Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

28 abril, 2010

CONVOCATORIA

Para agrandar, facer clic na imaxe

CONCERTO DE XOÁN ELÍAS CASTIÑEIRA 06/05/2010


Entre as actividades previstas dentro da programación cultural complementaria arredor da exposición "Castelao. A derradeira lección do mestre", o xoves, 6 de maio, a partir das 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo, concerto do xove pianista lucense Xoán Elías Castiñeira.

(ver máis)

CONVOCATORIA

Para agrandar, facer clic na imaxe

27 abril, 2010

Miscelánea

O que está de Deus non o leva o demo!

(Para ampliar clicar na imaxe)

Pídolle ao caro lector, se é que algún teño, ou me queda, que me acepte estas confesións subxectivas, coa promesa de non ser reincidente, pero neste caso foi tan fonda a ferida persoal que me deixou cicatrices. Iso si, tiven un bo Médico, un tal Manuel Muñiz Besteiro, Amigo do Patrimonio, pero meu tamén:

Salvando distancias cosmogónicas, pasoume algo parecido ao noso paisano Colón, que encima de descubrir as Indias Occidentais (Américo foi despois), puxérono en ridículo e incluso o castigaron polo seu descubrimento. Sabía que existía, pero non puiden ir ata o ano 1987. Interesábame Grándola, Vila Morena, pero máis aínda ese irmán, ese “Castro Verde” sureño. E fun tan ben recibido, e tanto interese puxeron no que lles referín do Castro Verde norteño, que nada máis regresar ás terras da nosa Gallaecia, escribinlle ao señor Sousa Caeiros, daquela Presidente da Cámara, suxeríndolle, ou máis ben preguntándolle, acerca das posibilidades, pola súa parte, dun recoñecemento fraterno. A súa contestación, con data 27 de Agosto do ano 1987, ¡casualmente no día do meu aniversario!, - acompañada dunha cantidade inxente de material informativo-, carta que podedes ler na fotocopia que inserto coa presente, foi o mellor agasallo dos que recibín aquel ano, PERO…, ¡o pero estivo no pasotismo do meu propio Concello, que se riron da miña proposta, e xa non fosen parar aqueles documentos, ¡tamén!, o vertedoiro habitual.

A ferida quedoume sangrante ata o día en que Muñiz asumiu o temón…, e logrou que se nos tomase en serio facendo realidade a proposta de irmandamento! O propio D. Fernando Sousa veu ao noso Castroverde para facer realidade a promesa que me fixera 21 anos antes, e que por culpas alleas estaba pendente de realizar, segundo el mesmo recordou diante dos outros Alcaldes. ¡Que razón tiñan os nosos vellos, con aquela fe de entón, cando se rexían pola crenza de que, O que está de Deus non o leva o demo! Nesta última viaxe non puiden ir cos meus amigos; fisicamente, quero dicir, pois en espírito sempre estou con eles, cos de aquí e tamén cos do Sul, aos que teño na máis alta das estimas.

Xosé María Gómez Vilabella

21 abril, 2010

III ACTO DE GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO ENTRE OS CASTRO VERDES IBÉRICOS




BREVE RESUME DO
III ACTO DE GEMINAÇÃO / HERMANAMIENTO / IRMANDAMENTO
ENTRE OS
CASTRO VERDES IBÉRICOS

(XX Quinzena Cultural Primavera do Campo Branco)

Día 16:

Recepción dos Castroverdes participantes, inauguración da exposición “Abril” coa participación da Banda Filarmónica 1º de xaneiro. Logo de cear, Concerto “Mai” con Rodrigo Leao. Temos que comentar que este acto foi seguido por moito público e con unha atención e participación esquisita. O grupo e voces foron dunha calidade extraordinaria, empregando nas letras das cancións desde a lingua potuguesa, pasando polo castelán, francés, inglés, ruso, se é que non se nos escapou algún idioma.

Día 17:

Acto de protocolo dos CastroVerdes coa intervención do; Sr. Presidente da Câmara de Castro Verde, D. Francisco J. Caldeira e pola Fregresia de Castro Verde, Dona M.ª Manuela Florencio, polo concello de Castrovede de Campos; Don Cecilio Lera e o presidente da Asoc. Castrum Viride, Sarvelio Villar e, polo noso Castro Verde, D. Xosé Mª Arias e un servidor. Todos coincidimos na necesidade de potenciar as relacións non só institucionais, que xa se conseguiron, senón das persoas; escolas, familias, a sociedade en xeral, que sería un segundo paso. Logo, houbo unha proxección da historia dos Irmandamentos e unha explicación por parte de Miguel Rego, do proxecto de crear unha páxina Web dos CastroVerdes da P. Ibérica.

Seguidamente, inauguración da exposición “Artes de Castroverde” dos nosos artistas: Nati Penado, D. Baldomero Pestana, Juan Vila e Paco Pestana.

Pola tarde, animación na Praza da República con Feira de Vellarías e Produtos da Terra coa intervención de grupos de cantores da Terra, entre eles, os Ganhoes. A continuación Concerto do Coro do Conservatorio e Banda Filarmónica 1º de xaneiro, na Basílica Real de Castro Verde, cunha acústica excepcional. Aquí temos que comentar, novamente, a cultrua musical que ten este pobo, cun silenzo absoluto e cunha participación de nenos, rapazas e rapaces, cerca de duascentas persoas, sendo a maioría moi novos. Esta é a grande diferenza cos outros Castroverdes. Este Castro Verde, ten xente moza, ten futuro.

Día 18:

Visita á Freguesía (“Parroquia”) de Castro Verde, cunha proxección sobre o Museo da Lucerna e Basílica Real.
Mentras, o Sr. presidente da Câmara, o Sr. Alcalde de Castroverde de Campos e un servidor participamos nunha exposición de futuros proxectos, incidindo no que xa se comentara na mañá do sábado e, que non imos adiantar aquí.

Manolo Muñiz. Saúde e Terra. Abril de 2010



BREVES PALABRAS DE AGRADECEMENTO

MOI BO DÍA SEÑORES / SEÑORAS, AMIGOS E AMIGAS DE CASTRO VERDE, CASTROVERDE DE CAMPOS E SENTIMOS QUE NON ESTEAN CONNOSCO OS DE CASTROVEDE DE CERRATO.

ESTAMOS MOI LEDOS, DE QUE CONTINUASE ESTA IDEA DE ECONTRARNOS OS POBOS, OS POBOS DOS CASTROVERDES, DESTA VEZ CORRREPONDEULLE A CASTRO VERDE DO ALENTEJO.

QUEREMOS DARLLES AS GRAZAS, ESPECIALMENTE POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON A PRIMEIRA VEZ, EN ABRIL DE 2006, PERMITÍDEME QUE EXPRESE UN AGRADECEMENTO MOI ESPECIAL, A PAULO MADUREIRA, PORQUE FOI O PRIMEIRO CONTACTO EN CASTRO VERDE, AÍNDA LEMBRO A APERTA QUE NOS DEMOS, NADA MÁIS VERNOS E SEN COÑECERNOS DE NADA. AGRADECIDOS TAMÉN AO SR. PAULO NASCIMENTO E, GRAZAS A TODOS OS QUE VIÑERON AO NOSO CASTROVERDE EN AGOSTO DE 2007 (SRS. FERNANDO, BRITO, SRA. PAULA E O SEU MARIDO), TAMÉN A TODOS OS QUE NOS RECIBISTES EN 2007, ESPECIALMENTE AO SR. PRESIDENTE, QUE ERA DAQUELA, D. FERNANDO SOUSA E ACTUALMENTE A TODOS VOSTEDES.

AMIGOS DE CASTROVERDE DE CAMPOS, AGRADECEMENTOS ESPECIALES PORQUE FOI O PRIMEIRO CASTROVERDE QUE VISITAMOS, SE NON LEMBRO MAL, EN FEBREIRO DE 2006, NAQUEL PRIMEIRO ENCONTRO, TAMÉN ESTIVERA O REPRESENTANTE DE CERRATO, SR. ALCALDE, D. JOSÉ LUÍS.

GRAZAS AOS REPRESENTANTES POLÍTICOS, TOMÁS, ALBERTO SARVELIO E FAMILIA E, AO SR. ALCALDE, D. CECILIO LERA E A SÚA SRA. QUE NOS TEÑEN AGASALLADO VARIAS VECES NA SÚA CASA- NO SEU RESTAURANTE. GRAZAS A TODO O POBO DE CASTROVERDE DE CAMPOS POLO ACOLLEMENTO QUE NOS FIXERON O PASADO AGOSTO DE 2008.

LOGO DE TODO ISTO, DIGAMOS:

Nós unificamos os povos, não os Estados.

Nosotros unificamos los pueblos, no los Estados.

Nós unificamos os pobos, non os Estados.

Fazer a Europa, é fazer a paz.

Hacer Europa, es hacer la paz.

Facer Europa, é facer a paz.

(Jean Monnet)


ESTAMOS AQUÍ EN CASTRO DE NOVO E É ABRIL AMIGOS E AMIGAS TODOS.

PARECE UN SOÑO, MAIS MALO DO QUE NON SOÑA. UN SOÑO QUE NACEU HAI UNS CATRO OU CINCO ANOS.

SOÑAR É CREAR E FACER O PROPIO FUTURO E AÍNDA O FUTURO COMÚN DOS POBOS.

SOÑAR É DESCUBRIR.

HAI QUE SOÑAR O AMOR,

HAI QUE SOÑAR A VIDA,

HAI QUE SOÑAR A TERRA,

HAI QUE SOÑAR O FUTURO

PARA QUE LOGO NON O DESCOÑEZAMOS.

E HAI QUE SOÑAR PARA DESPERTAR.

HAI DO QUE XA NACEU DESPERTO!

HAI QUE SOÑAR PARA MERECER SER DA TERRA, DA TERRA DE TODOS, DA TERRA DE CADA UN DE NÓS.

É ABRIL É PRIMAVERA.

ESTAMOS NA QUINCENA CULTURAL DA PRIMAVERA DO CAMPO BRANCO DE CASTRO VERDE. VIVA CASTRO VERDE, VIVAN OS CASTROVERDES.

VIVA A UNIÓN DESTES NOSOS POVOS / PUEBLOS / POBO!!!


SAÚDE E TERRA – CASTRO VERDE, 17 DE ABRIL DE 2010

ACTIVIDADES MES DE MAIO

DÍA 8, SÁBADO: INAUGURACIÓN DO ROTEIRO DO VAL DO RÍO TÓRDEA.
DÍA 15, SÁBADO: HOMENAXE A D. XESÚS PÉREZ REGUEIRO da Galeria de Sargadelos en Lugo.
DÍA 28, VENRES: Participación co C.P.I de Castroverde nunha pequena camiñata polo Camiño Primitivo.
DÍA 29, SÁBADO: ROTEIRO TRIACASTELA-SAMOS. Asociacións:
Arcas de Sárria, Agrupación Red Caamouco de Redes, Asoc.Arumes do Corgo e Amigos do Patrimonio


Organizado por a Xunta de Galicia - ADEGA - CEIDA, Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia



III ENCONTRO SOBRE O LOBO GALEGO

24 e 25 de abril de 2010

Programa:


Sábado 24 de abril

09.45

Inauguración


10.00

Impacto dos parques eólicos nas
zonas con presencia de lobo
Luis Llaneza.
Biólogo redactor do Plan
de Xestión do Lobo en Galicia

11.00

Morfoloxía e sistemática do
lobo.

Roberto Hermida.
Biólogo da
Universidade de Santiago de Compostela

12.00

Pausa - Café


12.30

Ecoturismo, desenvolvemento sostible econservación.

José Luis Santiago Fidalgo,
enxeñeiro de montes e
Francisco Javier Franco, biólogo

(técnicos do Concello de Puebla de Sanabria -Zamora-).


14.00

Pausa – Xantar


16.00

Mesa Redonda: Situación actual da problemática do lobo

- Representante da Administración
- Sindicato Xoves Agricultores

- Asociación Ovica

- Cooperativa Monte Cabalar

- Asociación Gandeiros S. Martiño de Oleiros (Barbanza)


Domingo 25 de abril

11.00
Visita guiada ás instalacións de Marcelle Natureza (Outeiro de Rei)
e roteiro polo Incio.

Gerardo Guitián.
Director do Parque Marcelle Natureza.



Inscrición en www.ceida.org ou no tel. 981 630 618


Xunta de Galicia
ADEGA
CEIDA,
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia




14 abril, 2010

Miscelánea


Camiñante, si que hai Camiño!


Levamos XX séculos facendo Camiño, pola terra e polo mar; polo aire, algo menos, que non hai constancia de que Ícaro viñese a Compostela. O noso señor Santiago, o primeiriño dos peregrinos da Gallaecia, tivo que vir polo mar, á forza, pois, de escarmentado Aníbal, ¿quen ousaba traspasa-los Perineos, e menos sen elefantes dispoñibles? O que está sen descubrir é se o Fillo do Trono veu nun daqueles trirremes que facían a rota Ostia-Tarraco, e despois, xa en terra, cruzaría a Meseta nun cabalo branco, acaso prestado, pois milagre sería que llo regalasen; pero tamén puido arribar nunha barca daquelas ladroeiras, que tanto podían vir á pedra de Porriño, coma ao estaño das Casitérides, e xa non digamos para levar o viño de Amandi, ou o trigo do noso Flammoso… ¡O caso é que veu!

Eu inclínome a pensar que o fixo por Tarraco, pois, cando quixo irse, decepcionado da abstención galaica, ¡e iso que se presentou nunha lista aberta!, ¿por onde retornou? ¡Por Zaragoza, por xunto daquel Pilar, onde a Virxe lle esixiu que volvese ancas, que non abandonase a terra verde, unha terra fecunda por difícil que fose de fecundar!

Os camiños xerais, meu querido Antonio Machado, si que están feitos; e todos conducen a Santiago! O que lle falta a cada quen é o seu camiño privado, o íntimo, reflexivo e contemplativo. ¡Facédeo, que vale a pena, e se é por Castroverde, de par de Pena, aínda máis verde, o súmmum! No resto estou conforme con Machado, e para dar fe diso, aquí relembro os seus filosóficos versos; en castelán, por suposto, pois ninguén me negará que a poesía, como voz das propias entrañas do poeta, é intraducible; pódese anosar, que diría Cunqueiro, pero nunca traducir. Aproveito para pedirlles aos meus paisanos de Castroverde que alcen, que realcen, o noso Camiño, o máis puro de todos xa que foi o inicial, por riba da prosa, que tanto o merece; ¿ou é que todos somos prosaicos? No ínterim, conformémonos coas verbas de don Antonio, que ben as entendemos xa que un galego, todo galego, comprende a Castilla, como un pai a unha filla!

Caminante son tus huellas
el camino nada más;
caminante no hai camino

se hace camino al andar.

Al andar se hace camino

y al volver la vista atrás

se ve la senda que nunca

se ha de volver a pisar.

Caminante, no hay camino
sino estelas sobre el mar.
¿Para qué llamar caminos

a los surcos del azar…?

Todo el que camina anda,

como Jesús sobre el mar.


Yo amo a Jesús que nos dijo:

Cielo y tierra pasarán.
Cuando cielo y tierra pasen

mi palabra quedará.

¿Cuál fue Jesús tu palabra?

¿Amor?, ¿perdón?, ¿caridad?

Todas tus palabras fueron

una palabra: Velad!
Como no sabeis la hora

en que os han de despertar,

os despertarán dormidos

si no veláis; despertad!
-.-

P.S./ Unha simple curiosidade: De Tarragona tamén procedía o primeiro dos Vilabellas, que por iso lle conservamos o “b”.

Xosé María Gómez Vilabella

08 abril, 2010

S.O.S CAMIÑO PRIMITIVO EN CARBALLIDO (LUGO)

Mapa da zona do Campo da Festa de Carballido (Lugo)

Amigos do Patrimonio de Castroverde
denuncia unha desfeita máis no Camiño Primitivo


Neste caso pódese comprobar que o Campo da Festa de Carballido (Lugo) non estaba pechado en Decembro de 2009, e hoxe está pechado. O lugar do palco é por onde ía o vello Camiño, e os peregrinos teñen agora que saír á estrada da Fonsagrada uns dous quilómetros.
¿Non haberá sitios e sitos onde facer as festas das parroquias que non sexa tronzando o Vello Camiño, un dos meirandes tesouros de Galicia?
Amigos do Patrimonio de Castroverde solicita que se repoña a accesibilidade do Camiño nas condicións previas, cambeando a localización do palco, ao tempo que sexa "liberado" o Camiño das "apropiacións" levadas a cabo ao seu paso pola urbanización "As Regas" e outras fincas particulares.
As fotos, probas do que denunciamos.