Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

20 agosto, 2012

Convite do Concello de A Pastoriza




ACTO DE PRESENTACIÓN

  O Excmo. Concello de A Pastoriza ten a honra de convidar a Vde. á presentación do libro Verde terra miñota, que reúne por primeira vez a obra do escritor pastoricense Manuel María González, natural da casa de Portela de San Cosme de Piñeiro (lugar de Fontela), falecido en Tetuán en 1957.
  Terá lugar o mércores día 22 de agosto, ás 21’30 (nove e media da tarde), no salón de actos da Casa da Cultura de A Pastoriza. Intervirán: don Primitivo Iglesias Sierra (alcalde e catedrático de Lingua e Literatura), don Ricardo Pedreira Pérez (catedrático de Contabilidade da Universidade de Oviedo, inspector de finanzas e compañeiro do escritor), don Ángel González (economista, irmao do autor) e don Ricardo Polín (doutor en Filoloxía, autor do estudo e investigación).
  No mesmo acto, será inaugurada unha exposición coa documentación gráfica, fondos literarios e xornalísticos, cartas persoais e manuscritos conservados deste escritor chairego fillo da Pastoriza.
  Rematarase con un aperitivo na cafetería da propia Casa da Cultura.
                                                

A Pastoriza, agosto de 2012.

No hay comentarios: