Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

19 noviembre, 2009

ROTEIRO POLA VÍA XIX (14-11-09)

Diante da Igrexa de Uriz

BREVE RESUME DO ROTEIRO

DESDE ARXIMIL (O Corgo) ATA TÓRDEA (Castroverde)

O sábado, día 14, do mes de Santos ou San Martiño tivo lugar o roteiro desde Arximil, como diciamos ao comenzo ata Tórdea. Saímos arredor das 10:00 h. de Arximil, visitando a igrexa, visita á fermosa ponte de Galiñeiros, ao seu carón xuntan augas o río Chamoso que nace nos regos de Pena e Bolaño en Castroverde e, o río Racamonde, da Pallota ou Romeán, (chamado, polo menos con eses nomes, segundo os lugares) que, nace tamén en terras de Castroverde nos regos de Francelos, Córneas e/ou A Meda. Seguimos camiñando paralelo ao Agger (Camiño alombado construído con pedra e especie de barro, ao estilo das calzadas romanas, cunha anchura aproximada de 12 mestros e altua dun metro, hoxe cubertos de arboredo, silvas e toxos) (Vía Romana, neste caso, XIX), cerca de Adai puidemos ver un dos primeiros restos, mais iamos encontrar máis ao longo do percorrido, xa nos explicaban o Sr. Colmenero e a súa dona, Sra. Covagonga, desde este primeiro momento e, aos que damos as grazas por ternos acompañado un día máis nas nosas viaxes e roteiros, comentándonos que se fose noutro país estes restos de vías estarían protexidos e, totalmente recuperados. En Adai, breve parada para comer un taco e, de seguido baixamos ás aceas de Adai e, desde aquí á Capela das Virtudes que xunto coa fonte foi e segue a ser un lugar de peregrinación. Lugar este, sen dúbida, cristianizado, con lendas, lugar de curacións de enfermidades da vista, da pel, etc.; frente a esta capela hai moi ben conservado o segundo resto de Agger que, faciamos antes referencia, animábanos o Sr. Colmenero a falar cos propietarios e proceder á súa limpeza. Desde aquí a Campelo, mais antes, voltamos a ver restos doutro Agger, e por arredores de Campelo volvemos ver restos ben conservados do Agger. Desde aquí a Fonteita e Chavín, que conserva a igrexa con sabor románico, aínda que só conserve unha ábsida e, finalmente Tórdea, un mini museo, como alguén o ten descrito. O Sr. Colmenero explicou toda a simboloxía deste santuario, cos seus restos prerrománicos, románicos, medievais e séculos XV –XVI, que lástima de sepultura pegada á igrexa e poste do tendido eléctrico que afean a súa contorna. Facemos votos para que isto se chegue a solucionar. Os miliarios que están dentro e fóra da igrexa indican a importancia deste lugar, pero non só na igrexa, senón que varias casas conservan diferentes restos, miliarios e outras simboloxías e, nos arredores de Tórdea, temos restos de minas romanas, no lugar da Fonte da Torre. Novamente, o Sr. Colmenero, anímanos a sacar eses feísmos e que os miliarios os recuperemos para ou ao carón do fermoso carballo de Tórdea. Aquí rematamos o percorrido, mais de volta á vila de Castroverde e, xa fora da Vía XIX fixemos unha pequena parada, noutra igrexa ben fermosa, igrexa de Uriz que ten un encanto especial tamén, tanto polo seu conxunto arquitectónico como pola súa fermosa pía bautismal.

Pola tarde Asemblea Ordinaria onde tratamos diversos temas relacionados coa marcha da asociación, con diversos debates que aquí non imos expoñer, relacionados con actividades realizadas e actividades do vindeiro ano.
O principal punto era a elección de Xunta Directiva, onde se animaba a socios e socias a presentar candidatura, mais como vén ocorrendo en case todas as asociacións, os candidatos escasean, chegados a este punto, quen isto escribe, dicía que se tiña que renovar a metade da Xunta Directiva, a renovación non foi moita, mais quedou formanda polos seguintes membros.

-Presidente : MANUEL MUÑIZ BESTEIRO

-Vicepresidente : MANUEL GÓMEZ ARROJO

-Secretario : JOSÉ YÁÑEZ BASANTA

-Vicesecretaria: MARINA SEIJAS CARBALLEDO

-Tesoureiro : PEDRO GONZÁLEZ TORRES


Vogais:


-CARME GARCÍA SAL

-ENRIQUE LUIS GONZÁLEZ RIOBÓ

-PABLO CASTEDO LENCE
-FRANCISCO PESTANA DÍAZ

-FELIPE ARIAS VILA

-SABINO BESTEIRO TRASHORRAS


A renovación, non sei se foi do 50%, mais aledámonos de que entraran dúas mulleres e, algunha renovación si que houbo.

A día 15, do mes de Santos de 2009.

Saúdos, Saúde e Terra.

Manolo Muñiz

No hay comentarios: