Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

19 agosto, 2013

RESUME DA VISITA AO MIHL –EXPOSICIÓN DE PACO PESTANA- PASEO POLA BEIRA DO MIÑO E VIII FEIRA ARTESÁ


Nesta fin de semana tivemos e disfrutamos de dous actos.

Sábado
O primeiro tivo lugar o sábado a partir das 18:00 h. onde nos agardaba Paco Pestana que nos serviu de guía do Museo. Explicounos en primeiro lugar  como xurdiu este Museo Interactivo da Historia de Lugo, seguidamente fomos ver un vídeo sobre a fundación e evolución da cidade de Lugo, que a continuación se explica máis detalladamente no piso superior. Visita á exposción  Simon Norfolk. Genocidio, Paisaje, Memoria. Onde se nos amosa a barbarie que o mundo occidental realizou en diversos lugares do planeta.
Para finalizar a visita Paco explicou a súa exposición e recitou poesías. «Estado de sitio, estado de excepción», e aludindo ao perigoso do ser humano como especie, «unha praga para o mundo», só redimida «polos seres exquisitos» que fixeron as grandes achegas artísticas. A súa obra foi apropiada para esa «toupeira, mazmorra mística, torre de marfil» que é o MIHL. Hai un púlpito cunha bandeira pirata, animais disecados da veteranísima colección do instituto Lucus Augusti e un manequín con forma de muller, ademais do artista, claro.
Logo da visita, paseo polo paseo do Miño desde a volta da Viña, visitando a nova pasarela sobre o Miño para rematar coa visita á renovada Ponte Romana.

Domingo 
Participación na VIII Feira Artesá. Estivemos nos pendellos da feira con libros do noso Catroverde e dos Castroverdes da  P. Ibérica, entre outros libros da provincia e de Galicia.
Asistimos ao pregón do Mago Antón onde nos lembrou a súa procedencia de A Meda, lembranza para a súa familia e con referencias á historia de Castroverde e á necesidade de defender o noso rico patrimonio, todo isto en diálogo con Facundo.
Á parte doutros variados actos; desfile de moda, actuación de Zuncurrundullo. Pola tarde continuaron outros actos, carreira de cabalos, festa na piscina, actuación do Mago Antón acompañado por outros  magos, rematando con Ritmo Lugo.
Agradecer ao Mago Antón a deferencia que tivo coa asociación facendo xogos de maxia e fotografándose connosco.

Saúde, Terra e Lingua. Agosto 2013

VER FOTOGRAFÍAS:
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/VISITAAOMIHL?authuser=0&feat=directlink
https://picasaweb.google.com/amigosdopatrimoniodecastroverd/FINDESEMANA1718AGOSTO2013?authuser=0&feat=directlink

Reportaxe fotográfico da subida a TRES BISPOS nos Ancares



ACTOS MES DE SETEMBRO



DIA 7 DE SETEMBRO

Inauguración do
PROXECTO DE RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS, AMBIENTAIS, PAISAXÍSTICOS E ETNOGRÁFICOS DAS PARROQUIAS DE SAN CIBRAO DE MONTECUBEIRO, SANTA Mª MADANELA DE PENA, SAN PEDRO DE SERÉS, SANTIAGO DE A MEDA E STO. ANDRÉ DE BARREDO. CASTROVERDE (LUGO). 
Ás  9:30 h. ao lado do Pereira en Castroverde.
Ás 10:00 Inauguración en Montecubeiro, pequenas caminatas para estarmos
Ás 13:00 h. en Barredo e facer tamén alí  o acto de inauguración.

As/os que desexen participar, por motivo de organización, teñen que comunicalo antes do día 4 de setembro.

DIA 14 DE SETEMBRO.

XXXI ROMAXE. Cita en Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño.
Ás 9:00 h. En Castroverde
Ás 9:30 h. en Lugo para estarmos na zona do Carballiño arredor das 11:00 h.
Os que desexen participar, deben comunicalo antes do día 10 de setembro.