Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

03 marzo, 2012

VÉN Á FEIRA NA EIRA DA XOANA






Estimados amigos/as,

O vindeiro domingo 18 de marzo, ADEGA organiza unha FEIRA DE PRODUTOS NATURAIS E ARTESÁNS na Eira da Xoana ( en Ramil, no concello de Agolada) e quérete convidar a participar nun dos postos cos teus produtos de
consumo ou divulgación. Polo de agora enviamos o cartaz apegado sen o programa, que está en elaboración, para que, se vos prace, fagades difusión do evento. Pregámosvos o reenviedes aos membros do GDR que poideran estar interesados.
Se quixerades participar, os postos terán que ser montados de 9.30 h. a 10.30 h. baixo as carpas que disporá o concello para tal fin. No obstante, cada expositor terá que traer a súa propia mesa e cadeiras.
A feira abrirá ao público ás 11.00 horas e durará todo o día (mañá e tarde). Para xantar, ADEGA ofrecerá callos e polbo e viño, auga e café a un prezo moi módico, mais se preferides levar o voso propio xantar, non haberá inconveniente. Durante toda a xornada contaremos coa realización de varios obradoiros (cestería, alfarería, …), palestras, xogos populares e coa música
dos gaiteiros Bico da Balouta. Todas estas actividades concretaranse no  programa que vos enviaremos nun vindeiro mail. Agradeceríamos que nos poiderades confirmar a vosa presenza antes do martes 6 de marzo, chamando aos números de teléfono: 659 683 384 (Pepe Salvadores) ou 638 475 322 (Marcial Barral). Iremos actualizando información sobre este evento en:
ADEGA estaría encantada de contar coa vosa presenza nesta primeria Feira na Eira da Xoana.

Agardámosvos!
Apertas
ADEGA LUGO

No hay comentarios: