Cambiamos de espazo. Esperamos que para mellor. En 10 segundos enlazarás a nova páxina. Se desexas acceder directamente, pulsa no seguinte enlace. Grazas e desculpa as molestias www.amigosdopatrimoniodecastroverde.gal

08 noviembre, 2005

Protexer e divulgar o Patrimonio do concello de Castroverde




Nace “Amigos do Patrimonio de Castroverde”, a revista dixital da Asociación Cultural do mesmo nome


Como ben sabedes a Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Castroverde naceu oficialmente o día 5 do mes de Novembro de 2005. Tres anos antes xa se viña cocendo o proxecto.

Nace agora “Amigos do Patrimonio de Castroverde”, revista dixital da Asociación Cultural do mesmo nome. Nace esta revista como o noso lugar de encontro, o noso medio de comunicación onde queden reflectidas as nosas actividades. O noso caderno de “bitácora”. Nel podemos todos deixar as nosas ideas, os nosos coñocementos, as nosas ilusións, os nosos soños.

Doutra banda, aspira a ser, ao mesmo tempo, o escaparate da nosa asociación, a fiestra aberta ao mundo “evanescente” e máxico da Internet onde todos poden poñer as suas colaboracións e participar conosco neste proxecto que é da Asociación ao tempo que de todos. O medio electrónico que faga que a nosa xente de lonxe poida ter información das nosas cousas é da terra que os viu nacer.


O fin desta revista non é outro que o da Asociación: defender, divulgar e esixir que se protexa o patrimonio, o longo e preciado patrimonio do concello de Castroverde, a fin de que os nosos fillos podan gozar dél do mesmo xeito que nós facémo-lo hoxe.

Para participar basta a tua colaboración ou opinión á dirección de correio electrónico deste “blog” para ser publicado. Doutro xeito, pódese tamén opinar o facer calquera comentario, respecto dél, puxando o fin de cada artigo onde pón “comentarios”.

Soamente unha salvidade que está no noso libro de estilo: a garda, por riba de todo, do respecto aos demais, sexan quen sexan, ás institucións e ás opinions alleas.

Para rematar, animarvos a todos a colaborar. Cantos mais, tanto mais grande será a Asociación e mais ollos velaran por ela.

Asociación cultural “AMIGOS DO PATRIMONIO DO CONCELLO DE CASTROVERDE