Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

01 noviembre, 2007

As campás das nosas parroquias

Unha proposta de Xosé María Gómez Vilabella

¿Que podemos ter nas nosas parroquias que sexa máis patrimonial, significativo, antigo, entrañable, familiar…, cás nosas campás, tanto das igrexas parroquiais como das múltiples capelas, sexan públicas ou privadas, da nosa bisbarra de orixe, neste caso, Castroverde? Algunhas foron repostas e/ou restauradas, pero as máis delas presidiron a inauguración do templo primitivo, ¡que eses si que foron restaurados, na súa inmensa maioría!


A miña proposta é a seguinte: Que os nosos vellos nos refiran canta historia, sexa documentada ou lendaria, coñezan acerca das campás do seu entorno; e que, de non atreverse a redactar e informatizar os seus coñecementos acerca deste “tema”, como agora se di, que se poñan en contacto con alguén que saiba facelo, pois tódolos vellos temos fillos, netos ou veciños que lle dan á informática. E tamén á viceversa: Que os nosos Asociados, xunto coas súas amizades, cada quen da súa parte, localicen e contacten coas persoas coñecedoras do asunto aquí proposto. En definitiva, sexan curas ou segrares, que nos se vaia ninguén de viaxe para o Alén sen deixarnos, sen transmitirnos, os seus coñecementos.


Pola miña parte, e sen prexuízo doutras achegas, se cadra de xente máis documentada que este servidor, eu ocupareime das de Montecubeiro, precisamente esas das que deixou dito Lois do Cando na súa “VÍspora do San Xoan”: “¿I a campana? Non é pulla, / pró se está máis baixa a rouban / ca envexa que teñen todos / os máis das outras parroquias./ Do tempre desta campana / non se ten escoitado outra. / ¡Que alegre nas procesiós! / ¡Como repinica á groria! / ¡Que ben esconxura o trono / ca súa lengua maxestosa! / ¡E que triste toca a morto, / cando hai morto na parroquia!!


O simbolismo das campás é universal, mais, por se quedan incrédulos ao respecto, aporto aquí unha vella fotografía do momento da descarga da “Campá da Liberdade”, enviada desde os EEUU, como símbolo de reconciliación, e para subseguinte colocación na torre da Rathaus, Berlín Occidental, no ano 1.950.


¿Que; hai alguén que prefira irse para o Alén cos seus secretos, cos seus coñecementos, sen deixárnolos en testamento, sen transmitírlle-los aos seus conveciños?



No hay comentarios: