Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

05 agosto, 2008

En Castroverde de Campos os días 2 e 3 de Agosto


Breve resumo dos Actos de


Hermanamiento-Geminação–Irmandamento
dos
Castro
verdes
da
Península Ibérica



Como estaba previsto, durante a fín de semama dos días 2 e 3 de agosto celebráronse os actos do Segundo Irmandamento dos Castroverdes Ibéricos en Castroverde de Campos, provincia de Zamora. Arredor das 11:00 h. do sábado fomos recibidos polo Sr. Alcalde desta localidade, D. Cecilio Lera e polo presidente da Asoc. Castrum Viride, D. Sarvelio Villar, acompañados polo grupo de Dulzaineros e polo pobo en xeral. Agradecemos a toda a xente a boa acollida con que nos recibiron.

Por parte de Castro Verde de Portugal participaron nos actos a Câmara de Castro Verde (representada polo seu presidente D. Francisco Duarte, e D. Miguel Rego) e a Asociación Cortiçol, representada por Joaquim Rosa da Comarca do Alentejo- Portugal.

Por Castroverde de Lugo, asistiron varios representantes políticos -o Alcalde, D. Xosé Mª Arias, o Teniente Alcalde, D. Fernando Pillado, e o concelleiro D. Pablo Ferreiro-, así como preto de 20 persoas da Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde.

Logo da recepción diante do Concello, visitamos á vila, asistidos por D. Jesús Cuesta, quen nos deu interesantes explicacións sobre varios monumentos: Igrexa de San Nicolás, Igrexa de Santa María del Río e Convento de San Francisco. Foi neste convento de S. Francisco onde tivo lugar o acto central da sinatura do segundo acto de Irmandamento, o cal resultou moi emotivo, aproveitando despois para visitar o claustro do convento. Seguiu a plantación dunha aciñeira no Parque Infantil, realizada polos tres alcaldes, os representantes das asociacións culturais e a xente da vila, como símbolo do Irmandamento.

Máis tarde, procedeuse ao descubrimento dunha placa nunha praza da vila –á que se deu o nome de Praza dos Castroverdes Ibéricos-, a un mural conmemorativo do Hermanamiento- Geminação –Irmandamento dos Castroverdes, suxeito na fachada da Casa Consistorial, no que figuran os escudos de todos os concellos irmanados e rexións e estados aos que pertencemos. Logo, na praza Maior, intercambio de agasallos e actuación do Grupo “Bajo Duero” de Zamora.

Tralo xantar, charla moi interesante arredor do significado da construcción dos Palomares da Terra de Campos, no Centro de Documentación del Palomar, continuando á media tarde coa visita a unha mostra de arte e ofizos tradicionais, produtos da Terra de Campos e xogos tradicionais. Á última hora, novamente no Convento de san Francisco, interpretación musical polo Grupo Habaneras de Mayorga de Valladolid. Esta xornada do sábado rematou cunha cea e interpretación de cantares populares, castellanos, portugueses e galegos.

O domingo, día 3, paseo polo Canal de Castilla. Tiñamos oído deste canal, mais non nos imaxinabamos a importancia desta obra e o que supuxo para toda a Comarca de Campos ata a chegada do ferrocarril. Hoxe é un fermoso paseo e un pulmón de osíxeno para a seca Castela. Coa comida do medio día, interpretación de cántigas e queimada terminou este encontro, con ánimos de que se intensifique o irmandamento e propostas moi interesantes -como a creación dunha páxina Web dos Castroverdes Ibéricos e a realización de futuros intercambios culturais entre os pobos Irmandados- e o desexo de que esta interrelación se estenda a nivel de escolas e familias.

Máis información en:

Hermanados por el nombre (El Norte de Castilla)
Unidos por el nombre (La Opinión de Zamora)

Máis fotos


1 comentario:

Marta dijo...

Qué iniciativas máis fermosas se están dando, unindo dous pobos por teren o nome en común.

Oxalá estas iniciativas se deran en máis ámbitos da vida, e se buscase máis a unión e o enriquecemento mutuo, e non as diferencias, coma se fai moitas veces.

Unha aperta.