Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

12 diciembre, 2011

RESUME ROTEIRO SERÉS-BARREDO




Neste día de comenzos de decembro, sábado día dez, tivo lugar o último roteiro deste ano que remata.
O pasado día 12 de novembro comenzabamos o roteiro que temos pensado sinalar: San Cibrao-Barredo. Hoxe nun día que contabamos ameazante de choiva temos que dicir que  foi un día case primaveral. Paraugas levabamos, mais non tivemos que empregalos, mesmo luciu o sol nalgúns momentos.
Saímos arredor das dez da mañá de Serés camiño da Serra de Monciro polo lugar de Fornelos e ao atravesarmos a Serra polo camiño que era da feira. Deixamos a Lagoa Grande sen vistar que se encontra a uns 812 m. de altitude, desde esta zona fomos descendo polo Monte dos Seixos ata o lugar de Córneas que pertence á parroquia da Meda. Desde esta Serra pódese ver as zona sureste de Castro Verde ata as terras do concello do Páramo. Ao descender para Córneas temos vistas sobre zonas de Outerio de Rei, Rábade e Pol;  dicir que desde a Serra de Monciro imos camiñando por lugares limítrofes cos concellos de Pol, en primeiro lugar e despois co de Lugo.
Desde Córneas polos Curutos e Tras Cabana, Agra de Monte Cabana, Amorín, O Cobillón ascendemos polas Tres Penas para irmos por Pena do Campanario e O Pico para chegarmos a Pena Branca. Comentar que desde estes lugares voltamos a ter vistas da Serras de Monciro,  do  Miradoiro, Vilabade, A Meda, Vilafrío, O Sabugueiro, Soutomerille, Vilar e aos nosos pés; Vilaxurxo e  Barredo con vistas sobre as Terras do Chamoso.
Desde Pena Branca tiñamos pensado ir a Vilar dos Naraos, mais o tempo apremiaba e baixamos directos a Barredo para xantar na escola de Santo André de Barredo.
Deixamos para outro día facermos atravesía da Serra de Monciro desde Carballedo a Córneas e, desde o alto do Cruceio vir a Vilaxurxo e de Vilaxurxo a Vilar dos Naraos e voltar a Barrdedo.
Dar as grazas aos veciños de Barredo por facilitarnos o local para xantar. Logo de comer visita á queixería Santo André de Barredo. Dar as grazas á familia Reixa polas súas atencións e ensinarnos a queixería. Aledámonos de que haxa xente que se anime a seguir traballando elaborando e transformando a súa propia produción. Parabéns e moito ánimo a estes de emprendedores.

Saúde, Terra e Lingua.
Manolo Muñiz


No hay comentarios: