Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

27 noviembre, 2007

Próximas visitas aos outros Castroverdes

Unha pequena representación da Asociación Amigos do Patrimonio, vai facer unha breve visita de cortesía aos de Castroverde de Campos en Zamora, onde á parte de visitar aquel Concello Zamorano, visitaremos as lagoas de Villafáfila, entre outras cousas. A visita vai ter lugar, o próximo sábado, día 1de decembro.

Tamén no mes de decembro, intetaremos facerlles unha visita de cortesía aos de Castro Verde de Portugal, neste caso, a visita sería arredor do día 20 de decembro.

Estas visitas, responde a un agradecemento ás relacións que se comenzaron no mes de agosto deste mesmo ano, coa sinatura do Irmandamento entre os Castroverdes da Península Ibérica; é dicir, Castroverde de Campos (Zamora), Castroverde de Cerrato (Valladolid), Castro Verde de (Portugal) e o noso Castroverde.


A Xunta Directiva da Asoc. Amigos
do Patrimonio de Castroverde


26 noviembre, 2007

25 noviembre, 2007

Miscelánea


Paseante en cortes (I)


Achegas de


Xosé María Gómez Vilabella


-I-

Cando pasou aquilo en Miranda xa non mangoneaban en Castroverde os Condes de Altamira, que para daquela as miras eran máis…, baixas! Foi en tempo dos facciosos, séxase, dos carlistas. Mais empezarei pola copla, xa que dela vén esta historia. Por certo, que seica custou Deus e axuda face-las paces entre Miranda e Mirandela por culpa daquelas coplas; e aínda hoxe non é doado saber quen ten máis categoría, se os de arriba ou os de abaixo. Lémbrome que dicían:

Xa que andas montado, Ramiro,

a cabalo desa besta pardela,

vólvete deste mal camiño

que te leva ás merendelas.

Isto de aquí éche Miranda,

os fentos sonche de Mirandela;

esta de aquí éche a Paca;

pero a outra…, ¡unha calquera!

As cousas mal andaban, e non era para menos, pois o Ramiro de Espasande non acougaba en Miranda, onde casara un ano antes de saír a copla, coa mellor morgada daquel señorío. A culpa, se cadra, non era toda do Ramiro pois dábase o casual de que tiña unha besta trotadora que o levaba a onde codelos lle daban, que viña a ser onde as viúvas máis cariñosas estaban. Así que o Ramiro de Espasande chegaba, parrafeaba, metían a besta na corte, e…, ¡merendaban! Por veces ata se quedaba durmido nesas casas de fóra, e despois alegaba na súa que andara tratando de cobrarlles aos caseiros que tiñan no Corgo, e que sempre lle porfiaban para que non se marchase de noite, ¡por se os facciosos!, que daquela precisaban recadar cartos para as guerras de don Carlos María de Borbón. De tanto preocuparse por culpa de El Rei, en Miranda xa lle puxeran “Ramiro de Espasande, paseante en Cortes”.

Daquelas viúvas tan cortexadas, a de Mirandela non era morgada, pero o difundo si que o fora, e deu en coller medo ao fantasma do seu home, que dicía aparecérselle cunha saba ao lombo, ¡igualiño cá que lle puxeran no cadaleito! Ela chamábase Beatriz, seguramente polo guapa que nacera, ¡pouco menos garrida cá querida do Dante!, así que outro destino, ¡imposible! Está visto que os pais preocúpanse máis da categoría dos padriños que da acomodación fatalista dos nomes. Con aqueles ollazos, alargados polo seu chorar de viúva, e morenos de cinsa -que iso dicían as envexosas- por limpalos cun paniño que lle caera na lareira…, o bo do Ramiro púxose a mirar neles, fixamente, aquel día en que a súa besta ventou cebada, así que, ¡desde entón quitóuselle o medo á viúva de Mirandela, pois a súa fantasma non volveu, se cadra desenganada de que xa só era iso, unha fantasma!

Polo contrario, cando parou de chorar a Beatriz de Mirandela deu en lagrimexar a Paquiña de Miranda; ¡e menos mal que tiña un criado, moi sensible e moi servizal!

-¿Por que choras, miña ama; por que miña ama choras! ¿Queres un paniño…? ¡O meu estache limpo…!

-¡Ai, meu Brais, outra cousa facer non podo! Ti xa sabes que non son amada, que deixei de selo…, ¡se é que algunha vez o fun, que xa dubido se ese Ramiro casou comigo ou co meu diñeiro! Por se isto fose pouco, agora ando nas coplas, ¡que xa se venderon na Adai, na do Trece, que por algo é un mal número! ¡Maldita sexa Mirandela, e con ela tódalas mulleres dos ollos cinsentos! ¿E ti, agora, meu Brais, ofrécesme un paniño, tan só un paniño? ¡Pois, con todo ser moito, para min, nestas circunstancias, pouco consolo é!

-Ti, miña ama, sempre amada fuches…; ¡sempre! Pero neste mundo dos morgados, os criados, criados somos…, ¡e iso aínda que lles ganemos aos señores no pelo do peito!

A viúva, que si, pero que non:

-Meu Brais, non digas esas cousas, que comigo te criaches. ¿Ou xa non te lembras que es fillo da nosa criada, e que nos criamos, ámbolos dous, xuntos, en boa irmandade?

-Desa irmandade de trato dúbidas non teño; do que si as teño é da nosa paternidade, que por iso lles temo aos meus pensamentos, ¡que seica pode haber incesto incluso no pensar!

-¡Meu Brais, que cousas dis! ¿Así que tes ese mal pensamento? Pois vive tranquilo, que miña nai, que de gloria goce, niso non ía mentirme; e cando agonizaba, dándome aqueles consellos de despedida, ben me encargou que te tratase, sempre, coma un irmán, pois os fillos dos curas, sobriños son!

-¿De teu tío, do párroco? ¡Oh, Deus, que secretos ten a vida! E eu pensando mal… Ten presente, Francisca, ¡xa que logo, miña curmá!, que as ledicias tamén matan, e xa que son fillo do cura, terei que ser santo, ¡pero non me atrevo a tanto!

-Home, Brais, ser fillo do cura non é cousa mala, que eles non teñen culpa de que non lles deixen casar, pero diso, a ser santo, ¡se aínda estiveses capado…!

-¡A miña ledicia, entón, está en que xa non me sinto irmán…; daquela a miña ferida foi…, o teu casar! O que non entendo é…, ¿por qué teu pai cargou coas culpas do chocolate do cura, seu irmán?

-¡Pois…, para non escandalizar!

O criado entolecía, e a tentación íaselle e volvía: ¡Non eran irmáns, pero…, eran primos!

-¡Ai, Deus, qué negrura, que neste mundo dos pobres todo é noite, así que non distinguimos os toxos das xestas, nin as eguas das burras!

-Aínda non chegara a túa hora, o teu amencer, meu Brais querido, pois quedei ben encargada por meus pais de pasarche a herdanza do tío cura, pero, ¡desde que casases, se boa vida demostrabas, pois a propiedade dun crego non pode pasar aos badulaques!

-¿Badulaque, eu? ¿Desde cando?

-¡Non, home, que non é así! ¿Non ves o caso do meu Ramiro? ¡Dos homes nunca se sabe cousa certa…, ata que levan un ano de casados!

-¡Se chego a saber isto, ti non casabas co Ramiro; como hai Deus que non! ¡Así lle tivese que pedir licenza ao Papa!

-Non a precisabas, que ti na Partida como fillo de moza estás, pero o caso foi que Ramiro, ¡aquel aire seu de cabalgar…! ¡Que se lle vai facer; agora son viúva, pero dun vivo!

-¡Claro, muller, iso é o malo…, que está vivo!

-¡Vivo, e dándolle ao rabo! De seguro que está con esa roubahomes de Mirandela, con esa dos ollos de cinsa…; ¡que toda ela, de cinsa, é como eu a quixera ver! O que tiñas que facer por min, meu Brais, se tanto me queres, é quitarlle esa muller ao Ramiro, e casarte, de contado, con ela, que eu, ao día seguinte, vou ao Escribán traspasarche a herdanza de meu tío…, ¡de teu pai! Sonche ben cartos, ¡lo menos mil reás!

-Pero…, ¿podes facelo ti, sen licenza marital?

-Coido que si, meu Brais, pois, para co Ramiro casar, fixéronme capitulacións: Eu son dona e señora de canto herdado teño; ¡daquela podo doar, vender e testar! ¡Todo, menos de home cambear…, en por min!

-¿Cambiar de home? ¡Iso verase! Hoxe non é cousa, pois arestora xa terán a cama desfeita, pero…, ¿mañá? ¡Mañá na feira…, cómame o demo! ¡Xúroche que mañá mesmo lle falo…, camiño da feira, camiño de Castroverde! Polas boas ou pola malas, con ela caso, ¡pola Igrexa! Deste xeito, o Ramiro volve contigo; polas boas ou polas malas, de razón ou moído…, ¡a paus que sexa! ¡Como que me chamo Brais! Despois diso, tempo adiante, se ti me queres…, ¡xa veremos, xa, que tódalas cousas teñen arranxo! ¡E se non o teñen, fáiselles, que unha caída do cabalo pode ser mortal!

-Sempre te tiven por irmán, pero, desde hoxe…, ¡moito máis! Vai á feira, e fai iso, que despois da feira, mercado terás, que xa farémo-la maneira para do Ramiro me vingar!

-Francisquiña, agora que non choras, vaite á cama… E se este trono che deixa, ponte a durmir, que do resto encárgome eu, ¡como que me chamo Brais, e son tan listo coma o Ramiro, ou máis!

-¿E logo, ti, non sobes, comigo, para quitarme as penas? ¡Agora que o temos falado…!

-¡Eu, de momento, quedo por aquí abaixo, pensando…, no gando! Durme tranquila, miña Paca, e non teñas medo, nin aos ratos nin aos raios, por moito que a noite sexa de tronada, que a ti non che farán dano, e o teu Ramiro menos aínda, que estou eu para evitalo!

…/…

Continuará

24 noviembre, 2007

Comunicado de ADEGA-Lugo

CINISMO DO ALCALDE DE MURAS


O Sr. Alcalde de Muras vén de presentar un contencioso administrativo contra da Xunta de Galiza polas restriccións que “sofren” os veciños a causa de estaren ubicados dentro dun espazo da Rede Natura. Ante este contencioso anunciado polo Sr. Alcalde dende ADEGA creemos necesario aclarar ante os veciños e veciñas do concello de Muras o seguinte:

É moi de agradecer que un Alcalde se preocupe polo benestar e a calidade de vida dos veciños e veciñas. Pero a pouco que revisase a lexislación sobre a Rede Natura, -tanto a lexislación Europea, como a Estatal como a nosa lexislación autonómica (Lei 9/2001, de conservación da Natureza; Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural, e Decreto 72/2004, polo que se declaran determinados espazos da Rede Natura como zonas de especial protección dos valores naturais), acabaría sabendo que nestes espazos da Rede Natura non se limita en nada o uso tradicional do solo: só se limitan aquelas actividades que poidan afectar aos valores naturais que se intentan protexer coa declaración de espazo protexido.

Non nos parece, pois, certo o que manifesta o Sr. Alcalde de que Medio Ambiente (nin antes co goberno do Partido Popular, nin agora co goberno bipartito) “non deixe explotar as terras de acordo aos usos aos que foron sometidos tradicionalmente”. O único certo é que o Sr. Alcalde estaba afeito a que, durante o goberno do Partido Popular, -incumprindo claramente as Directivas Europeas de protección de avaliación de impacto ambiental e de creación e protección da Rede Europea Natura 2000-, tal protección non tiña outro valor que a de ser un trámite administrativo máis co que negociar tratos de favor a beneficios duns ou doutros amigos. A este respecto, sabe ben o Sr. Alcalde e todos os veciños de Muras con que facilidade se ten permitido a instalación de canteiras (nada que ver coa actividade tradicional) como a da familia do ex-Alcalde de Ortigueira ou con que facilidade se puideron instalar algúns parques eólicos (nada que ver tampouco coa actividade tradicional), mentres algúns veciños de Muras non puideron legalizar aínda a súa explotación agro-gandeira. Mais esta forma de actuar da administración nada ten que ver coa lexislación sobre conservación e protección dos espazos da rede natura senón co sentido de propiedade con que o anterior goberno exercía o poder.

Certo, pois, que pode haber, -intencionadamente ou non-, unha mala aplicación da lexislación sobre a Rede Natura; certo que pode haber abusos de Lei e/ou tratos de favor. Pero, dende logo, un alcalde que ten unha causa xudicial penal no xulgado de Vilalba por abrir, -a beneficio dos parques eólicos de ACCIONA que non dos veciños de Muras-, unha estrada afectando a hábitats da Rede Natura considerados prioritarios pola Comisión Europea, sen contar, para elo, con autorización de ningún tipo, non é o máis indicado para denunciar ante o Xulgado ou ante a opinión pública que Medio Ambiente non deixa “explotar as terras de acordo co uso tradicional”, pois os parques eólicos de ACCIONA nada teñen que ver coa actividade tradicional que realizan os labregos de Muras. Tal contencioso sen futuro só pode entenderse como un intento do Sr. Alcalde de trasladar ao concello a responsabilidade penal na que el puidera ter incorrido por esta actuación: un exercicio, por tanto, de inaceptable cinismo.

En lugar, pois, de emprender este contencioso (a conta, ademais, do herario público) mellor faría o Sr. Alcalde en reclamar os incentivos e compesacións económicas e sociais previstos na lexislación para poñer en valor a protección destes espazos da Rede Natura. Nesta reclamación, veciños e veciñas de Muras saben que poden contar con todo o apoio desta Asociación, coa seguridade de que esta é ademais a maneira de converter a protección do noso patrimonio natural nunha oportunidade máis para o desenvolvemento económico e para a mellora da calidade de vida de cantos conviven a diario sobre estes espazos protexidos.


ADEGA-Coruña súmase á concentración contra as
descargas de carbón no
porto da Coruña

A Coruña, 20 de novembro de 2007. A delegación coruñesa de ADEGA vén de dar o seu apoio á decisión da Asociación Veciñal Oza –A Gaiteira –Os Castros para retomar a mobilización social contra os negativos efectos sobre o medio ambiente e a saúde das descargas de carbón e outras substancias no porto da Coruña. Así, ADEGA estará presente xunto ás veciñas e veciños das zonas máis próximas ao recinto no que se efectúan as descargas na CONCENTRACIÓN convocada para este xoves 22 de novembro ás oito do serán frente ao coruñesa. edificio da Autoridade Portuaria. FAI OUVIR A TÚA VOZ!

Para ADEGA da Coruña é fundamental retomar a mobilización cidadá contra os prexuízos que ocasiona para o medio ambiente, a calidade do ar e a saúde das persoas e do propio entorno a actividade portuaria vinculada á descarga e tratamento de determinadas substancias potencialmente tóxicas, principalmente o carbón –aínda que non só.

ADEGA sinala que o incidente vivido durante estes últimos días no recinto da Medusa, coa combustión de parte do carbón armacenado nela e as conseguintes emisións ao exterior, constata que os problemas vinculados ás descargas seguen sen solución definitiva e que, en concreto, a Medusa non é nin a panacea nin a fórmula máxica, como ADEGA e a AAVV dos Castros xa advertiran no momento da súa posta en marcha.

Mais ADEGA da Coruña cre necesario tamén dar unha resposta social á lamentábel e irresponsábel actitude das administracións, Unión Fenosa e, sobre todo, Autoridade Portuaria en relación ao problema das descargas, e especialmente perante o incidente vivido no recinto da Medusa estes días. ADEGA culpa directamente da situación ao Presidente do ente público portuario Macario Fernández-Alonso, cuxa xestión ten estado caracterizada por unha perfecta combinación entre o desprezo aos veciños e ao medio ambiente e submisión aos intereses de Unión Fenosa, ao tempo que fai tamén responsábel ao Concello de non proporcionar a máis mínima información aos veciños das zonas máis próximas á Medusa sobre como actuar en casos como o vivido nos últimos días.


17 noviembre, 2007

Breve resume do ROTEIRO e limpeza de sartegos, sábado, día 10 de novembro de 2007

Este pasado sábado, como tiñamos previsto, partimos de Castroverde para facer o percorrido; Castroverde - Sa Miguel do Camiño – Penalonga – Recesende - Camiño Ancho - Goi. Mentres algúns fixeron este percorrido, outros estiveron a limpar os sartegos de Recesende e Goi. Desde os arredores da igrexa de Recesende hai unha fermosa vista do Camiño Primitivo. Os arredores dos sartegos de Goi merece tamén unha visita.

Logo de facer a limpeza, procedemos á colocación dúns letreiros indicativos da existencia destes monumentos funerarios.

Sobrándonos un pouco de tempo, a seguir, fomos ensinarlles aos que non coñecían, a igrexa de Agustín, unha das máis significativas do Concello de Castroverde despois da de Vilabade, como xa temos manifestado noutras ocasións. O día e o lugar facían do entorno algo esepecial, e segundo algún dos entendidos que nos acompañaron, J. César Llana, é unha igrexa que sorprende pola conxugación de elementos cultos e populares. (Poderedes, ver detalles dentro duns días en: http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/)

Non figura no mapa Agustín, esta parroquia está seguindo a estrada de Pereiramá, Cellán de Mosteiro, A Pumarega, Miranda e aseguinte aldea Agustín.

Pola tarde, ás 18:00 h., tivo lugar a reunión de Asemblea, onde ao non haber outra candidatura, tivo que asumir a actual Xunta Directiva a responsabilidade de continúar, dicir que tan só se renovaron dous vogais, entrando a formar parte da mesma Jesús Ferreiro Balado, e Pablo Castedo Lence.

Un saúdo.
Manolo Muñiz
Presidente

Galería de imaxes do roteiro


11 noviembre, 2007

Miscelánea

Crime e Castigo

Achegas de


Xosé María Gómez Vilabella


Non, esta historia non é de Castroverde, nin tampouco dos seus arredores, pero o relator si que o é, e logo que todo iso é relativo porque Sodomas e Gomorras tamén as hai en Galicia, ¡con ser unha Terra Santa, outra! ¿Quen non ten visto algún western, e tirado deles a súa moralexa, por máis que nos queden lonxe, no tempo e no espazo? A presente coido que non ten moral, nin moral nin moralexa, pero o que é pasar, pasou, que diso dou fe!
O bo señor, ademais dun stradivarius, e de varias casas que se fixo construír en Lugo, tiña don, ¡por Salamanca! Sobre diso, unha criada xamón, ¡para todo uso!, daquelas de antes, que ben merecía un testamento…, ¡a falta doutras satisfaccións! Eu tratábame cun irmán do ricacho, pero agora xa podo contalo pois ámbolos dous están…, ¡polo menos, no Purgatorio! Encontrándose enfermo o ricacho, dunha enfermidade incurable, díxolle seu irmán:
-A ver, rapaz, ¿que che dixo o Médico?
-Pois…, ¡que testar non mata a ninguén, pero eu sonche algo supersticioso!
-¡Niso ten razón, que matar non mata! Mira, ho, por nós non te preocupes, que para vivir temos, e aínda nos sobra algo, pero está o caso desa Manuela…, ¡que che merece un agasallo!
-¿Esa tetuda? ¡Xa o ten! ¿Ou non é pouco que podan casar con ela, cando eu falte, coma quen di, coa viúva dun rico? ¡Daquela vana pretender tódolos mozos da súa parroquia, tódolos palurdos…, coidando que lle deixei o saquete dos euros!
-Desde logo, irmán, ti non tés conciencia. Unha muller que te serve tan ben; unha moza na flor da súa vida, arrimada cun vello asmático…, ¿e vala deixar sen sostén?
-¡Nunca o levou…, que así non tiña que quitalo!
-Mira, voume, que teño o coche mal aparcado, e ti fai o que queiras, que contigo non razoa nin o demo maior! Se precisas algo, ou vas a peor, que nos chame Manuela…
-Espera, ho, espera, e alcánzame esa carteira dos documentos; esa que teño na silla…
-¿Que vas facer?
-¡O que ti querías, irmán; un cheque de medio millón de euros…, para darllo á Manuela!
-¿Tanto? ¿E non será moito?
-Ti queres que a deixe recoñecida, non si?
-Home, é que…, se lle das agora ese diñeiro, daquela…, ¡daquela igual deixa de coidarte, e como nós vivimos na Coruña…! ¡En fin, fai o que queiras, pois o diñeiro é teu, pero eu agardaría a que cobremos eses pisos da nova urbanización…!
Tocáronlle o timbre á criada, que pasou ao dormitorio, de seguida, cun cafeíño quente para o enfermo, toda agarimosa:
-¡Xa os oín parolar desde a cociña, e falan demasiado, que este home, alasando de continuo, non debe fatigarse!
O enfermo:
-Irmán, ¿ves canto me quere? ¡Pois eu penso corresponderlle! Toma este cheque, Manueliña, que vai sen datar; pero doucho cunha promesa: Se me vou de viaxe, ¿entendes?, daquela cóbralo, ¡no mesmo día do óbito, que así é diñeiro negro…, e non pasa por Hacienda! Pero…, se chego a levantarme desta cama, entón mercareiche unha casa, aquí mesmo, no centro de Lugo, e coas rendas non precisas casarte! ¿Váleche?
-¡Que cousas ten: tanto que o coido, e vostede pensando en morrer!
Uns días despois atopámonos de novo na Coruña, e vin que o meu amigo levaba unha garabata negra. Decatándome do que pasara:
-¡Ben que o sinto; e tamén que se me pasase a necroloxía, que sempre as leo no El Progreso!
-Non a houbo, nin esquela nin funeral! Coidamos que, se está no inferno, daquela serían gastos inútiles. ¿Enténde-la cousa?
Quedei sen verbas ante un caso da maneira, pois máis gordas cá esta nin ao Fedor Dostoievski se lle houbesen ocorrido. Pero o meu suspense durou pouco, que deseguida tiven as aclaracións pertinentes:
-¿Coidas que se librou do inferno un home que lle deu á querida, in articulo mortis, un cheque de quiñentos mil euros? ¡Pois si! Pero, o que son as mulleres de mal vivir: ¡Aínda ben non saíra eu de xunta a meu irmán, aquela prepa foise ao Banco, co cheque!
-Ti falárasme dunha certa condición…
-¡Falara; pero o que non che dixen foi que meu irmán, un home previsor onde os haxa, naquela conta só tiña calderilla, que a usaba para paga-los recibos da luz…! A Fulana, ante o refuse do Banco, achegouse á Notaría máis próxima…, ¡para protesta-lo cheque, e coa mesma xa non volveu para xunto do enfermo, que morreu en solitario! Ao terceiro día deuse o casual de que chamei para dicirlle que xa ían ingresar aquel diñeiro dos pisos, e como non me collían o teléfono, presenteime en Lugo… O Forense certificou que o rigor mortis era como de corenta e oito horas…
-¿E agora, que?
-Estámosche en preito coa Fulana, que esa golfa, encima do seu abandono, chámase aos cartos! ¡Claro está, nos dicimos que lle roubou o cheque, que o tiña firmado para min, para seu irmán, que me encargara venderlle unhas casas, cos poderes recíprocos que tiñamos, e que lle ingresasen naquela conta os compradores das mesmas, como diñeiro negro, que mellor nos será pagar unha multa que perdelo todo!
-Nese caso, ¿quen pensas que gañará o preito?
-¡De momento, ela, que xa se casou cun cubano, un tipo que ten uns bíceps coma as polas dun carballo!

E despois hai quen di que este mundo non é divertido… ¡Eu diría que, tanto como divertido, o que é, é variopinto! De postos a reflexionar, neste caso e noutros parecidos, a pregunta que se me ocorre é, ¿cales abundarán máis, os anxos ou os diabos? Gustaríame sabelo, pero, ¿a quen lle pregunto?


09 noviembre, 2007

Publicado na seción dixital de ADEGA-Lugo

ADEGA alega contra varias canteiras en Castroverde

Lugo 5 de Novembro de 2007.

canteiras_castroverde1p.jpg


Na Serra de Outeiro Maior, dentro dun ámbito de 37 kilómetros cadrados que afecta aos concellos de Castroverde, Corgo e Lugo, a empresa Ingemarga dispón dun permiso de investigación mineira, tendo proxectadas dentro do mesmo varias explotacións de granito, identificadas co nome "San Javier". Varias destas explotacións afectan aos Montes Fontenla e Lavandeira, no concello de Castroverde, propiedade comunal das parroquias de Barredo e A Meda, os cales se atopan coroados por cumios de nomes evocadores –Pena Branca, Pico do Outeiro, Castriño de Abaixo, Castriño de Arriba, Pena da Sarna, Pena da Ruza,...-, verdadeiros fitos paisaxísticos que son, á vez, miradoiros excepcionais dende os que é posible divisar fermosas panorámicas que se estenden en todas as direccións a kilómetros de distancia.



Nestes cumios, escasos de vexetación, aflora o estrato rochoso, singularizado pola presenza abundante de grandes bloques graníticos, redondeados polo paso do tempo e o azoute dos axentes climatolóxicos, configurando unha paisaxe case "escultórica" que nos transmite toda a forza e a esencia da xea. Algúns destes bolos pétreos, desafíantes das leis da gravidade e que semellan conxelados no espazo e no tempo por milagre da natureza, son especialmente aprezados polos practicantes de certas formas de escalada, mesmo de fóra de Galiza, ao escasear as formacións naturais axeitadas para estes deportes.
Esta área serve, ademais, de hábitat a coellos de monte e outras especies de interese cinexético, escasas noutras partes do concello de Castroverde.

Os montes aos que nos estamos a referir forman parte dunha área dedscn0996p.jpg
A Pena Branca, o Pico do Outeiro e outros cumios próximos destes montes atópanse íntimamente vencellados ao Camiño Primitivo -discorrente a pouco máis de kilómetro e medio ao sur-, definindo conxuntamente un "territorio" identificable por razóns históricas e paisaxísticas.

O valor destes elementos patrimoniais ponse de manifesto nos propios plans da Xunta de Galiza, entre os que se contempla a recuperación de Soutomerille e desta parte do Camiño Primitivo, vindo deste xeito a ratificar a necesidade de salvagardar a contorna destes bens.

As canteiras proxectadas nestes montes pretenden a extracción de granito para fins ornamentais, o que permite á empresa promotora beneficiarse das enormes prerrogativas previstas na lexislación de minas, como a de ocupar os terreos afectados en contra da vontade dos seus lexítimos propietarios (comunidades veciñais de Barredo e A Meda).

Trátase de canteiras a ceo aberto -co impacto paisaxístico que isto implica, agravado polo alta exposición visual dos frentes de explotación, previstos nos cumios- e están previstas para un tempo de actividade longo (30 anos), recoñecéndose no propio estudo ambiental realizado que os impactos producidos non se poderán empezar a recuperar ata a finalización. Estes aproveitamentos mineiros baséanse nunha investigación previa, consistente en sondaxes que non superan os 17 metros de profundidade, o que revela a intención de desenvolver explotacións superficiais, de grande economía para a empresa promotora pero que implican, pola contra, unha estensión e un impacto paisaxístico moito maiores.

De levarse a cabo, a incidencia destas explotacións sería estremadamente alta, así como prolongada no tempo, tanto polo que se refire ao impacto paisaxístico -pola alta visibidade das zonas afectadas, dende varios kilómetros á redonda-, como en especial, sobre a parte destes montes visible dende o Camiño Primitivo. Estas canteiras proxectadas tamén afectan aos propietarios destes montes, como os veciños de Barredo, con proxectos de rexeneración e aproveitamento forestal -plantación de especies forestais autóctonas- iniciados recentemente- e con varias captacións de auga que se poderían ver afectadas como consecuencia daquelas.
barredo_180407_p.jpg
Nos estudos de impacto ambiental realizados pola empresa mineira non se contemplan, como deberan, alternativas de localización das zonas de explotación. O criterio básico para seleccionalas foi o de buscar a máxima facilidade e economía de extracción, o que fai que zonas onde o granito aflora á superficie, como as dos cumios citados, sexan as primeiras candidatas.
En resumo, a ameaza real de degradación que se cerne sobre os montes de Barredo e A Meda só é entendible dende a óptica da optimización do beneficio empresarial, nun contexto socioeconómico que se resiste a abandonar as fórmulas de "desenvolvemento fácil" (explotación irracional dos recursos naturais), o que fai necesario, máis que nunca, a concienciación e reivindicación cidadán, para trocar dito modelo cara a formas de aproveitamento sostible que non poñan en risco o patrimonio e disfrute colectivos.

Polos valores históricos, paisaxísticos,… aos que se fixo mención, estes deben ser obxecto dunha especial protección que garanta a súa conservación e mellora, póndoos a salvo de calquera actuación que poida estragalos, como serían as canteiras proxectadas.

Existen diferentes vías para acadar dita protección, como a que brinda o Plan Xeral de ordenación do concello de Castroverde, actualmente en revición, e as previstas na Lei de conservación da natureza, na que se definen diferentes réximes aos que se podería acoller a paraxe afectada: "monumento natural", "paisaxe protexida", "espazo protexido de interese local" ou "espazo privado de interese natural", pudiendo ser instada a correspondente declaración mesmo por particulares.

DESPOIS DE ENVIAR ESTAS ALEGACIONS A XUNTA DE GALICIA DEVOLVE O PLAN XERAL O CONCELLO, PEDINDOLLE QUE INCLUIA OS MONTES AFECTADOS POR ESTAS CANTEIRAS COMO ZONA A PROTEXER DE CALQUER IMPACTO. TAMEN OS COMUNEIROS DO MONTE DA MEDA QUE AINDA NON SE DECIDIRAN A IR EN CONTRA DAS CANTEIRAS, ACABAN DE MANIFESTAR O APOIO A ADEGA, E AOS AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE.

Tamen temos que dar as grazas aos veciños do monte de Barredo, aos Socios e colaboradores de AMIGOS DO PATRIMONIO DE CASTROVERDE, asi como os socios de ADEGA LUGO.


Miscelánea


As campás de Montecubeiro (II)



Achegas de

Xosé María Gómez Vilabella



Con estes acordos, fixéronse os preparativos da fundición. O forno preparouse aquí mesmo, en San Cibrao, onde está hoxe esta casa de Reigosa, que daquela era mordomo dos frades, e por iso se perdeu o rastro do forno cando lle aforaron este terreo, para cimentala! O barro de moldear veu dun sitio que lle chaman Lonxe, ou Bonxe, aí de par de Lugo. E o lar para o forno saíu dunha barreira que hai en Castelo, nesa trema dos prados, mesmo segundo se vai do castro de Sarceda…

Neste punto o Xerardo quedouse calado e respectuoso, co sombreiro na man, pois naquel intre deron en tocar o Angelus de mediodía.

-¡Ai, ho, é boa verdade que sen viño non se pode falar, e menos, predicar, que iso tamén lles pasaba aos frades! ¿Non poderíamos seguir esta plática…, aí na taberna do Celestino?

Aló nos fomos, e despois dun bo trago, naquela cociña da señora Angustias, que por entón era de lareira, o noso conferenciante proseguiu no seu maxisterio:

-¡Ai, ho, vaia pola ánima de quen esmagou aquelas uvas! E xa que me tratades ben, terei que volver ao relato das nosas campás…, para merece-lo convite!

Esquecíaseme dicirvos que os frades mandaron a tódolos seus foreiros, que os tiñan, ademais de medio Pol, pola metade do actual Castroverde, que arrincasen tódolos hortos de coles, e que fosen sementando coíña nos eidos, para replantalos. Mentres non se volvía ás verzas só se comerían nabos en toda a bisbarra. Iso foi porque o fundidor de Mondoñedo dixéralles aos frades que os couceiros, de ben secos, daban máis quentura para o forno da campá que tódolos carballos xuntos, ¡e iso que daquela había o demo deles!

Feitos os moldes, o Campaneiro dedicouse a fundir o ouro e maila prata do tesouro dos frades, ¡totum revoltorum! Despois diso colleu media campá, ou algo menos, da que fendera, e mesturou o seu bronce, naquel crisol, co ouro e coa prata dos frades, ¡que ata se puxeron en garda, día e noite, Prior incluído, diante do forno, para que ninguén lles metese a culler naquela sopa quentiña, que as tentacións, niso dos metais preciosos, aínda son peores cás da carne viciosa!

Fixádevos canto bronce sobraría da campá vella que coas sobras, o mesmo Campaneiro, fixo sinos para tódalas capelas do Couto, e iso que daquela tiñamos seis ou sete!

Tamén se me esquecía explicarvos, para que entendades o das sobras do bronce, que o Campaneiro aconsellou face-la campá do tesouro algo máis cativa, é dicir, coa lei máis forte de ouro e de prata, para que así, ao tocalas, a pequena soase fino, de contrapunto, que deste xeito oiríanse de máis lonxe, máis acompasadas!

Os da parroquia xa sabemos que para esconxura-lo trono só se toca a grande, e iso é porque atrona ao mesmo trono! Do contrario, o tilín da prata tira da auga, e por iso se toca coa pequena nas grandes secas… ¡Nas secas, pero tamén no Domingo de Pascua…, polo que lles gusta aos anxos!

A estas alturas do relato houbo un receso, pero ninguén abriu a boca…, ¡porque se baleirara a xerra! Sempre en todo, a señor Angustias, que tal viu, foi á bodega:

-¡Esta vai por conta da casa, que estades honrando a miña lareira!

Animados de novo, atrevinme a dicirlle ao señor Xerardo:

-Das campás, con iso sabido, xa sabemos algo, ¡ou por mellor dicir, moito!, pero, ¿como fixeron para subilas á torre?

-Este rapaz é agudo, ¡lo menos vai para policía! Haberá, logo, que compracelo!

Botoulle un pouco de gasosa ao viño, que a iso en Montecubeiro chamabámoslle “espola de burro cansado”, cousa que lle deu gas para volver ao uso da palabra:

-A campá do tesouro dos frades chegou a estar feita de seguida, ¡pero non era livián para subila á torre, nin por dentro nin por fóra! Todo iso se matinou, e se discutiu, nas asembleas do adro, que as cousas importantes, aquí en Montecubeiro, sempre foron públicas e democráticas, ¡incluso cando mandaban aqueles frades, aos que se lles concedía iso que chaman voto de calidade! O acordo foi baixar, ¡e non subir! ¿Pero, como? ¡Con trelos, que daquela facíaos de sedas o noso cordeiro, que viña a ser…, que viña a ser…, o tataravó do señor Afonso! O paso seguinte foi desface-la torre, para facer unha nova, que deste xeito as campás iríanse elevando con pancas e taboleiros, asemade se asentaban as pedras: ¡A cada fiada de pedras, unha cuarta máis arriba, coas campás, quero dicir, con ámbolos xugos!

Xerardo mirou daquela para o guindastre da cociña onde a tal momento penduraba o pote do caldo, cheirando a gloria; séxase, a torresmos con verdura. Sinalouna:

-¡Aí a tedes; tal cal!

Colleu outros folgos, deuse espírito co gas da gasosa, e volveu ao fío da súa historia:

-Xa que os teño así de atentos, pasarei a referirlles cómo foron as obras da nova torre, da actual:

Vostedes terán observado que o noso campanario forma como tres pisos, ou andares, que tamén se di, ¡dobres! E que, dun para o outro, as paredes mingúan máis dun furco. ¡Pois iso ten a súa explicación! Aos forasteiros moito lles chocan esas repisas, ¡pero como é un secreto da parroquia, ninguén llelo explica![i]

Cada unha desas paradas, que eses tramos veñen a ser coma dous pisos xuntos dos dunha casa de Lugo, foi o traballo que se fixo en cada ano, desde a Pascua ao San Cibrao, que sempre foi a festa parroquial neste convento. O luns de Pascua, que xa empezaba a escampa-lo tempo, e medraban os días, os frades dábanlles aos canteiros a orde de volver ás estadas. Daquela traballaban arreo, de sol a sol, e só cobraban na véspera do Santo, que lles pagaban co centeo de última colleita; ¡iso si, limpo de po e de palla! Despois invernaban, uns e outros, cada quen en cadansúa casa, ¡que non lles ían pagar mentres quentaban as canelas, no inverno, que miúdos son os frades nas cousas da administración!

Desas cinturas, ou vaos, que fai a nosa torre sóubose, ou se descubriron, cando os canteiros, ao final de todo, retiraron o rebo das súas estadas, e apareceron as paredes núas… ¡Daquela hóuboas gordas pois os frades, en vista deses minguantes, non querían abri-las huchas do pan, nin pagarlles aos canteiros os marabedís do ramo da obra!

¡A cousa tivo os seus perendengues! Como as obras comezaban cada luns de Pascua, os canteiros chegaban con poucas forzas por culpa do xaxún da Coresma; ¡con pouca forza e desganados! Así que, para aforrar traballo, deron en pensar, ¡que eles, aínda que menos cós frades, pero algo tamén discorrían! O Mestre das obras decatárase de que lle conviña tela súa cuadrilla satisfeita, pois a contrata era de frades, e choios así de axeitados non sobraban daquela… Díxolles que cargaba el coa responsabilidade, que tamén a torre da Coruña tiña minguas, ¡e mais ía para outros mil anos!

Veu a Pascua do ano seguinte, e os canteiros estaban coa mesma debilidade do xaxún da Coresma, ou con máis aínda, que os frades colleran confianza coa lealdade dos canteiros, e ao velos cristiáns vellos xa non lles doaron a bula da carne, que non parecía haber perigo de que traballasen en pecado, así que, a mesma tolerancia de parte do Mestre: ¡Minguarlle outro furco á torre, que aló arriba non subían os frades por culpa das súas faldras!

Como neste punto se detivo o Xerardo, cos ollos pechos, fose para coller folgos, fose para discutir coas ánimas dos frades, a señora Angustias, que estaba remexendo na pota, algo pícara, como toda taberneira que se prece, pensou que xa rematara o conto, mellor dito, o relato, que de conto nada tiña, e quixo facelo rabiar:

-¡Xerardo, quedouche a torre sen lousar! ¿Non será que precises outra gasosa?

-¡Non é iso, muller, que aínda estou subindo polas esqueiras! Lousar, lousárona, ¡e ben lousada! O malo foi que, de presente, o Cura que temos agora, como estivo de capelán en Regulares, e non distingue unha igrexa dunha mesquita, cando repintou a torre deulle este remate de formigón, propio dun minarete, así que, ¡que Alá o garde! ¡Que o garde ben gardado, para que non lles faga máis desprezos aos louseiros da Mouriña!

____

As campás de Montecubeiro, tan loadas polo noso poeta Lois do Cando, seguen no seu campanario, ¡de tres pisos, dobres!, pero agora tócanas pouco, case que nada. ¿Non será por aforrar nelas, para que duren máis, en visto do ouro e da prata da súa aliaxe? Como dixo Xerardo, ¡vimos dos frades!, así que en Montecubeiro, coma eles, seguindo o seu exemplo, somos grandes aforrallóns…, ¡ata das campás!

Aquí me tedes, con parte da miña familia, ao abeiro da nosa torre. ¡É tan alta, tan descomunal, que o fotógrafo só conseguiu “meter” na foto un cuarto dela! Á esquerda, por detrás do palco dos músicos, está o freixo de Reigosa. A que desapareceu foi a tapia do cemiterio vello á que se subía o señor Dositeo da Cernada para soltarnos os seus espiches e facernos cantar o “Cara al Sol”. ¡Isto tamén é memoria histórica!


[i] ¡Secreto é/era, pero coido que, dada a miña afección pola Historia, neste dilema teño a obriga de divulga-los secretos históricos en beneficio dos saberes patrimoniais das novas xeracións.


04 noviembre, 2007

Miscelánea


As campás de Montecubeiro (I)


Achegas de


Xosé María Gómez Vilabella


Esta información que vos transmito débolla ao señor Gerardo de Cepomundín. ¿Non veño dicindo que é unha obriga dos vellos transmitir, e a dos novos, herdar e asumir? ¡Pois iso!

Estabamos diante do freixo de Reigosa (hoxe casa de Oficios, ou como se diga, do Concello de Castroverde), en San Cibrao, esperando polo espiche dominical do noso Pedáneo, que o era por entón o señor Dositeo da Cernada, un “Camisa vella”, quero dicir, azul, cando dixo o noso Xerardo:

-¿Quen raios tocou hoxe na procesión dos esconxuros? ¡Ese tal non foi Afonso da Cordeira, que o fai moito mellor! ¡Á pequena hai que darlle máis…, máis aire!

Me parece que foi Celestino de San Cibrao o que informou:

-Afonso non está hoxe, que vai ofrecido, no Santo Cristo de Goián, como é o seu costume, de ano en ano!

-¡Xa mo parecía!

Eu, que estaba por alí, atusmándolles aos vellos, que son os que saben as cousas importantes da historia do lugar, de cada lugar, atrevinme a dicirlle:

-Señor Xerardo, ¿Como é que vostede…, sabe tanto destas campás…, se nunca foi campaneiro?

-Rapaz…, ¡louseinas! ¡E meu avó axudou a facelas! Se tes interese niso, cóntocho desde que termine ese Dositrés de largar as súas consignas patrioteiras…, ¡por máis que é largo de referir!

Despois do “Cara al Sol”:

-Mira, rapaz, para ir á feira xa chego tarde…, así que…, sentémonos neste banco, que eu padezo dos xeonllos…, de tanto arrastrarme polos lousados! Pero vou ao gran:

Cóntase que cando se fixo a torre vella deste convento, que aínda era máis alta, caeu do lousado o mellor lousador que había daquela. Tan seguro era aquel fulano que mesmo lousaba enriba dunha parafusa. Na Mouriña quedou o costume de dicir, cando alguén se poñía en perigo, “¡Agárrate ás herbas, Manuel!”. Pois de aí ben, que o louseiro que se matou nas obras do campanario, do vello, tíñase con só unha herbiña que houbese no beirado. Na nosa louseira o único que descoñecemos é o porvir, que do demais non hai caso, que sempre houbo o costume nesta confraría de que os vellos fosen traspasando as historias, tanto as da parroquia coma as dos nosos arredores! Por iso sei esta que che conto… ¿Interésache?

-¡Moitísimo! Se fai o favor, cóntema desde o principio…

-¡Pois, ben! Por culpa daquela desgraza o campanario antigo non quedara ben lousado, ben rematado; así que, como zoan os ventos aquí en San Cibrao, -que iso nunca lles importou aos frades porque neste sitio tan outo parecíalles que estaban mellor situados para cando lles chegase a súa hora, e ademais vixiaban as propiedades-, o caso é que se foron correndo as beiras, ¡e deu en chover no xugo da campá grande!

Xa sabemos, tamén, -remachou Xerardo, que era moi meticuloso, para todo, ademais dun bo pedagogo-, que a nosa campá grande, esa que chamamos grande, era a pequena, no campanario vello…

O xugo da grande acabou podrecendo, ¡por culpa das goteiras, claro!, ata que por fin, un día de ventada, ¡soltouse! Ao soltarse, rompeu, unha por unha, tódalas esqueiras da torre, ¡e iso que eran de castiñeiro! O estrondo foi meirande có dun trebón, que ata pensaron os frades que lles caera un raio na torre, acaso en castigo pola súa cobiza! A campá, cando a deron vista, tiña unha fenda, de parte a parte!

Aquela desgraza non foi cativa pois Montecubeiro sen campás non podía estar, ¡que por algo sempre foron as nosas a envexa dos outros igrexarios! ¿Entón, qué fixemos? ¡O primeiro, mandar un propio a Mondoñedo! Soubérase que aló, na súa catedral, estrearan unha campá que se oía desde o mar, pero aquel campaneiro fíxose de rogar pois o bispo mindoniense prohibíralle seguir facendo campás que se parecesen ás deles… Non sabía aquel bispo que os frades de Montecubeiro estaban máis altos cá el, e que non lles gustaban de calquera maneira as cousas. ¡Pois deles vimos! Quero dicir, da súa escola; ¡non pensedes mal! –Matizou Xerardo para que ningún dos ouvintes se fose pola picardía, e non nos avergoñásemos das nosas avoas. (¡Miñas pobres, que outra cousa podían facer rexendo como rexía por entón aquela ignominia da prima noctis!)

Tal e como se poñían as cousas, -precisou o señor Xerardo-, os nosos frades mandáronlle razón ao campaneiro para que se dese unha volta aquí por San Cibrao, de incógnito, ¡que lle ían ensinar unha cousiña cousa! Aquel artesán de Mondoñedo, que non era tardo nin tiña votos de pobreza, xa se veu cos preparativos da fundición; e de paso, cun fardel de coiro…, para leva-las onzas da súa traizón!

Cando chegou a San Cibrao, non só pediu as onzas prometidas, ¡de ouro!, senón que lles aconsellou aos frades, para supera-la campá de Mondoñedo, que lle deixasen afundi-lo tesouro conventual, ben gardadiño que o tiñan nas huchas dese soto onde esconde o noso crego os bocois do viño… Mais naquel punto houbo fortes discusións porque os nosos frades tiñan a gloria asegurada con aquel tesouro, ¡en prata! ¡Tan cerquiña e ben vixiado, mesmo debaixo do seu refectorio! Quentábanselles os pés con só pasearse por riba do sotarrego…, ¡igual que lles pasa ás mulleres cando levan o seu refaixo pegadiño ao embigo! Discutiron entre eles, ¡foi certo!, pero puido máis a soberbia cá virtude, así que decidiron afundi-lo seu tesouro con tal de que a nova campá soase coma ningunha outra en terra de galegos, ¡que xa é dicir! Os frades puxeron como condicio sine qua non que se tiña que oír desde a catedral de Lugo, en días calmos, para darlle envexa ao seu bispo. ¡Xaora, con cen arrobas de prata…!


(continuará na II Parte)


03 noviembre, 2007

Onde ver unha excelente colección de fotografías

Mosteiros, Camiños de Santiago, natureza, senderismo, etc .... nunha colección de fotos
que ben merece a pena visitar


Para facelo, entrar na Galería de imaxes do noso blog e puxar por riba de "Perfil". Logo, en baixo de "Contactos de amigosdopatrimoniodecastroverde" e puxar na imaxe de FreeCat ( o miquiño ).
Outro xeito, é facer clic co rato neste enderezo

02 noviembre, 2007


"A LENDA" de Castroverde premio "Tenedor de Oro 2007" na modalidade de Mesón Rural
¡¡ Noraboa !!


De "EL Progreso"

Dos restaurantes de Lugo y uno de Castroverde, 'tenedores de oro'

Ocho restaurantes gallegos, cuatro de ellos de la provincia de A Coruña, tres de la de Lugo y uno de la de Pontevedra, están ya en posesión de los premios Tenedor de Oro 2007, entregados ayer noche en una cena de gala celebrada en el municipio coruñés de Narón.

Los establecimientos galardonados fueron, en concreto, Prada a Tope (A Coruña), en la modalidad de restaurante tradicional; Restaurante O Panadeiro (Cerceda-A Coruña), en la de nuevas tendencias; Marisquería el 10 (A Coruña), en la de marisquería; Restaurante Rigoletto (Culleredo-A Coruña), en la de cocina internacional; Hotel Torre de Núñez (Lugo), en la restaurante de hotel; Restaurante Porta de Santiago (Lugo), en la de parrillada asador; Restaurante A Lenda (Castroverde- Lugo, en la de mesón rural; y Restaurante Skipper (Sanxenxo-Pontevedra), en la de banquetes.

Asistieron al encuentro más de 225 invitados, entre ellos el presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, y la empresaria fundadora de Casa Peizás, Juana Permuy. Ambos fueron los designados este año para ingresar en la Orden de Honra del Tenedor de Oro.

la ceremonia fue presentada por el periodista de la Radio Galega Pichi Varela y asistieron a la misma el director xeral de Turismo de la Xunta, Rubén Lois, el vicepresidente de la Diputación de A Coruña y presidente del Plan de Dinamización do Producto Turístico Ferrol- Ortegal, Pablo Villamar, y el presidente de la Diputación de Pontevedra Rafael Louzán, además de alcaldes y otros representantes municipales de la comarca de Ferrol.

Idea común

Durante la entrega de los galardones, los únicos de esta modalidad que se eligen por votación popular, la coordinadora del certamen, Ana Alvarez, destacó que el encuentro de anoche, más que el de un reconocimiento, fue una reunión de personas "que compartimos unha idea común: que a nosa gastronomía é unha das riquezas primordiais de Galicia", dijo.

Destacó además el potencial de la hostelería como reclamo para el turismo y puso especial énfasis en las condiciones atesoradas en este sentido por la comarca de Ferrol-Ortegal. Así, Ana Alvarez indicó que dicha comarca está abierta al Atlántico y que las potencialidades turísticas son allí tan inagotables como el océano. "Abofé que a excelente rede de establecementos de hostalería da comarca forma parte dese conxunto de atractivos que explotar", sentenció.

La entrega de galardones se completó con tres sorteos extraordinarios. Uno de ellos, un vehículo Seat Ibiza, gentileza de Marineda Motor, fue a parar a uno de los miles de clientes que votaron en la elección de los restauradores.

Además, entre los empresarios de hostelería participantes en el Tenedor de Oro se sorteó un viaje al Caribe organizado por la Agencia de Viajes Hermatours y una estancia en el Pazo de Lodeiro de Monterroso, en Lugo.


01 noviembre, 2007

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS: NON AO
PLANO ACUÍCOLA DA XUNTA!!


Marcha nacional en defensa do litoral. 4 de novembro, 12h no porto de Corrubedo.


Dende as terras galegas que mollan os salseiros atlánticos, aquelas que bican o mar dende A Guarda a Ribadeo, os movementos sociais galegos, xentes con amor polo noso, chamamos a Galiza enteira a erguerse connosco nun berro colectivo contra o Plano Acuícola da Xunta.

Consideramos que este plano sectorial constitúe unha traizón ao povo galego por parte dos seus gobernantes, pois pretende enaxenar o mellor do noso litoral para alimentar os insaciábeis bandullos das transnacionais do peixe. Esta ocupación masiva da beiramar de máis de 3 millóns de metros cadrados é unha sentenza de morte contra as nosas praias e cantís, unha violación das nosas máis sobranceiras paisaxes, unha insustentábel hipoteca para os recursos ambientais e económicos autóctonos, e unha legalización encuberta da contaminación salvaxe do mar. Peixes planos nas piscinas… e encefalogramas planos nos despachos.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido ambiental: Millóns de metros cadrados de litoral liberado poden ficar para sempre soterrados baixo o formigón transnacional. As macrofábricas de peixe agreden directamente unha chea de espazos naturais, moitas veces integrantes –ou lindantes– cunha Rede Natura 2000 da que depende a sustentabilidade dos nosos recursos. Resulta tendencioso pretender que instalacións industriais de ducias de hectáreas e sen ningún sistema de depuración non vaian impactar sobre o ecosistema mariño e terrestre por situarse da outra beira ou no límite dun espazo protexido.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido social: A Xunta pretende agasallar ás empresas con aquilo que as galegas e os galegos sempre conservamos. Velaí o noso castigo. Queren, ao cabo, facer unha expropiación salvaxe do litoral. O Plano ataca de cheo ás áreas costeiras que sempre estiveron liberadas das agresións industriais e urbanísticas. Son o pouco que nos queda, e non estamos dispostos a que caian nas mans de empresas depredadoras. O Plano foi consensuado coas empresas desprezando a opinión do pobo, no que en último caso reside a soberanía do país. Sen nós, non hai Plano.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS porque o Plano Acuícola é inxusto e indecente no eido económico: A acuicultura en terra só representa o 1,8% da actividade do sector en Galiza. Falar do carácter estratéxico do plano sectorial é enganar ao pobo, pois só resposta ás necesidades dunha mínima parte do sector esquecendo –e mesmo poñendo en perigo– a achega, esta si estratéxica, da acuicultura a flote e dos parques de cultivo marisqueiro, que ocupan a máis de 10.000 persoas, fronte ás 520 da acuicultura en terra. Expropiar ao pobo para beneficiar a empresas que en moitas ocasión nin sequera están no tecido económico do país é unha actitude colonialista. Estas macroplantas van esnaquizar a costa, non van xerar nin de lonxe o emprego que din e van recibir case 400 millóns de euros de subvencións públicas, que deberían ser investidos na valorización dos nosos recursos naturais e na creación de actividades produtivas sustentábeis ao redor dos nosos espazos protexidos.

ATÉ AQUÍ CHEGHAMOS COS PEIXES PLANOS, chamamos ás galegas e aos galegos a berrar connosco no Porto de Corrubedo, o 4 de novembro de 2007 ás 12:00 da mañá, contra esta aberración ambiental, social e económica á que nos quere condear a Xunta.

CONVOCAN:
ADEGA, Plataforma Medioambiental de Corrubedo, Plataforma Veciñal en Defensa do Patrimonio Cultural de Quilmas (Carnota), Plataforma pola Defensa do Litoral de Seráns (Porto do Son), Comisión de Propietarios/as Laxe Brava (Teira-Corrubedo), Plataforma Veciñal Xove-Lago, Plataforma Veciñal de Merexo (Muxía), Plataforma de Afectados/as de Arou (Camariñas), Plataforma de Afectados/as de Oia, Plataforma de Afectados/as de Foz, Agrupación de Mariscadoras/es de Corcubión, Cooperativa de Mergulladores/as da zona 5ª.

APOIAN (a 24 de outubro): Greenpeace, Quercus (Portugal), Amigos da Terra, Salvemos Monteferro,
SOS Courel, Comite Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Colectivo Fusquenlla, Colectivo Ecoloxista Verduxo, Ortigueira Sostible, Plataforma Ártabra21, Comité de Defensa das Rías Altas, Rede Litoral Vivo, Colectivo Arraianos, Asociación Sagres de Aguiño, Asociación Cultural Choiva Azeda (As Pontes), Asociación Natura Celtica (Cangas), BNG de Ribeira, Frente Popular Galega, CUT (Central Unitaria de Traballadores), Colectivo Nacionalista de Marín, Asociación Altofalante (Ribeira), Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, Asociación Amigos de Corrubedo, Plataforma Veciñal contra a piscifatoría de Baroña, Asociación Cultural "Fuco Buxán" de Ferrol, BNG do Barbanza, Asociación Pau da Luz (Corrubedo), Asociación Cultural Barcas do Minho (Chantada), CNT-Compostela, PP de Ribeira, BNG de Porto do Son, Asociación profesional XORNAGA (Xestión e Organización de Recursos Naturais de Galiza), Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño, Rede Litoral Vivo, Veciños/as das Mariñas (Oia), IPdR (Iniciativa Progresista de Ribeira), Foro Social Temos Dereito a Saber, 'O Ribeiro', Bouzas Móvete, Confraría de Pescadores de Corcubión.