Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

30 julio, 2013

PRÓXIMAS ACTIVIDADES:


DIA 17 DE AGOSTO, sábado

Ás 17:30 h. Saída de Castro Verde. (Haberá autobús, sempre que haxa máis de 12 persoas)
18.00h. Visita ao MIHL (MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO
EXPOSICIÓNS:
-         Unha performance de Paco Pestana exponse no Museo Interactivo da Historia de Lugo o ciclo «MIHL Proxectos. Crear espazos».
 «Estado de sitio, estado de excepción», e alude ao perigoso do ser humano como especie, «unha praga para o mundo», só redimida «polos seres exquisitos» que fixeron as grandes achegas artísticas. A súa obra foi apropiada para esa «toupeira, marzmorra mística, torre de marfil» que é o MIHL. Hai un púlpito cunha bandeira pirata, animais disecados da veteranísima colección do instituto Lucus Augusti e un manequín con forma de muller, ademais do artista, claro.
Despois da exposición percorrido pola beira do Miño ata a Ponte, para vermos como quedou a Ponge Romana.
A seguir, comeremos uns pinchos nun Mesón de Lugo. Hai que anotarse antes do 15 de agosto.

DIA 18 DE AGOSTO, domingo.

VIII FEIRA ARTESÁ
A partir das 10:00 h. estaremos coa exposición nos pendellos da feira coma todos os anos.
Xantaremos todos xuntos nunha mesa da Veiga do Olmo coma cando foi da Romaxe.
Cadaquén que traia a súa comida e, o que teña unha mesa e cadeiras tamén a pode traer. Comunicalo, por motivos de organización, antes do día 15 de agosto.

DIA 7 DE SETEMBRO

Inauguración do PROXECTO DE RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS, AMBIENTAIS, PAISAXÍSTICOS E ETNOGRÁFICOS DAS PARROQUIAS DE SAN CIBRAO DE MONTECUBEIRO, SANTA Mª MADANELA DE PENA, SAN PEDRO DE SERÉS, SANTIAGO DE A MEDA E STO. ANDRÉ DE BARREDO. CASTROVERDE (LUGO). (HABERÁ MÁIS INFORMACIÓN CANDO SE APROXIME A DATA)
Máis información a finais de agosto.

DIA 14 DE SETEMBRO.



XXXI ROMAXE. Cita en Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño.

27 julio, 2013

A Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde" desexa achegar ás familias e amigos das vítimas do accidente ferroviario do mércores, as súas condolencias, así como o pronto restablecemento dos feridos


Hoxe, todos somos vítimas

Adicado ás 
vítimas, familiares e héroes composteláns


Cando isto escribimos, van xa 78 mortos e máis de 150 feridos, pero aínda hai feridos en situación moi crítica. Unhas cifras, moi, moi duras de asumir, e, non digamos, para os seus familiares e amigos.

Agora, é o tempo da dor, das bágoas, que rodan polo teclado desta humilde crónica e por toda España. É o tempo do duelo coas familias para que a desgraza non se quede pegada nos pliegues do cerebro, ou do alma, como queiramos dicilo, e amárguenos a vida máis do necesario e soportable.

Unha vez máis, unha marea de agarimo invadiu, e invade Compostela, Galicia e España. E é, unha vez máis, porque non é a primeira vez que ante unha desgraza como a que agora nos invade, este país, mellor, os españois, sexan de onde sexan, sacan e dan o mellor de si mesmos.

Inconmensurable o agarimo dos veciños do barrio de Angrois, que xa entraron na Historia, e que foron os primeiros en achegarse e deixarse a pel intentando salvar vidas; o dos bombeiros compostelanos que mandaron ao carallo a súa folga indefinida en canto tiveron a malfadada nova; dos sanitarios e urxencias que francos de servizo incorporáronse a traballar fóra de horario; dos hoteleiros, dos taxistas, de tantos e tantos .....

Pero, inconmensurable tamén o agarimo dos nosos paisanos, compostelans e galegos, que en cinco minutos facían cola de ata cincocentas persoas para dar o seu sangue, máis valiosa que o seu peso en ouro e prata, calados e sofrentes, do mesmo xeito que os familiares dos que nos deixaron ou sofren as súas feridas. Hoxe levamos, máis que nunca, con orgullo o ser galego, aínda que o prezo sexa tan alto.

Inconmensurable, o agarimo do resto de españois, que sofren na distancia o zarpazo desta desgraza. Unha marea de agarimo para aliviar tanta dor e tanto sofrimento.

Estes mazazos, xéannos a palabra.  Hoxe, dixemos que só é tempo de chorar e facer o dó polos que se foron e de acompañar a quen sofren as feridas do accidente, sen esquecernos do maquinista e a súa familia, cuxa situación persoal e familiar será moi difícil, amarga, desoladora e insufrible. É a hora de chorar. É a hora das vítimas, de chorar por elas. Os expertos, a xustiza e os feitos, xa falarán.. Non é a hora de separar entre vítimas e culpables. Hoxe, todos somos vítimas.

24 julio, 2013

Fotos da Iª Carreira Popular de Castroverde















18 julio, 2013

Proxecto de cooperación "Nuevos Horizontes", organizado pola Asociación Terras de Lugo en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio

O sábado, día 22 de xuño, algúns da xunta directiva de Amigos do Patrimonio de Castroverde participamos na xornada do proxecto de cooperación "Nuevos Horizontes", organizado pola Asociación  Terras de Lugo en colaboración coa Asociación Galega de Custodia do Territorio.
De 10:00 a 14:00 h. estivemos na feira de produtos locais e artesanais nos pendellos do campo da feira de Rábade.
Pola  tarde, de 16:30 a 18:30 h.  interviron  axentes implicados no desenvolvemento do sector agroalimentario do territorio e un foro de debate aberto sobre canles curtas de comercialización e produción de variedades autóctonas e locais.

01 julio, 2013

Iª Carreira Popular de Castroverde