Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

20 junio, 2011

IV ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS CULTURAIS GALEGAS


Hoxe sábado, tivo lugar este cuarto encontro entre as asociacións: Arumes do Corgo, Arcas de Sarria, Agrupación Instructiva de Redes-Caamouco e Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Ás 9:15 h    marchamos desde a Casa Grande de Nadela para comenzar o percorrido pola ribeira do Río Miño sendo os puntos de maior interese os seguintes: Insua de Burneiros e caneiro para a pesca, desembocadura do río Chamoso, ponte e muíño da Foz, muíño e fraga da Fervenza e desembocadura do río Neira.

14:30 h   Xantar de confraternización, onde se falou de varias cuestións que expoñeremos noutro       momento, finalmente que saibades que a Asoc. Amigos do Patrimonio asumiu a organización do vindeiro ano.

17:00 h  Visita a algún monumento  do Corgo.

18:00 h   Actuacións no Campo da Feira de Adai de Cándido Pazó e a Agrupación Legua  Dereita do Corgo que nos deleitaron coas súas respectivas actuacións.

- Como sabedes, mañá día 19, algúns imos á XXIV travesía  pola costa Naviega.

Mando este pequeno resumo e algunha foto.

NOTA: Seguimos contando inaugurar o roteiro de Furís-Páramo o próximo, día dous de xullo.

Saúde. Manolo

No hay comentarios: