Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

31 enero, 2013

Visita á Domus Mitreo, o día 1 de febreiro, ás 19:00 h.


ARA ADICADA A MITRA, EXHIBIDA NA EXPOSICIÓN. Foto Blog LVCVS AVGUSTI 


Vémonos un pouco antes das 19:00 h. ao lado do Vicerritorado, ao pé da Muralla na rampa da Porta de Santiago.

Referencias e enlaces:
A exposición de "Domus de Mitreo" permanecerá aberta ata que estea finalizada a musealización dos achados que saíron á luz durante as obras de rehabilitación do Pazo de Montenegro en Lugo -sé administrativa do vicerreitorado- e do seu edificio cultural anexo.

A mostra permite facer un repaso á vida cotiá dos donos da domus que no seu día estivo alí asentada. O eixe central é a ara de granito que pon de manifesto que esa gran casa propiedade dun oficial do exército romano albergou un templo dedicado ao culto a Mitra, divinidad orixinaria de Persia.

Figuran ademais moedas; cerámica; vidro; ósos de fauna tan exótica como dromedarios; útiles elaborados con estes, como agullas para o peiteado das mulleres e para coser, e pezas metálicas, como as fibelas de cinto, botóns, selos de correspondencia ou material cirúrxico.

Pero non só recolle vestixios da época romana, tamén os hai da Idade Media, como dúas esqueletos humanos, que foron os que espertaron máis expectación entre os primeiros visitantes da exposición. Son unha proba da existencia dunha necrópole.

Aínda non se pode visitar a zona arqueolóxica in situ,pero xa que estaba tan emocionado en visitar este achado e eramos 3 persoas nada máis para velo, o coordinador decidiu (todo o intre connosco como non) deixarnos baixar á zona arqueolóxica e poder ver os achados nós mesmos.
Non puiden sacar máis fotos xa que para empezar non podiamos baixar alli,pero foi unha experiencia moi grata :)


ENTRUDANÇAS 2013 en Castro Verde do Alentexo. Portugal



Entrudanças

Entrudo, festividade dedicada a uma variedade de brincadeiras que ganham diferentes formatos em cada região. É desde sempre um momento de muita alegria.
O Entrudanças junta às tradições do Entrudo a música e a dança, numa festa que é partilhada por todos. O festival volta a reunir artistas de várias áreas, bem como pessoas de diferentes zonas do país e da Europa na vila de Entradas. Evento festivo, conjuga o carácter internacional com a dimensão local, do interior desertificado e preservado de Portugal.


Programa / horários

Sexta-Feira 08 Fev

18h00 - 19h00

Abertura do Entrudanças com projeção de imagens “10 anos do
Entrudanças em Entradas”. Participação de “As Ceifeiras” de Entradas |
Museu da Ruralidade

Feira de Artesanato | Praça Zeca Afonso

18h00 - 20h00


[Atividade para crianças e famílias] Hora do Conto e Pinturas Faciais
|Biblioteca

18h30 – 20h00

Oficina de Danças de “Entroido” Galegas, com Mercedes Prieto | Salão CRE

20h30 - 21h00

Arruada com “Os Chocalheiros” de Vila Verde de Ficalho

21h00 - 22h30

À Roda da Fogueira: “Os Chocalheiros” de Vila Verde de Ficalho | Praça
Zeca Afonso

22h30 - 00h00

Baile com João Gentil | Salão CRE

00h00 - 1h00

Queimada Galega com Pablo Castedo (Castroverde - Lugo) | Baile de
Danças Galegas com Sergio Cobos | Praça Zeca Afonso

01h00 - 02h30

Baile com Tazzuff | Salão CRE


Sábado 09 Fev


10h15 - 11h15

[Atividade para crianças e famílias] Moldagem de Balões | Biblioteca

10h30 - 12h30

Visita à Herdade da Malhadinha*

10h30 – 11h30

[Documentários] “Não me importava morrer se houvesse guitarras no céu”
de Tiago Pereira | Museu da Ruralidade

11h00 – 12h30

Oficina de Danças Brasílicas, Carmen Queiroz e Pedro Pernambuco| Salão CRE

12h00 – 13h00

Oficina de Percussão Tronkar, Winga | Tenda 1**

14h30 – 15h30

Projeto Comunitário “O Passo dos Bandos” / Pia Projetos de Intervenção
Artística / Concentração junto às Escolas

16h00 – 17h30

Oficina de Lindy Hop, Daniela Andana e Hugo Silva  | Salão CRE

Lengalengas Dançadas com o Grupo Coral Feminino de Viana do Alentejo | Tenda 1

Oficina de Instrumentos: Concertina, Marc del Pino e Aleix Armengol
(Tazzuff) | Museu da Ruralidade

16h00 - 18h00

Oficina de construção de cabeçudos: “passarocos na cabeça”, LPN | Escolas

17h00 – 18h00

Encontro com a Moda e a Viola Campaniça, com David Pereira | Taberna
do Pedro Feio

18h00 - 19h30

Oficina de Danças Adamastor Remix, Marta Coutinho| Salão CRE

Oficina de Iniciação à Dança dos Pauliteiros | Tenda 1

Oficina de Instrumentos de Sopro, com Pau Puig | Museu da Ruralidade

18h15 – 19h15

Oficina de Cante Alentejano - Os Ganhões | Museu da Ruralidade

18h30 – 19h00

[Atividade para crianças e famílias] Apresentação do livro Yara-Iara e
animação da história, de Margarida Botelho | Biblioteca

19h45 – 21h00

Baile com Duo String Fling  | Salão CRE

21h30 – 22h30

Concerto com Grupo de Violas Campaniças e Coro Polifónico de Castro
Verde | Igreja Matriz

22h30 – 00h00

Baile com Adamastor Remix | Salão CRE

00h30 – 02h00

Baile com Tazzuff | Salão CRE



Domingo 10 Fev

09h30 – 12h00

Pequeno- almoço com  As Atabuas (Fatias de Ovo e Café com Leite),
Percurso de interesse paisagístico: Entradas – São Marcos da
Atabueira*

10h15  - 11h15

[Atividade para crianças e famílias] Moldagem de Balões | Biblioteca

11h00 – 12h30

Oficina de Danças do Mundo, Hilde Van Hemelrijck | Salão CRE

11h30 – 13h30

Oficina de Gastronomia, Maria Martins | Escola***

11h30 – 12h30

[Atividade para crianças e famílias] Atelier de Material Reciclável | Biblioteca

14h30 – 15h30

[Atividade para crianças e famílias] Oficina de Cante Infantil, Álvaro
Mira | Biblioteca

[Documentários] "Carnaval de Torres 1935", créditos Ulyssea Film e
"Montar a Tenda", Montserrat Ciges (presença e conversa com a
realizadora) | Museu da Ruralidade

14h30 – 16h30

Oficina de construção de cabeçudos: “passarocos na cabeça”, LPN | Escolas

15h00 - 16h30

Oficina de Danças da Catalunha, Núria Farré | Salão CRE

Oficina de Lindy Hop, Daniela Andana e Hugo Silva | Tenda Salão CRE

15h30 – 16h30

Cante e Música - Grupo Terra e Cardadores da Sete | Praça Zeca  Afonso

16h30 - 18h00

Bolo de Aniversário do Entrudanças

Participação da Banda Filarmónica 1º de Janeiro e Grupo Coral As
Papoilas do Corvo | Praça Zeca Afonso

18h00 - 19h30

Oficina de Mixers e Contradanças, Hilde Van Hemelrijck | Salão CRE

Oficina de Danças Brasílicas, Carmen Queiroz e Pedro Pernambuco| Salão CRE

Oficina de Instrumentos, Sanfona, Adrià Grandia (Tazzuff)  | Museu da Ruralidade

18h30 – 19h15

Poesia Popular| Museu da Ruralidade

19h30 – 20h30

O Toque do Acordeão | Taberna do Pedro Feio

20h30 – 22h30

Baile com OiO | Salão CRE

22h30 – 00h00

Baile com Dancing Strings | Salão CR

*Atividade com inscrições limitadas (secretariado do festival)

**Atividade com inscrições limitadas (10 pessoas, secretariado do festival)

***Atividade com inscrições limitadas e pagamento de 5€ com direito a
almoço (25 pessoas – secretariado do festival)

MÁIS INFORMACIÓN:

Recibido: Carta de Doris López, a técnica que estivo traballando no concello de Castroverde



 Presidente da Asociación "Amigos do Patrimonio de Castroverde"

QUERIDO AMIGO:

Aquí estou otra vez!!! desexo que a través desta misiva, facerche entrega dun agarimoso saúdo que o estenderás ao resto dos compañeiros da Asociación que presides. Como sabes, estiven pechada dentro dún caparazón e metinme nun buraco coma os cangrexos para apartarme un pouquiño de case todo, para vivir dalgún xeito, a necesidade de certa soedade pola perda de alguén tan importante como meu pai; agora, coas súas forzas e as que teño herdadas nos meus xenes por ámbolos dous proxenitores, dispóñome a seguir no mundo que me toca vivir, tentando ollar moi, moi dentro de min que é o que a vida desexa que faga para cumprir ese “cometido” que todos temos no noso plan de vida..... Como sabes tamén, perdín o meu traballo e imaxino que será tamén porque nese sentido tamén debo plantexarme novas historias que me enriquezan persoalmente e entregar a outros, noutro estadio, a miña experiencia, formación e ilusión por facer, deixar facer, aprender e transformar para mellorar sempre a nosa calidade de vida persoal que sempre sérá a máis importante.....

Gustaríame agradecer a todos e cada un dos integrantes da Asociación dos Amigos do Patrimonio de Castroverde, o fermoso agasallo e as agarimosas verbas que recibín na pintura que me destes. Tamén, que saibades que me encantaría seguir recibindo as vosas mensaxes e, dende logo, que estou aquí para o que precisedes dentro dás habilidades profesionais que coñecedes. Non esquezo que cando comenzates a aventura da vosa Asociación, sempre apoiei as vosas iniciativas, involucreime no que me pedistes e no suxerido polo Concello coa posta en escea dós actos protocolarios. Fíxeno coa convicción de que pasos como eses deberíamos telos por parte doutros moitos na sociedade na que nos desenvolvemos.

Unha agarimosa aperta e seguide adiante cos vosos proxectos; eu dende onde estea, estarei dándovos un empuxonciño, aínda que sexa mentalmente.

Bicos!!!

Doris López

20 enero, 2013

Poema a Soutomerille, da poetisa do Cádavo Bea Vidal


Castiñeiro emblemático no Camiño Primitivo ao seu paso por Soutomerille, no Concello de Castroverde

                                                  SOUTOMERILLE

Soutomerille de lenda
escasas reliquias deixas
emblemáticas dabondo
de nobreza e fidalguía.
Unha igrexa peligrina
unha pousada derruída
un cemiterio escondido
e tí, castiñeiro altivo
O teu souto deuche nome
a terra substancia viva
esculpido na parede
formas parte dunha linde
dun camiño primitivo
que vai por Soutomerille.

En:
http://leriasdebea.blogspot.com.es/

INUNDACIÓNS EN TERRAS DO MIÑO

                                          Río Rade ou Pallota, na ponte da Pallota

                                          Río Chanoso na ponte de Recesende

                                           Río Chamoso en Bolaño

                                          Río Miño

                                          Río Miño
Algunhas fotos das inundacións do río Chamoso, afluentes e río Miño.
Poden ver máis fotos no álbun de Picasa.

16 enero, 2013

Proposta de reparación da forma gráfica do topónimo oficial do Concello de Castroverde



CASTRO VERDE:
Toponimia histórica e proposta de reparación da forma gráfica do seu topónimo oficial.


Por

Ricardo Polín

Filólogo e escritor 
Doutor en Língua e Literatura
Profesor de Didáctica da Lingua e Literatura no Campus de Lugo da Universidade de Santiago 
e de Lengua e Literatura Galega na ensinanza media
 Experto no Camiño Primitivo de Santiago, primeira ruta xacobea
Socio da Asociación de Amigos do Patrimonio de Castroverde


a) Introdución: Importancia simbólica e cultural da toponimia.

  A propósito das solucións actuais para designar as cousas, Hélder Pacheco comentaba que “Os nomes modernos, sem a impregnação das vivências pessoais, são arremedos dos de outrora", herdos de formas populares que dependían dos hábitos e das profesións. Eis por qué a toponimia adquire tal relevancia para as máis variadas áreas e disciplinas, principiando pola lingüística e seguindo pola historia, a xeografía, a xeoloxía ou a botánica, con particular afectación no que atinxe ao patrimonio cultural dos pobos, ás súas raiceiras arqueolóxicas ou á museoloxía.

                                                                                   

   Aínda como estudo da orixe lingüística ou histórica dos nomes de lugares, habitados ou non, e simplesmente como a maneira de designar localidades polos seus nomes, a toponimia é un saber cultivado de xeito contemporáneo (mesmo en Portugal é desenvolvido  por J. Leite de Vasconçellos sobre todo a partir dos inicios do século XX), converténdose nun instrumento fundamental para o rexistro monográfico da historia dos diversos modelos de asentamento e mesmo da biografía dos seus moradores.

  É por isto que Henrique Braz (1985, p. 247) deduce que o modo como son indicados e coñecidos os diversos lugares dunha rexión non é indiferente para a Historia e tampouco se pode considerar como o resultado da casualidade ou da vontade caprichosa, senón froito directo ou indirecto do acordo popular, pola necesidade de fixar especificamente cada un dos sitios da terra mediante unha designación concreta que os distinga –ao igual que aos seres humanos se lles asigna nome propio para os diferenzar dos seus semellantes-, labor que se fai indispensábel na procura de eficacia nas relacións sociais e económicas.

  O estudo e o respecto aos nomes locais non é só curioso polos enigmas e problemas que leva implícitos, polas hipóteses e conxecturas a que se presta, senón principalmente polos elementos que fornece á historia e á política do medio no que se exerce, polas achegas que pode carrexar para a reconstitución dunha época remota da vida dun pobo, toda vez que os moradores nomeaban as cousas e os sitios, deixando que a tradición fixese o resto.

  Mais tampouco se debe esquecer a politización a que adoito son sometidos os nomes tradicionais, a artificiosidade introducida por vía oficial, preteríndose os intereses populares e os seus usos, de modo tal que as designacións populares son as primeiras en seren substituídas por antropónimos que responden ao "gosto" e intereses dos gobernantes, ocultando que a toponimia se apresenta como de vital importancia para o coñecemento da historia local, tamén rexistrada en crónicas e romances, camiños, lendas e costumes, de aí a necesidade de promover a elaboración de inventarios de topónimos vivos e dos que xa entraron en desuso ou están en vías de elo, mesmo dos que foron substituídos, indagando nas razóns da súa mudanza ou esquecemento, contribuíndo de paso ao coñecemento da historia local do país, do seu pasado e identidade, saberes que adoitan continuar na memoria das persoas que os atesouran por herdanza dos seus anciáns, mais que agora teñen dificultades para os trasladar ás novas xeracións nun momento histórico en que os testemuños materiais e intanxíbeis se apagan a grande velocidade debido ao despoboamento ou á acelerada expansión urbana, á uniformización descaracterizadora da idiosincrasia local, onde os topónimos garanten en parte a identidade do lugar.


b) O topónimo CASTRO VERDE: fundamentos históricos, filolóxicos e documentais. Proposta de restauración gráfica da súa forma oficial. 

  Nome relevante ao coincidir con un topónimo maior pertencente ao ámbito xeográfico galego e de outras partes do globo. Adopta a forma de topónimo composto que se ordena alfabeticamente como se de unha palabra soa se tratase.

  Algunhas dúbidas e vacilacións sobre a súa grafía correcta poden ter a súa orixe no feito non seren estudados de modo específico, por descoñecemento da súa etimoloxía ou da súa documentación antiga. Trátaríase, pois, dun topónimo composto de máis de un elemento e nas circunstancias actuais resulta fundamental para os galegos recoñecermos as formas e significados dos seus compoñentes, bastante desvirtuados ao se escreberen apegados, impedindo identificar con clareza suficiente as formas plenas na escrita, feito que actuaría en beneficio de unha maior facilidade para identificar as dúas unidades lingüísticas e unha maior fidelidade á tradición gráfica e documental alusiva a este topónimo na historiografía galega previa á súa contaminación escrita derivada de procesos de hibridación e interferencia ben coñecidos por todos.

  Semella obvio que a existencia de dous acentos principais non debera ser criterio suficientemente válido para xuntar estes dous elementos ou unidades morfolóxicas integrantes do topónimo, a non ser que se primase a tendencia castelá en detrimento da nosa tradición gráfica anterior ao impacto evidente dos usos notariais dos escribas aleccionados atendendo a postulados alleos á herdanza escrita no país.

  En consecuencia, estamos diante dunha forma toponímica formado por dous constituíntes comúns e identificábeis, sen variantes dialectais, concertados en xénero e número, onde non existen elementos irrecoñecíbeis nen soldados por vogais idénticas ou fenómenos consonánticos deste teor, sen mudanza profunda no vogalismo átono nen castelanización que impida a súa interpretación.

  Por razóns de prestixio e identidade histórica nun concello de gran aboengo señorial na Idade Media e mesmo en etapas posteriores, coidamos que cómpre excluír solucións vulgares, preferindo a norma culta consoante coa tradición documental galega previa a dita deriva, ou sexa, a potenciación da forma plena na escrita sobre a reducida ou aglutinada, mesmo habilitando un tempo transitorio de convivencia que permita a divulgación e recoñecemento da solución máis plenamente histórica, remitindo á norma xeral, utilizaríamos maiúsculas iniciais en ambos compoñentes do nome propio do municipio.

  No caso de tratados que son obra de filólogos e historiadores portugueses, este topónimo remóntase ao étimo CASTRUM VETERIS 'castelo ou castro antigo, veterano, recinto militar moi vello ou abandonado polos seus ocupantes', remitíndose de camiño ao lat. CASTRA 'campamento militar', hipótese acrecentada por solventes prospeccións arqueolóxicas que remontan a trama urbana do Castro Verde portugués e o seu tecido viario á presenza de un antigo campamento romano, por extensión e latinización da forma CASTRUM, inmortalizando a historia local na Idade Antiga, segundo aparece na simboloxía fundamental do brasón da vila portuguesa e tamén da galega: un castelo verde identificado coa propia populación, co castro máis antigo, o recinto histórico que conformou o xentilicio "castrense", a divisa señorial á que curiosamente acompaña tamén a cruz de Santiago referida á importante encomenda dos cabaleiros desta orde militar da que o Castro Verde portugués foi parte integrante, como o Castro Verde galego o foi da vía primitiva a Compostela, na que ocupou unha posición estratéxica e do que atesoura centros hospitalarios de referencia na cultura xacobea.

  Malia o ditame da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia do 28 de marzo de 1980, coidamos que agora chegou o momento de lembrar os antecedentes históricos deste topónimo maior, tanto na súa estrutura lingüística e significación ou translación semántica, canto na súa expresión gráfica e fundamentos etimolóxicos, non sendo o único caso no que opinamos que o nomenclátor oficial vulnera o respecto debido aos testemuños documentais antigos no que atinxe á toponimia castroverdense en territorio galego, segundo ocorre, por exemplo, co fitónimo da parroquia de A Meda, contravindo a reiterada presenza de Ameda (suf. –eda 'abundancia', neste caso 'terra de amieiros') en documentos dos anos 998 e 1032 (Ameneta) ou de 787, 1130, 1172, 1179, 1185 e 1189 (Ameneda), sendo aínda máis clarividente a referencia á "ecclesia Sancti Jacobi de Ameneda" (agora transcrito como "igrexa de Santiago de A Meda", confundida co lat. META 'meda') ao citala como posesión do mosteiro de Vilafrío (vid. BCML IX, p. 3133, nº 199b).
  Deturpacións semellanes estarían a afectar á toponimia castroverdense de San Paio de Arcos -adoito representada como “Sampaio”, mesmo suplantando o primitivo nome persoal do lugar por medio do haxiónimo alusivo ao mártir tudense Sanctus Pelagius (ano 925)-, deturpación semellante á que reduce popularmente o topónimo de San Miguel do Camiño –común “San Miguel” no canto de “Camiño”, ao paso da vía primitiva a Compostela por estas verdes e nobres terras-, á forma Vilafrío (aparente discordancia gramatical que agocha un orixinario Vilarfrío, documentado inicialmente como Villarfrigidum (1130), logo Villar frigido (1172) ou Villarfriu (1162) e, por suposto, ao nome da freguesía máis extensa do municipio: MONTE CUBEIRO –sen a moderna aglutinación oficial Montecubeiro- que aínda se fai constar na relación de parroquias castroverdenses efectuada por Manuel Amor Meilán (Geografía del Reino de Galicia, vol VIII, tom. 1º, Ediciones Gallegas S. A., La Coruña, 1980, pp. 235, 239) e outras citas documentais, como única denominación relativa á antiga xurisdición de Monte Cubeiro ou do Monte Cuperio (Cubarium Montem o ano 572, Montem Cuparii en 1120 ou Monte Cubario en 1225, con probábel alusión á presenza abundante de mámoas ou “cubas” de sepulturas en dito monte, maiormente nas Medorras do lugar de Santo Adrao ou nas minas do Campo de Eiladrán, ao pé do Pradairo -en todo caso, forma desglosada que aínda perdura nos escritos de López Ferreiro.

  No relativo ao topónimo maior do fermoso municipio lucense, a principal referencia documental de carácter antigo semella figurar na colección diplomática de Oseira (vid. M. Romaní Martínez, 1989, nº 180), escrito Castrum Viride (cf. tamén Sánchez Belda, Luis: Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia, nº 514).

  É así que o 12 de maio de 1218, Afonso IX dóalle a dona Tareixa Yáñez a vila reguenga de Formigueiros en terra de Alba de Búbal ("Facta carta apud Castrum Viride in Bolanos, XII die madii Era Mª CCª Lª VIª").

  Deste sintagma bimembre farase reiterado fincapé nun novo estadio como Castro Viride en aparicións case coetáneas ao longo do século XIII: o 26 de maio de 1222 (Nomenclátor toponímico medieval da diócese de Lugo, nº 147), na Colección Diplomática de Cañizares (CDC); igualmente, o 22 de marzo de 1235 (NML 147), en xaneiro de 1236, en 1240 e 1253.

  Cara finais do mencionado século, temos xa consolidada a forma moderna que pon nome a este municipio de rancia estirpe, de tal maneira que o 27 de xullo de 1277 aparece citado en escrito no que Gomez Gonçalvez vende a Tereysa Gomez varias herdades no concello veciño de Pol: "Feyta a carta martes, cinco dias por andar do mes de julio, era de mil et CCC et quinze anos. Eu Affonso Eanes notario publico del rey en Castro Verde, fuy presente et a rogo deste Gomez Gonçalvez o sobredito, fiz esta carta et pus en eia meu signo [Signum]" (Rey Caíña, José Ángel: Colección Diplomática del Monasterio de Sta. Mª de Ferreira de Pallares, nº 270; vid. M-A Rey Caíña, Universidad de Granada, 1982).

  Temos xa, pois, a resolución plena dos dous compoñentes, tanto máis atendendo á fundamentada hipótese sobre a presenza en orixe dun nome persoal latino VIRIDIUS ou VIRDIUS que lle daría un carácter xentilicio ao topónimo (vid. Ares Vázquez, N., Lvcensia, nº 18, 1999, p. 43), remontando a súa raíz etimolóxica a un iniciático CASTRUM VIRIDII ou CASTRUM VIRDII asociado a un destacado dono deste recinto castrexo que recibiría o nome de VIRIDIUS ou VIRDIUS (vid. Solin, H. e Salomies, O.: Repertorium nominum gentilium et cognominum Latinorum; Hildesheim, Zürich - New York, 1988), postergando e anulando case completamente nas guías eclesiásticas a antiga denominación como Santiago de Vilariño ou Villarino, logo de que o 30 de xuño do ano 897, Afonso III restituíse á sé lucense a ecclesiam Sancti Iacobi de Villarino (vid. M. Risco, España Sagrada, XL, 388), nome atribuído ao pequeno burgo asentado aos pés do castro e fortaleza medieval (actual barrio d' A Praza [do Rolo]), valiosos restos históricos que están nos alicerces da vila actual e capital do municipio, cuxo topónimo figura transcrito graficamente con forma aglutinada Castroverde fundamentalmente a medida que avanza a influencia e presión notarial castelá, así como a bibliografía de orixe española como é o caso do Diccionario Geográfico de Pascual Madoz (1850), o Catastro del Marqués de la Ensenada (1853) ou a Geografía de Amor Meilán (s. d.), por citar algúns exemplos xa dominados pola moderna deriva hispana, coa excepción do que podería entrar no ámbito xeral da vacilación en mostras ortográficas como a documentada en 1236 (Nomenclátor toponímico medieval, 146).

  Outras achegas documentais do catorce e do quince podémolas encontrar, por exemplo, en documentos procedentes da basílica lucense (vid. Portela Silva, Mª José: Documentos da Catedral de Lugo. Século XIV, 2007, 2 vols. e Ibid. Século XV, 1998; col. Fontes para a historia de Galicia, Consello da Cultura Galega – Sección de Patrimonio Histórico), nomeadamente os correspondentes ao 12 de Abril de 1306 (Madrid, AHN, Cód. 416 B, fol. 36r), cando Arias Peres de Paramo lle vende ao cóengo Fernan Arias o casal da Lama en Villaeyriç e propiedades en Sayoane de Pena no casal de Saa (DCL 45), figurando como testemuña "Martin Peress clerigo, fillo de Pedro Miguelles que foi de Castro Verde"); un pergamiño de letra gótica cursiva en galego asinado o 12 de Febreiro de 1335 (Madrid, AHN, Carp. 1332 E/1), momento no que Aldara Rodrigues, filla de Gonçalvo Rodrigues de Recesende e de Maria Eanes, vende a Diego Fernandes de Neyra e á súa esposa Tareyia a terza parte da súa herdade en Sobrado, a montes e a fontes, así como dúas partes de unha casa en Recesende (DCL 322, onde constan entre as testemoyas "Lopo Aras de Furis et Vasco Rodrigues, morador en Castro Verde") ou o pergamiño correspondente ao 1 de Marzo de 1386 (Madrid, AHN, Carp. 1332 G/10 bis) no que o Cabido de Lugo lle afora unha herdade a Fernan Peres, clérigo de Sant Çibrao de Reçessende (DCL 869), facéndose referencia a que se trata de "a nosa herdade de Reçesende que he da nosa mesa, que foy de Pero Boudon de Castro Verde, que he sub signo de San Çibrao de Reçesende").

  Porén, coa chegada do catrocentos, a forma desglosada do topónimo, fiel á estrutura morfolóxica e ortográfica orixinaria canto á raíz etimolóxica do mesmo e á súa constatación documental, aparece xa claramente desprazada en beneficio da solución aglutinada, aínda alternativa no século anterior.

  A falta de potenciación do topónimo Castro Verde en favor da súa equivalencia moderna por aglutinación gráfica (presente en Zamora e Valladolid) é un feito que semella ir ligado a un proceso administrativo claramente centralista, tratándose dun caso no que dita opción oficial semella tan doada de corrixir como o é de restaurar a solución histórica, aínda máis tratándose dun topónimo singular no noso nomenclátor (aliás feita a excepción dunha homónima e pequena aldea ourensá de San Cibrao das Viñas), non tanto no que atinxe á súa reiterada presenza na antroponimia galega e nomeadamente na onomástica dos nosos apelidos.

  Igualmente, coidamos que o descoñecemento da nosa tradición escrita mesmo desde o renacer político e cultural do século XIX, non debera ser tomado en conta como argumentación válida a esgrimir entrado xa o século XXI, onde non semella procedente considerar a ignorancia como criterio preponderante ou razón xustificada para non realizar as oportunas correccións no uso escrito do noso gran referente toponímico municipal e mesmo señorial ou comarcal a través de emblemáticas denominacións como “Señorío de Castro Verde”, “Condado de Castro Verde” ou “Terras de Castro Verde”. (Evidentemente, resulta difícil asumir a cobertura oficial da forma gráfica do topónimo Cabo Verde, por exemplo, mais non a histórica do noso Castro Verde, cousa que parece escasamente rigorosa ou equitativa).

  A maior abondamento e como apoio desta análise diacrónica, a localidade zamorana de Castroverde de Campos, irmandada co concello homónimo galego, remonta igualmente as súas orixes toponímicas á forma latina Castro viridi, documentada de xeito temperán con data 7 de Xaneiro de 1201 no coñecido como Fuero de Castroverde, incluíndo coherentemente na súa versión romance a solución equivalente Castro verde, forma gráfica igualmente reiterada en documentación correspondente aos séculos XIII e XIV.

  Así, no famoso Cronicón de Valladolid (1333-1539), podemos ler a seguinte noticia de data 11 de Xullo de 1456: "Murió Suero de Quiñones, fijo de Pedro de Quiñones en Berceal xj de julio, ó cerca de Castro Verde en una pelea que ovo con Gutierre Quixada, do le mataron los peones año de mcccclvj" (ed. facsimilar, Valladolid, 1984).

  Igualmente, na Colección diplomática Castroverde de Campos (Zamora, 1201-1334) -cartulario recollido por F. Pablo Fernández Alcalá nos anos noventa do século XX- publicada na revista Archivos Leoneses (1991), encontramos referencias a esta vila reguenga, entre outros, nos documentos nº 2, 4, 32, 33, 34 e 35. Resulta especialmente relevante o "fuero de población concedido por Alfonso IX de León a la villa de Castroverde de Campos y sus aldeas", datado en León a 7 de Xaneiro de 1201, importante carta-puebla que reflicte no seu articulado até en 25 ocasións a referencia toponímica a Castro verde, única solución presente ao longo do escrito, sen a menor vacilación (vid. B., Castroverde, ff. 1r-18v e C., AHPZ, Pergaminos, c. 10, núm. 1): "facemos vos carta al conceio de Castro verde de bonos ffueros..." (introd.), "Clerigos de Castro verde que y morasen..." (art. 1), "vezinos de Castro verde non pechen omiçidium..." (art. 2), "Los cavalleros que en Castro verde morasen..." (art. 4), "Todos los vezinos de Castro verde rrespondan..." (art. 5), "Et las biudas de Castro verde non dan al sseñor huesas." (art. 7), "Et ssi alguno matare al vezino de Castro verde muera por ello..." (art. 8), "e non sea mays cogido en Castro verde..." (art. 9), "Si entre christianos o judios o moros moradores en Castro verde fuere algun escandalo..." (art. 20), "Todo ome que ffuere vezino en Castro verde o en sus aldeas..." (art. 22), "Si algun fiio de algo en Castro verde ffuere vezino..." (art. 23), "Todo ome que en Castro verde oviere casas..." (art. 27), "Aquel que en Castro verde ffuere vezino o en sus aldeas e oviere casas..." (art. 28), "En Castro verde nin en sus aldeas pelea, non cora..." (art. 30), "Si el vezino de Castro verde que cavallo e armas oviere..." (art. 35), "Todo vezino de Castro verde que casas propias ovier en la villa..." (art. 37), "Todo vezino de Castro verde non sea vasallo de otro..." (art. 38), "El ssennor de Castro verde la su debda rrescibala en la villa..." (art. 39), "Todo vezino de Castro verde que ovier cavallo..." (art. 46), "Todo mercador que venier a Castro verde la terçia parte del portadgo..." (art. 47), "Daqui adelantre todas las querellas quese fecieren en Castro verde..." (art. 48), "vos otorgamos allos que ayades a Castro verde con todos sus terminos (...) con toda vuestra generaçion de Castro verde (...) a vos el conceio de Castro verde e atodos los que aqui morar vinieren (...)" (colof.).

  No que atinxe á carta de concordias entre o bispo de León e o concello de Castro Verde de Campos, tirada da mesma colección diplomática, na contenda que sostiñan en relación cos seus respeitivos dereitos sobre os moradores de Villafrontín (13 de Marzo de 1259; A., ACL, núm. 1535 e B., Castroverde, f. 24r-v), constátase unanimemente a forma Castro verde en todos os rexistros ("llievenlas a Castro verde", "los de Castro verde ffagan della asi como fezieren", "entre sacador nin cogedor de Castro verde", "el conçeio de Castro verde", "sea de Castro verde o de su alffoz", etc.).

  Na carta do rei Alfonso XI asinada en Valladolid a 16 de Febreiro de 1332, que pon fin aos agravios cometidos polo meiriño real, mandando que se faga emenda dos danos, en razón do privilexio posuído por esta vila desde tempos pasados (B., Castroverde, f. 37r-v), reitérase univocamente o topónimo Castro verde na súa histórica forma ortográfica ("la dicha villa de Castro verde", "alcaldes de Castro verde", etc.).

  Outro tanto sucede co privilexio outorgado por Alfonso onceno cara 1334, segundo o cal lles concede a vila de Castro Verde a don Juan Núñez e a súa dona, ordenando ao concello que os reciba como señores da vila e que lles faga preito e homenaxe (B., Castroverde, f. 42r), con rexistros unánimes a favor da forma desglosada do topónimo ("conçeio de Castro verde de Canpos", "villa de Castro verde", "lugar de Castro verde", etc.). Xa con data 7 de Outubro do mesmo ano, estes mesmos personaxes, señores de Biscaia, prometen mediante carta asinada en Lerma, conservar todos os privilexios do concello de Castro Verde (B., Castroverde, f. 34v), aludindo aos "omes bonos de Castro verde de Canpos, mios vasallos" e posteriormente, en privilexio sen data, perdoan ao concello todas as accións puníbeis da xustiza que puideran ir contra el (B., Castroverde, f. 36v), citándose expresamente o "conçeio de Castro verde de Canpos" ou "la villa e la alcazare de Castro verde".

  Malia a obsesiva reiteración oficial da forma aglutinada na etapa contemporánea, unha simple ollada a algunhas copias manuscritas do padrón municipal, follas catastrais ou estatísticas tomadas de xeito espontáneo durante as últimas décadas, aínda mostran ben ás claras a tendencia natural de moitas das nosas xentes a trascreber este topónimo galego coa forma gráfica autónoma en cada un dos seus dous compoñentes, sen facer casamento de ambos, senón simple acompañamento, como é o caso que reproducimos parcialmente a seguir:






 En todo caso, a restau ración gráfica do topó nimo oficial para este muni cipio galego toma especial significación logo do protocolo oficial de irmandamento co seu homónimo portugués (Cámara Municipal de Castro Verde) no Baixo Alentexo, distrito de Beja, que comprende unha área de 567 quilómetros cadrados e cinco freguesías nas que viven preto de 7.800 habitantes, compartindo entre ambos grandes afinidades históricas, culturais e socio-económicas onde as irmandades lingüísticas a través do tronco galego-portugués tampouco parecen ser cuestión menor desde o momento en que ambos comparten referentes documentais ben evidentes, mesmo tamén extensíbeis ao caso da forma medieval en municipios españois cos que comparten topónimos, sexa o zamorano de Castroverde de Campos ou o vallisoletano de Castroverde de Cerrato, por máis que estes dous adopten criterios gráficos diverxentes a contemplar no ámbito concreto da lingua castelá.



         En San Tomé do Val de Lourenzá, primavera de 2012.


Apéndice protocolario de irmandamento.-
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com.es/2007/09/carta-dos-irmandamentos-entre-os.html  
 
___________________________________


 
Currículum do autor:

É profesor universitario de Didáctica da Lingua e a Literatura no Campus de Lugo da Universidade de Santiago e de Lingua e Literatura Galega na ensinanza media. Autor de numerosos estudios de historia da literatura galega, crítica textual e edición de textos antigos, está especializado en lírica baixomedieval galego-portuguesa e é experto no Camiño Primitivo de Santiago, primeira ruta xacobea por Lugo capital.

 Obras realizadas
Recibiu o premio extraordinario de doutorado por O derradeiro século da lírica medieval galego-portuguesa (Madrid, 1954, cinco volumes), o Premio da Crítica de Galicia por Cancioneiro galego-castelán. Corpus lírico da Decadencia (1350-1450) (Edicións do Castro, 1997), o Premio Literario Ánxel Fole por A poesía de Codeseira (Lugo, 1997) e o Premio do Ministerio de Educación e Cultura á edición por A muller tradicional (Xerais, Vigo, 1996). Ademais, é o autor de O costumismo decimonónico galego (Madrid, 1989), A víspora de San Xoán en Montecubeiro e outros poema galegos (Lugo, 1992), A poesía lírica galego-castelá (1350-1450) (Universidade de Santiago, 1994), As cantigas mariñas no país de Breogán (O Castro, 2000), Homes do país (Xerais, Vigo, 2000), A primeira luzada. Obras completas de Francisco de Fientosa (edición, estudio e notas) (Edicións do Castro, 2003), Folla bricia. Poesía galega completa de Xosé Crecente Vega. Edición crítica e estudio (Xunta de Galicia, 2003) e Camiño a Lugo. Guía histórica e cartográfica do Camiño Primitivo de Santiago na urbe e señorío lucenses (Ed. A Nosa Terra, 2004).

 Outros datos de interese
Ten unha extensa obra dispersa en revistas especializadas, tanto de historia e filoloxía medieval, decimonónica ou contemporánea, importantes achegamentos á poesía chairega de autores falecidos ou esquecidos e abundante obra inédita a punto de entrar no prelo.

12 enero, 2013

RESUMO ROTEIRO BARREDO-SOUTOMERILLE



Resumo Roteiro pola Parroquia de Santo André de Barredo: Vilaxurxo- Barredo-Pena Branca-Vilar dos Naraos-Barredo ata Soutomerille.
   Neste sábado de comenzos de ano quixemos facer o derradeiro percorrido do Roteiro: Monte Cubeiro – Barredo e enlazar coa traza histórica do Camiño Primitivo.
Arredor das 10:00 h. saímos do lugar de Vilaxurxo, pasando por Barredo, subirmos a Pena Branca, ao subirmos levantouse, en poucos minutos unha néboa que ocultou todo o val e, mentres demos chegado a Pena Branca e cambiamos de dirección, incriblemente, a néboa desapareceu e puidemos ver, Vilar, Soutomerille, Vilaxurxo, Barredo, O Sabugueiro, Vilafrío, A Meda, só por citarmos algún lugares. Ao baixar de Pena Branca subimos camiño do Cruceiro e por detrás da Chousa de Varela baixamos a Vilar dos Naraos, desde este lugar, por debaixo da Torre voltamos a Barredo. En Barredo, unha vez máis, os que non visitaran a Queixería Santo André, propiedade do noso socio, Reixa, puideron visitala unha vez máis. Agradecemos desde aquí a amabilidade de Carlos e a súa familia para poder facer a visita. En Barredo remataría o Roteiro.
Desde Barredo por Tras Outeiro, fomos camiño das Varancas para achegármonos á Croa, Cemiterio, Casa Torre de Arriba, Casa Torre de Abaixo e Igrexa de Soutomerille.
Con esta visita quixemos amosar a posibilidade de unir, facilmente, uns roteiros con outros e; unha vez máis reinvindicarmos a  traza histórica do Camiño Primitivo que, iría ata a igrexa de Soutomerille pola Corredoira do centenario castiñeiro, voltaría por diante do cemiterio e polo camiño das Varancas levaríanos camiño de Gondar e / ou Barredo e, non como delimitou oficialmente, pola estrada de Paderne-Gondar,  a nosa Ilustre Consellería de Educación e Cultura que, tal traza imposta sen pisar o terreo, parécenos un insulto á intelixencia.
Saúde. Terra e Lingua.
Manolo Muñiz