Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

24 diciembre, 2007

Animádevos a facervos socios da ASOCIACION AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE

ORDE DE PAGO

Don/Dona.............................................................................................................................

domiciliado na rúa / parroquia /aldea.............................................................nº..................

............................................................................................................................................

Tefono.; fixo e móbil.:..................................................................DN................................

Correo electrónico...............................................................................................................

AUTORIZA AO:

(BANCO/CAIXA)..............................................................................................................

para que cargue as cotas de afiliación que pase ao meu nome a ASOCIACIÓN AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE”, na miña conta corrente ou libreta nº (poñer os vinte díxitos)

COTA ANUAL - 10 €

Ent.: ________Ofic.:_________D/C________Nº de Conta_____________________

.......... .........., a _______de _______________________de______________

ASDO.:



21 diciembre, 2007

Resume actividades 2007

RESUME ACTIVIDADES 2007

.- Todas as Actividades estiveron encamiñadas a promocionar e protexer o noso
Concello

Xaneiro
1.- Roteiro: Córneas – A Meda – Barredo – Ata o Camiño Primitivo
Realizado o día (13-01-07)
A partir desta visita comezamos a traballar na protección dos cumios de
Pena Branca, Pico do Outeiro e outros cumes de interese da zona na
Parroquia de Barredo e A Meda. Teñamos en connta a proximidade do
Camiño Primitivo.  

Febreiro
2.- Roteiro: Forno da Vella – Santa Xuliana – Gracián - Paderne (Por aquí pasaba unha derivación do Camiño Primitivo) e de Paderne a Soutomerille.
Realizado (10-02- 06)

Marzo
3 .- Realizar unha xornada de lectura de obras diversas e con diferentes autores, no CPI
de Castroverde, en torno ao día da muller trablladora, e presentación do libro As feiras de Castroverde non século XX. Realizado (09-03-07)
4.- Roteiro Francelos – Castedo – Serés ata Penalonga (no Camiño Primitivo), ou ben,
de Serés a Bolaño – San Martín de Bolaño (por onde ía o antigo Camiño Primtivo)
Realizado (10-03-07)
5.- Presentación oficial do libro As feiras de Castroverde . Realizado (15-03-07)
6.- Saúdo á primavera desde o Camiño Primitivo en Castroverde e Soutomerille.
Lectura de poemas Realizado (21-03-07)
7.- Visita á zona de Vedra-Silleda para ver a restauración de muíños,
xunto con outra asociaión os Muiñeiros. Realizado (24-03-07)

Abril
8.- Viaxe Cultural por Galicia:
Día 3 de abril
- Visita ao Parlamento. Visita ao Museo do Pobo Galego. Visita á Catedral.
- Pernoctar nunha zona preto de Pontevedra.
Día 4 abril
Visita a Lourizán . Visita ao museo e cidade de Pontevedra.
9.- Roteiro das igrexas románicas, castros, mazos e muíños:
d.1.-) Espasande –Goi – Tórdea – Uríz ...) xunto coa Asoc. Arcas de Sarria
Realizado (21-04-07)

Maio
10.- Roteiro por outros lugares: A Marronda; Fonteo – Cortevella
Coa Asoc. Francisco Lanza de Ribadeo. Realizado pola mañá ( 17 -05-06)
 .- Actos da conmemoración dos 550 anos de Vilabade, 17 de maio de 2007, pola
tarde.
11.- A Asociación participou nas Xornadas de ADEGA en defensa do Patrimonio
paisaxístico do Courel. Realizado 12, 13 de maio

Xuño
12.- Roteiro pola zona de Furís-Paramo (Carballal de Furís) . Realizado (23-06-07)

Xullo
13.- Participar nos Actos da conmemoración dos 550 anos de Vilabade .
Realizado 14 de xullo de 2007  

Agosto
14.- Roteiro por Barreiros ata os Castros. Xunto co grupo de Pena Tallada, da Asoc.
Francisco Lanza de Ribadeo. Realizado (04-08-07)
15.- Actos de Irmandamento entre os Castroverdes da Península Ibérica: Castro Verde de Beja (Portugal), Castroverde de Campos (Zamora), Castroverde de Cerrato (Valladolid) e o noso Castroverde.
Actos celebrados os días : 23, 24, 25 e 26 de agosto de 2007

Setembro
16.- Participar coa Asoc. Arume do Corgo en Roeteiros e conferencias.
Realizado (1 e 2 –09-07)
17.- Roteiro por Redes-Ares e Mugardos. Realiazdo (15-09-07)
18.- Facer de “guias” nunha visita que fixo a Asoc. Fonte da Xonza de Friol a Castroverede. Visita a : Soutomerille, Campo da feira, Torre de homenaxe, Mirador e Vilabade.
Realizado (28-09-07)  

Outubro
19.- Participar en Actos celebrados pola Escola de Arquitectura da Coruña no lugar de
Redes. Realizado 20-10-07)
20.- Roteiro polo Courel, xunto coa Asoc. Arcas de Sárria, onde ele fixeron de guiras.
Realizado (27-10-07)

Novembro
21.- Roteiro polo Camiño Primitivo; Castroverde- San Miguel- Penalonga, e desde aquí subir a Recesende para limpar os sartegos desta parroquia e os da parroquia de Goi, e colocar indicadores dos monumentos funerarios.
Realizado o día (10-11-07)

Decembro
22.- Visita Castroverde de Campos para agradecer e continuar coa idea dos Irmandamentos encamiñados, asinados en agosto deste ano 2007. Realizado (01-12-07)
23.- Roteiro para despdir o ano: Vilabade –Vilalle (por onde ía o antigo trazado do
Camiño Primitivo) - Frairía – Masoucos – O Albardeiro.
Realizado (15-12-07)

Todas estas actividades poden verse en:
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/


E para que así conste, asina

Asdo.: Manuel Muñiz Besteiro
(Presidente)

En Castsroverde –Lugo, a 20 de decembro de 2007

Miscelánea
A NOITE VELLA DOS HÓRREOS

Achegas de


Xosé María Gómez Vilabella


Nestes días de Nadal, por moito que o queiramos disfrazar, quen máis quen menos ponse a parir: ¡a parir nostalxias!
Servían para todo: Para recolle-la leña de acende-lo lume, abeirábanse os galos, ben alleos á mortaldade que lles esperaba precisamente por culpa daquelas festas, ¡a falta de pavos! Estaban fresquiñas as patacas, as castañas, as mazás, as noces… ¡Foron a nosa verdadeira árbore navideña, pois, para decoración vexetal, xa tiñamos, e gozabamos, do plantío natural, máis ou menos achegado ás casas, ¡e con colgaduras así mesmo naturais! Gotas da choiva, xeralmente carambos de xeo, que perlas máis brillantes non as tiñan, ou non as ensinaban, os da capital. No alto, as estrelas: ¡Todas, a de Belén incluída!
Debaixo do hórreo tamén era costume reuni-la veciñanza, ¡para ensaia-las panxoliñas! ¿Que aldea de máis dunha casa non ensaiou, e gozou, con aquelas rimas, xeralmente redactadas polos frades de cada convento, de centos deles, pois os curas eran máis dados aos responsos, quere dicirse, ao futuro anímico.
E logo estaba a emigración, abeirada por onde podía, sempre morriñosa, recordando, evocando, aquela fartura do hórreo dos seus entregos, mentres eles bagoaban, suspirando polo retorno, ¡a ser posible con cartos, pois o fracaso migratorio sempre foi terrorífico en terra de cristiáns!
Se nalgunha casa houbese mala recepción aos cantadores dos Reis, a despedida era doada de memorizar:

Canteiche os Reis, guedellos de cabra;
canteiche os Reis, e non me deches nada!


Pero como tampouco é cousa de poñerse morriñosos a estas alturas do século XXI, tan feliz e tan próspero que nos será a xulgar polos vaticinios dos nosos políticos, ¡merquemos frigoríficos e tiremos cos hórreos, pois, nesta abundancia global, as economías sobran, incluso esas que chaman de escala!

Nesta confianza, nesta esperanza, ¡Felicidades, particularmente aos ricos, xa que cabe esperar que se sintan cadora máis felices moderando as súas apetencias, que aquilo de sentar un pobre á mesa polo Nadal, afortunadamente está superado! ¡Daquela, parabéns, tanto aos da dereita como aos da esquerda, aos de arriba coma aos de abaixo!

Nadal 2007


A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, deséxavos unhas BOAS FESTAS DE NADAL E ANO NOVO, e no seu nome, Manolo Muñiz
Miscelánea

Mingos da Pumarega

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella

Repasando o meu cartapacio de mitos e lendas de Castroverde atopeime coa estatística predominante das que teñen polo menos unha bágoa, pero esta, este romance que vou referir, ¡un de tantos, que os empezamos a esquecer!, ten a particularidade de que empeza en bágoas pero remata con auga bendita.
-Leonor, téñome que ir, que teu pai apúxome os cans, outra vez. Daquela subinme ao carballo do prado da Fonte, e grazas que apuntou mal, pero aínda así meteume un trabucazo no cu, que mal se viu miña nai para quitarme os perdigóns cun coitelo que roxou na lareira. Por iso traio as mans na cueira, que non resisto as dores.
-¡Se te vas, Minguiños, eu fuxo contigo!
-¿Ti, miña Leonor; unha fidalga?
-¡Marquesa era miña avoa, cando de Aquitania veu; e meu avó só era fidalgo, cando en París casaron! Daquela levemos dúas aguas…, e como eu xa fun á Coruña, aos baños, sei o camiño!
-Ti ben falas, Leonor, pero dúas pasaxes para Cuba custarán o demo de cartos. Se me vou só, podo traballar de fogueiro, no vapor…
-¡Só non te vas, que eu contigo quero casar! Meu pai ten onzas de ouro, por riba da trabe do salón grande, por se o rouban os liberais…, ¡que ben o vin subirse con elas ao faiado!
-¡Non che acepto, miña Leonor, ese pecado, pois quitarlle ao fidalgo a filla e mailas onzas…, dous pecados serán! ¡Daquela si que me esfola, que xa mo ten prometido, e iso que só lle quero a filla, que das onzas non entendo!
-Máis lles quita el aos dez caseiros que ten desde aquí á Folgosa, pasando por Agustín, que os pobres non levantan cabeza; sequera ben lle digo que polo menos lles arranxe as casiñas, que non hai dereito para que nosoutros vivamos neste pazo, e que a eles lles chova nas súas choupelas…
-A ti sóbrache corazón, miña Leonor querida, que se non foses así, xa nin deste criado te namorarías!
-¿Non se di que casamento e mortalla do Ceo baixan? ¡Ti, para min, do Ceo viñeches!
-¡Non tal, que vin da Frairía; son fillo dun caseiro e dunha criada deste lugar!
-Meu Minguiños, ti es o único mozo que me chamou polo meu nome con amor, que os demais, aqueles que me esculca meu pai, eses chámanme Leonor ás bravas, matinando onde teremos aquelas onzas de ouro do marquesado de Aquitania, que ben llelo noto nos seus falares!
-Xa que logo, falando das onzas…; coido que con dúas haberá bastante para os teus gastos, pois eu, atizando ás caldeiras do barco, merecerei a pasaxe; e despois, en Cuba, seica pagan ben aos cortadores da cana, que eu gadañar sei, e forte que son, que podo contigo no colo… O que sinto é o desgusto que lle daremos a teu pai!
-¡Non sente el o desgusto que me dá a min tentando mata-lo home que comigo casará, pois, dos outros, xa cho dixen, nin fu nin fa…, por fidalgos que sexan, ou aparenten!
-Miña Leonor, ¿e se non temos sorte en Cuba? ¡Nunca mo perdoaría!
-¡Se non tes sorte, eu sei bordar!
-¡A señorita dun pazo non pode emigrar!
-Minguiños, a señorita dun pazo tamén debera ser libre para casar! Xa ves ti que clase de vellos esculca meu pai, que todos son usureiros…, ¡e feos a rabiar!
-El quere a túa prosperidade, e como todo por aquí non quedan xudeus…!
-¡A súa prosperidade, quererás dicir, que ben leva dito que non parará ata ser Coronel Carlista…
-Se tan decidida estás, fuxamos…; ¡mañá mesmo!
-Mañá non poderá ser, que non podes montar por culpa desas chagas que che fixo meu pai!
-Iso é verdade. ¡Mira que se me chega a cegar, e grazas que lle puxen o traseiro, naquel carballo subido!
-Logo hai outra cousa, Minguiños da alma, ¡que estes días non temos luar, e daquela perderíamos o Camiño Real!
-¿Cando nos confesamos, aquí ou na Coruña?
-Non sexas parvo, Minguiños. Témonos que confesar en Cuba, pois ata que aló cheguemos o noso pecado non estará consumado, e se antes nos roña o Cura, ¡amólanos a escapada!

Xa ían chegando ao San Xoán de Segovia, envoltos en cadansúa manta, encamiñados cara a Lugo, cando lles deron alcance os facciosos do Señor da Pumarega, alertados á media noite de que faltaban dúas bestas… ¡A que alí se armou, que incluso lles apuxeron os cans para espantárlle-las eguas! Naquelas carreiras persecutorias, por entre dos pinos de Segovia, soaron uns pistoletazos, naturalmente apuntándolle ao Mingos, pero tampouco atinou esta vez o Señor da Pumarega pois deulle nunha perna á súa filla, e caeuse da besta, estrapelada no chan, envolta na súa manta de Palencia. ¡Por pouco a remata aquel cegarato de pai!
En canto ao Mingos, non tivo máis alternativa que rebenta-la súa egua, así que entrou en Lugo pola Chanca, cas dúas onzas de ouro no peto, descalzo do pé e da perna e chorando os seus chorares. Foise de inmediato para Coruña, de cocheiro da Carrilana, que así saíulle de balde; e de Coruña a Cuba, padeando carbón no inferno dun barco da Mala Real Inglesa, pois aquel par de onzas seguiría no peto, ¡ata que encontrase unha industria onde poñelas a medrar!
Xa en Cuba, fixo de todo. E alí soubo que dona Leonor da Pumarega non saía do xardín do pazo; ¡nin á Misa, que lla dicían na súa capela, sempre arrimada á caxatiña por culpa daquela coxeira, que a tiña baldada! Cando tal cousa lle dixeron, Mingos xuroulle a Deus que rico ía volver, ¡aínda que tivese que roubar! Con intención ou sen ela, non lle fixo falta tal cousa pois fixera amizade cun vasco que era moi argalleiro, e fóronse os dous, coas onzas do Mingos, para Vuelta Abajo, onde explotaron unha maquiniña de face-los cigarros, que os deixaba tan rematados que de seguida se fixo famosa aquela marca, a “Irigoyen”.
Dez anos pasaran cando volveu Irigoyen dunha viaxe pola súa terra, que conseguira vende-los seus cigarros, ¡por toneladas!, por aquilo do nome vasco, amén da calidade:
-¡Ven aquí á oficina, socio, e para de traballar, que levas dez anos seguidos que nin á Misa vas!
-Ti viaxa e reza por min, que iso dáseche ben. Eu teño que dirixir esta xente, brancos e negros mesturados, ¡co exemplo da convivencia, que é como mellor se fai!
-¡Pois precisamente da miña viaxe che quero falar! Alí, no Casino da miña Easo, atopeime cun carlista arruinado, ¡un galego, que vendía o seu pazo para seguir xogando!
-¿Un pazo…? ¿Onde, que o merco eu?
-¡Onde vai ser: no teu Castroverde! Pero diso da compra chegas tarde…, ¡que xa llo merquei! O que non sei é se fixen ben ou mal, pois a velo non fun. ¡Aquí tes a escritura…; e non me digas que volvín de España sen un regalo para o meu socio! Estoutro documento é o da miña doazón…, que de entrada non puxen o teu nome por…, ¡por se non aceptaba a operación aquel don Lucas da Pumarega!
-¡Que Deus te bendiga, amén! Eu, en cambio, cédoche a miña parte na empresa do tabaco, e coa mesma saio para La Habana, para embarcarme…

Aos dous meses, Irigoyen recibiu esta carta:

Benquerido amigo: Escribímosche precisamente desde a túa terra, desde San Sebastián, que estamos aquí no hotel da praia da Concha… Escríbeche a propia Leonor, que lle dá ben á pluma…, mellor que aos seus peíños! Viñemos en busca de seu pai, para rescatalo do Asilo; el di que está arrepentido e agradecido, pero disto non se fale máis.
Aló na Pumarega deixamos dez canteiros facendo unha gran solaina, para que se asolle Leonor. Aínda non casamos pois ela, que non é rancorosa, quere que estea seu pai na voda, que nos casará o bispo de Lugo…
Como ves, desde agora todo será paz e graza de Deus, pois o meu Mingos volveu á Misa, que incluso se confesou… O que moito sentimos é que ese negocio do tabaco non ande só, para que puideses vir a Galicia, de padriño noso.
Lembrámoste co meirande agradecemento de nolos dous; estes, que lo son, Leonor e Mingos.
P.S./ Esquecíasenos dicirche que me operou, aquí en San Sebastián, un cirurxián que fuma puros Irigoyen. Quitoume aquela bala que tiña na coxa, e xa me noto máis aliviada, tanto, que espero subir ao altar sen caxata!

O que queira saber algo máis daqueles señores da Pumarega terá que agardar a que lles preguntemos no Ceo, pois o vello dese lugar que me contou esta historia, outros detalles non sabía, ou se lle esqueceran!

(Rapaces de Castroverde, en particular os do CPI, un consello: Apresurádevos a preguntarlles aos vosos vellos, antes de que saian de viaxe, as historias da vosa familia e do voso lugar, que esas ocasións son das que se van e non volven!)

Breve resume do roteiro do día 15-12-2007

Roteiro de remate do ano por terras de Vilalle, A Frairía e Masoucos

Noutro fermoso día, o sábado15 de decembro, fixemos o último roteiro deste ano polas terras de Castroverde. Saimos de Vilabade camiño de Vilalle, camiño que garda o seu encanto en varias zonas. Lembremos que por esta parroquia pasaba o trazado orixinario do

Camiño Primitivo, pero varias circunstancias, (incribles), a comezos dos anos 90 fixeron variar o seu trazado. Esta parroquia garda o seu encanto coa igrexa encima do castro, como moitas do noso Concello. Logo subimos ata a Frairía, parroquia na que visitamos a súa interesante igrexa (ver fotos). Desde aquí subimos a Peredo, onde nos agardaba o noso amigo Paco Pestana. E algúns aproveitaron para ver as tarefas da matanza. Desde aquí subimos á Parroquia de Masoucos, onde a súa igrexa ten o seu encanto (ver fotos) situada tamén ao carón do castro. Salientar nesta parroquia o teixo da casa de Dourado. Logo, algúns baixamos por Trascastro onde puidemos ver a súa fermosa fonte, en total abandono, e algunha interesante casa. Desde aquí baixamos ata o Albardeiro.

Un saúdo e ata o vindeiro ano
Manolo Muñiz











13 diciembre, 2007

Miscelánea


Veciños ilustres:

JULIÁN BESTEIRO FERNÁNDEZ

Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella



Nesta ocasión non vou ser o relator, senón un simple transmisor; por tanto, non son meus os datos nin as ideas, pero, o que si afirmo e sosteño é que, pertencendo nós ao antigo Condado de Chamoso, con cabeceira no castelo de Castroverde, segundo é público e notorio, temos a obriga moral, ou cultural, segundo se prefira, de coñecer aos veciños ilustres nativos e/ou procedentes desta bisbarra.

A achega que vou incorporar versa sobre Julián Besteiro Fernández, e é da autoría de D. Amador Rego Villar-Amor, quen aparece na seguinte fotografía ao pé dun busto do precitado Besteiro Fernández. Esta disertación deuna o señor Rego Villar-Amor o pasado 19-11-2007, en Punto Radio Ourense, FM 89,9




Dixo:

Hoy quisiera hablar de una persona que admiro profundamente y le tengo un gran respeto, y es un gran desconocido. Es un gallego ilustre Julián Besteiro Fernández, que nace en Lugo (Santa María de Franqueán) el día 21 de Septiembre de 1.870. A los pocos días sus padres se marchan para Madrid y allí es inscrito como nacido. Profesor en el Instituto de Orense desde septiembre de 1.897 hasta diciembre de 1.898; por todo ello le tocó vivir en nuestra ciudad el desastre histórico de 1.898. En 1.912 se casa con Dolores Cebrián y gana la cátedra de Lógica en la Universidad de Madrid.

Forma parte de la UGT y del Partido Socialista; pasa a ocupar la presidencia de ambas formaciones, en diciembre de 1.925, a la muerte de otro gallego, Pablo Iglesias Pose. En febrero de 1.931 deja por voluntad propia las dos presidencias. Con la llegada de la 2ª República es nombrado Presidente de las Cortes por 363 votos de un total de 372. Cuando estalla la guerra civil en 1.936, algo que había pronosticado 5 años antes, para luego decir meses después: “La verdad real estamos derrotados por nuestras propias culpas. Claro que el hacer mías estas culpas es pura retórica. Estamos derrotados nacionalmente por habernos dejado arrastrar a la línea bolchevique, que es la aberración política más grande que han conocido los siglos”. Setenta años más tarde se confirman con total plenitud sus palabras.

Pero volviendo atrás quiero decir que es una de las figuras más populares y respetadas de la 2ª República, pero a pesar de ello es el más grande de los olvidados de la última experiencia republicana. Un hombre que ha sabido compaginar como nadie su pasión por la libertad y de una manera muy especial y ejemplar por la Ética; esto quiero resaltarlo bien.

Volviendo al tema del inicio de la guerra civil, rechaza toda clase de razones y argumentos para abandonar Madrid; solamente abandona Madrid en mayo de 1.937 para asistir a la coronación de Jorge VI, en Londres, en representación de España, y aprovecha la ocasión para tratar de buscar la paz en Londres, y luego también a su paso por París, regresando a Madrid sin poder conseguirlo. Pero ante la contumaz insistencia de que abandone Madrid, dice lo siguiente: “Me quedo con los míos, correré la misma suerte que este pueblo sin igual, tan grande en el sacrificio. La gran mayoría de las masas numerosas no podrán salir, y yo que he vivido siempre con los obreros, con ellos seguiré y con ellos me quedo; lo que sea de ellos, será lo mío”.

Cuando entran las tropas de Franco en Madrid, el 28 de marzo de 1.939, es detenido en los sótanos del Ministerio de Hacienda, y en una alocución al pueblo de Madrid dice: “Salgan al encuentro de los vencedores con los brazos abiertos en señal de paz y reconciliación”. Otros tratan de huir de Madrid, tratando de alargar la guerra, pensando en unirla con la Mundial que se avecinaba, llevando consigo todo lo que encuentran.

Besteiro es detenido y juzgado en la Sala de Oficiales Generales en consejo de guerra, en la primera semana de julio de 1.939. El fiscal Felipe Acedo Colunga, que había sido alumno de él, pide la pena de muerte, pero el tribunal lo condenó a 30 años. Cumple condena en el Monasterio de Dueñas y el 28 de agosto es conducido a la cárcel de Carmona. Muere en unas condiciones inhumanas, el 27 de septiembre de 1.940, recién cumplidos los 70 años, a la misma edad que su maestro Nicolás Salmerón, tercer presidente de la primera república, que renuncia a su cargo por no firmar una pena de muerte en septiembre de 1.873. Cuando Besteiro murió, estaba traduciendo al castellano una obra del teólogo alemán Karl Adam; su título era “Cristo nuestro hermano”. Antes de morir, el general Varela y otros más le piden a Franco que, dado el estado de salud de Besteiro, lo deje morir en su casa, pero Franco no accede a este humanitario ruego.

En el juicio hay un testigo de excepción, que era Jhon Kennedy, con 22 años, el que fué Presidente 22 años más tarde, en 1.961, en conversación en la ONU con nuestro embajador José Félix de Lequerica, le dice a este que la defensa de Besteiro le había parecido excelente. La defensa corre a cargo de un joven abogado, decano de los defensores militares, Ignacio Arenillas de Chaves, Marqués de Gracia Real; tenía entonces 28 años; una persona excepcional en lo humano, jurídico y literario. Era de Ledesma, Salamanca (1.911-1.972)

Etc., etc.

Nota adicional de Gómez Vilabella: Eu mesmo, persoalmente, téñolle oído ao polifacético D. Manuel de Rivas Reija (a súa viúva vive actualmente en Fonteita, que é precisamente onde foi enterrado o Sr. Rivas), que lle constaba o nacemento de D. Julián no lugar de Franqueán; que el coñecía persoalmente a casa natal do mesmo, e que incluso tratara á “parteira” de tan ilustre natalicio, unha tal señora Apolonia… Os pais do neno, ao parecer de ascendencia xudía, regresaron rapidamente a Madrid, no seu carriño de cabalos, -segundo a mesma Apolonia, explicaba Rivas-, ¡para que o neno fose rexistrado como nado en Madrid, evitándolle o entón considerado demérito de ter nacido en Galicia!


Amigos do Patrimonio de Castroverde en defensa do patrimonio natural e urbanístico na ponte da parroquia de Bolaño

A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, coñecedora da Cofrontación que ía ter lugar o día 11 de decembro de 2007, ás 11:00 h., en relación ás obras de “encauzamento” do río Chamoso ao seu paso pola parroquia de Bolaño, fixo acto de presenza, e aínda que non tiñamos feita reclamación, estivemos no lugar para expoñer as nosas demandas, que consistiron no seguinte:

1º) A Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, apoia todas as reinvindicacións dos veciños en relación a que prevalezan os seus dereitos colectivos por encima dos particulares.

2º) Que o río que se pretende “encauza”, é unha das principais fontes do río Chamoso, sendo un dos afluentes directos do río Miño. Pedimos que se respete ese nome; río Chamoso.

3) Con respecto ao patrimonio, a Asociación estudará o impacto que pode ter esa actuación na zona que se pretende “encauzar”.

Coa asistencia do secretario e presidente da Asociación.

Bolaño-Castroverde-Lugo, 11 de decembro de 2007

NOTA:

No punto tres teriamos que ter engadido, que temos o patrimonio da ponte, do quiosco da música, e ao lado debaixo da ponte, lavadoiros, muíños, lagas de enlagar o liño, todo isto no entorno. Logo, como podemos observar nas fotos, croa da Valiña ou de Bolaño, Igrexa de Bolaño que se pode observar noutra das fotos. Todo o “encauce” e obra que se pretende tería un forte impacto na zona máis próxima, e no entorno.









08 diciembre, 2007

O roteiro de remate do ano


ROTEIRO, sábado, día 15 de decembro de 2007
Con este roteiro, queremos despedir os percorridos deste ano polo noso Concello.

Saída da praza de Vilabade: Ás 10:30 h. . (Aquí deixamos os coches)
Percorrido: Arredor de tres horas (6 / 7 quilómetros).
Vilabade - Vilalle - A Frairía – Peredo - Trascastro – Masoucos - O Albardeiro.

Traer calzado axeitado, hai lama nalgunhas zonas.
Xantar : Arredor das 13:30h. // 13:45 h.

AVISAR O ANTES POSIBLE POR MOTIVO DA COMIDA
Para facilitar a organización: Avisar antes do día 12 de decembro, mércores, de 2007; nos teléfonos habituais.

Agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo.

Castroverde -Lugo-, a 6 de decembro de 2007
Asdo.: Manolo Muñiz
Presidente


06 diciembre, 2007

Publicado en "La Opinión de Zamora"

TIERRA DE CAMPOS
Hermanamiento de los Castroverdes Ibéricos
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
La localidad de Castroverde de Campos acogió este fin de semana un acto preparatorio para el hermanamiento de los Castroverdes Ibéricos. Durante la reunión se sentaron las bases para la elaboración del programa que se desarrollará en la localidad de Tierra de Campos en agosto de 2008 y se realizaron visitas a las Lagunas de Villafáfila y a la población vallisoletana de Urueña, donde se hizo un recorrido por la villa y por el museo de Instrumentos Musicales "Luis Delgado". La jornada finalizó con una comida de hermandad en el mesón "El Labrador".

04 diciembre, 2007

Resume do viaxe a Castroverde de Campos e as lagoas de Villafáfila


O sábado, día 1 de decembro, unha pequena representación da Asocición Amigos do Patrimonio de Castroverde, fixemos unha breve visita, de cortesía, aos amigos de Castroverde de Campos.

Nun día, algo nuboso, pero que puidemos disfrutar coas visitas ás lagoas de Villafáfila, onde se xuntan milleiros de aves nos meses de decembro e xaneiro; e ao fermoso pobo de Urueña, onde salientariamos, a súa impresionante muralla e pobo moi ben conservado; á parte da muralla, son de subliñar o museo de exposición con instrumentos musicais de todo o mundo (“Museo de la Música”), as librerías e os mesóns típicos. Salientar tamén, que desde Ureña, comentáronnos, puidemos ver, a casa que posúe o cantautor Amancio Prada.

Pola tarde visitamos Castroverde de Campos, onde comemos, convidados polo Sr. Alcalde, Cecilio Lera, que rexenta o Mesón “El labrador”. Dámos as grazas desde aquí á Asociación “Castrum Viridi” representada por Sarvelio Villar e Pili, e ao Sr. Alcalde, Cecilio Lera e a súa señora, tamén a Avelio e Petri, que nos acompañaron.

Dicir unha vez máis, que esta visita, foi de cortesía e en agradecemento, ás relacións comenzadas no ano 2006, e á sinatura de Irmandamento que se realizou en agosto deste ano 2007.

Aproveitamos para comentar, que o próximo encontro para continuar cos Irmandamentos, será para o próximo agosto.

Manolo Muñiz




















01 diciembre, 2007

Convocatoria

I CERTAME LITERARIO: TERRAS DE CHAMOSO


BASES:

1. Temática: calquera que as musas vos indiquen, pero en LINGUA GALEGA.
2. Categorías: CATEGORÍA INFANTIL (dos 8 aos 14 anos). CATEGORÍA XUVENIL (dos 14 aos 18 anos). CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 18 anos).
3. Modalidades: POESÍA (de 30 a 60 versos) RELATO CURTO (de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo). NOTA: A categoría infantil non ten límite de espazo.
4. Premios: para cadansúa CATEGORÍA establécense 1º e 2º premio de poesía, e tamén 1º e 2º premio de relato. Cada premio consiste nunha figuriña de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma.
5. Presentación: cada participante poderá presentar varios traballos (non premiados noutros certames literarios). Entregaranse mecanografados (non é necesario na categoría infantil) indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal: nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. Remitiránse ao seguinte enderezo: Asociación Cultural Arumes. Guimarás 12, 27.163 O Corgo (Lugo).
6. Prazo: o prazo de entrega rematará o día 20 de decembro de 2007.
7. Xurado: estará composto por membros da Xunta Directiva da Asociación e por profesionais de recoñecido prestixio do mundo das letras.
8. Entrega de premios: a cerimonia de entrega de premios realizarase no marco de actividades que a Asociación Cultural Arumes ten programada para o Nadal.
9. Outros: a Asociación Cultural Arumes resérvase todos os dereitos de publicación das obras premiadas.
Organiza: Asociación Cultural Arumes do Corgo
Colaboran: Concello do Corgo
Deputación de Lugo
Manolo de Anseán (ceramista)


Miscelánea


Paseante en cortes (II)


Achegas de


Xosé María Gómez Vilabella

-II-

A viúva de Mirandela, de ben apertada que estaba, aquela noite non lle tivo medo ao trono; nin ao trono nin aos lóstregos, e iso que parecían laparadas, pois a debaixo das sabas o resplandor non chegaba. E se cadra non era para térllelo pois a casa queimouse…, ¡por culpa dun chisqueiro, que non do raio! Por culpa do chisqueiro e dos toxos que tiña a Beatriz, alí mesmo, no mesmo alpendre da porta, ben sequiños e abeirados para cocer pantrigo ao día seguinte, ¡cando volvese da feira!

Con aquela confusión do lume, non se sabe se Ramiro a colleu en brazos primeiro, ou se primeiro se puxo as cirolas; en calquera dos casos sábese que saíron xuntos, xuntos e ben abrazados, pola ventá de encima do alboio, ¡cando xa dominaba o lume! As enaguas tívollas que prestar unha veciña, pois a Beatriz, só coa saba, aterecía de frío; e como para daquela xa estaban os veciños de Mirandela carrexando caldeiros de auga, e tentando reunir no curral tódalas reses que se botaran fóra ao arder o portal da casa, ¡nin coa laparada viron qué camiño collía a besta do Ramiro, “a besta pardela”, que dicían os de Miranda en malévola alusión!

Cabaleiro a pelo, sen máis agardas nin monturas, perdeuse na noite o que xa perdido estaba. ¡Tal se perdeu, que nin a Miranda nin a Espasande en vida volveu!

Ninguén desconfiou do Brais; ninguén, en toda a bisbarra, agás Ramiro, que aínda que a pelo ía, de burro non tiña un pelo.

Ramiro de Espasande fuxira cara a Seixosmil, que xa sabía el que o cura daquela parroquia saíra carlista, e cabaleiros coma Ramiro…, ¡valen para tódalas guerras, polo guerrilleiros que son! Chegado que foi á reitoral da Esperela contoulles a trola de que collera a egua sen monturas, coma quen a leva á chousa grande, para que en Miranda non sospeitasen que se pasaba ás faccións carlistas, que estaba farto dos liberais de Castroverde, bisbarra incluída.

-Querido amigo, vés en boa hora, que nin caído do Ceo, pois casualmente téñome comprometido co Señor de Bullán, e tamén con Diego Osorio, meu parente meirego, de formarlles unha partida de dez homes que saiban disparar, ¡e maldito se voluntario atopo aquí no Val, que todos me din que as armas de fogo cárgaas o diabo! ¡Canta burremia teño nesta parroquia, meu don Ramiro!

-¿Dixo dez homes, Monseñor? ¡Pois só lle faltan nove! Se me dá a min as provisións, e maila soldada deses dez homes, vou de noite ás terras do Corgo, e xa verá El Rei don Carlos qué arte me dou para converter xudeus en carlistas. ¡É cuestión de predicarlles ao son das moedas!

Coa besta enselada, e coa mula do Esperela ben albardada, alforxas e marabedís, ¡para dez homes, dez meses nas Partidas!, Ramiro de Espasande fixo que volvía atrás para facciosos recrutar, pero onde realmente ceou foi na taberna de Tras das Fontes de Fonteo, que era onde se congregaban os que ían para Meira, ¡e con eles se foi! No convento de Meira tivo unha xuntanza con frei Gregorio e co cura Colmenero, aquel valente de Seixosmil, tan soado como sonado. Presentáronlle decote a don Diego Osorio, que era o Capitán daquelas milicias, ao que informou con sapiencia:

-¿Liberais en Castroverde? ¡Todos, a eito! Desde que non hai cadeas no castelo, e desde que quitaron a Inquisición do Barreiro, toda a bisbarra é un relaxo. ¡Miren como será a cousa, que xa poucos dormen coa súa muller!

-¡Pois hai que liberar Castroverde, unha terra santa, unha terra de conventos! ¡Por Deus, pola Patria e polo Rei! –exclamou Osorio, feito un cazador de osos.

-¡E de paso, Pena, que alí están os seus parentes, don Osorio, aqueles cos que vostede tivo preitos de herdanza, que por certo llos gañaron! ¡En Pena, de pena, nada, que todos son ilustrados, afrancesados, ceibes coma corzos! Que digo a verdade xúrollo por Deus, pola Patria e polo Rei don Carlos, noso Señor; ¡amén!

Nisto, de entusiasmados, feitos un enxame, e coa mantenza na mula, o cura Colmenero deu a orde de partir:

-¡Carlistas, a montar! ¡Carlistas, a Castroverde! ¡Carlistas a trunfar!

De momento, trunfar trunfaron, que Castroverde tomaron; e na taberna do vello Escardel, compadre do Ramiro, ben que se emborracharon. Ao outro día, oito de Setembro, era festa en Pena, e pareceulles que mellor ocasión para solta-la pólvora, imposible! ¡Dous, dous foron os mortos que alí se cobraron; dous mortos cos perdigóns polas costas, no propio torreiro, mentres a muiñeira bailaban!

Os do lugar saíron frechados a polas súas escopetas, que as postas do lobo gardadas estaban. Picaron esporas os de Meira, cada quen segundo podía arrear; detrás ía o Ramiro, porque a mula do compango facíase de rogar. Pero aos poucos apareceron os de Pena, ¡coas postas entubadas! Aló nas Veigas dos Feás, en Montecubeiro entrando e ás fontes do Azúmara chegando, Ramiro sentiu unha gran molleira no traseiro: ¡da cor do viño, mais viño non era! Daquela mesmo lle rendeu contas a Deus, ca non a El Rei; e todo iso sen Viático nin Confesión pois tanto frei Colmenero coma frei Gregorio rezando non ían, que tempo non tiñan. Á altura das fontes do Azúmara decatáronse de que non os seguía o cantineiro, pero daquela xa era tarde, así que nin para coller auga se apearon!

Engadiu o patrucio que mo contou que daquela os de Pena non só remataron aquela festa do Oito de Setembro enterrando aos seus mortos, a ámbolos dous, senón que aínda lles sobraron tempo e forzas para soterrar, nun deses pichocos das Veigas, tal e como caera da súa besta, ao piadoso carlista, aquel don Ramiro de tan infausta memoria.

Quen se esqueceu, de seguida, de todo isto, grazas á fraternidade do seu Brais, foi miña dona Francisca, que nunca máis volveu a mirar se baixaba ou subía aquel Ramiro polo camiño de Mirandela. ¿E que máis, se preguntará o lector curioso? ¡Pois…, pouco máis! Cantouse unha copla, outra, de feira en feira, referindo o caso daquel morto, rezagado, das Veigas dos Feás, pero isto non lle preocupou á Paquiña, ¡tan entretida que andaba estreando no seu Brais! En canto á viúva de Mirandela non lle quedou máis remedio que reconstruí-la súa casiña, e abrirlle a saba ao fantasma do seu home…, que ninguén se atreveu a imita-lo seu Ramiro, nin a pé nin dacabalo!

Para casar con seu curmán, a Paca non pediu licencias, pois o novo cura nada sabía da historia do seu predecesor; ¡nin diso sabía, nin falar oíra das fatídicas Leis de Mendel!

Por outra banda, os paseantes en cortes, ao escasear as bestas, nesta bisbarra extinguíronse…, de socato!

O tempora, o mores!, que así se expresou Cicerón lamentando a perversidade dos seus contemporáneos. Os pecados do presente son máis…, máis discretos, e logo que xa non saen nas coplas da feira de Castroverde; se acaso no “Hola”, ou nos telediarios! Por outra parte, ¿quen se lembra de Cicerón, nestes tempos do botellón!