezas expostas. Son en total 30 prazas repartidas en dúas quendas de mañá e tarde. Para participar no obradoiro, de 3 horas de duración e que se celebrará nas instalacións do CENTRAD, as persoas interesadas deben inscribirse chamando ó teléfono 982 210 066.
Segundo explicou o coordinador, Mario Touceda, a mostra é o resultado dunha escrupulosa investigación para elaborar unha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabados, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado nos castros galegos de referencia. Entre os castros nos que se basea o estudo, atópanse 4 situados na provincia de Lugo. Son concretamente os de Barán, Viladonga, Zoñán e Illade de Suances. Todos eles aportaron información para facer as réplicas de pezas de grande importancia.
A mostra percorre toda a a Idade de Ferro, estruturándose por etapas que van dende o século VIII a.C. ata o I d.C. Na Capela de Santa María pódense ver tamén os paneis informativos e fichas de cada peza na que se inclúen datos sobre o proceso de investigación e execución das pezas, a ferramenta empregada e o uso que se lle atribúe á peza.
Proceso de elaboración das réplicas cerámicas
Os investigadores encargados da exposición desenvolveron para cada peza un complexo e minucioso proceso de elaboración. A partir dos fragmentos cerámicos atopados nos castros, realizáronse os debuxos arqueolóxicos das pezas para a continuación comprobar as pegadas decorativas e empregando diferentes técnicas elaborar as pezas.
Cada cerámica vai acompañada dunha ficha coa información técnica da peza orixinal, co lugar de procedencia e depósito actual, descrición formal e decorativa, posible uso e bibliografía, así como fotografías da peza e do proceso de reprodución e o debuxo e reconstrución arqueolóxica.
Cando pode visitarse
A mostra “A Cerámica castrexa en Galicia” permanecerá aberta en horario de luns a venres de 10.30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. As fines de semana o horario é de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Poderase visitar ata o 29 de setembro.
     

Sonidos

- See more at: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fnot_d4_v1.jsp&contenido=22007&tipo=8&nivel=1400&layout=p_20_contenedor1.jsp&codResi=1&language=gl&level=1#sthash.gAUdpsws.fxkV8tPY.dpuf

No hay comentarios: